Expediente: IN407A 2024/235-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMTS, CS Ervedíns.
Concello: Arteixo.
Feitos:
1. O día 5.7.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de adaptar a arquitectura de rede á LMT LAR707.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado LMTS, CS Ervedíns, asinado o día 23.5.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 8.1.2026 publicado nos seguintes medios:
– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
– DOG: 30.1.2026.
– BOP: 14.1.2026.
– Xornal La Voz de Galicia: 20.1.2026.
– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 23.2.2026.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Arteixo como entidade afectada. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co informe emitido no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 26.3.26 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Ervedíns (Arteixo) e as súas características técnicas son as seguintes:
– Instalación dun novo centro de seccionamento 5L/15 kV telecontrolado na parcela situada no lugar de Ervedíns, con referencia catastral 15005A060001300000PK, para adaptar arquitectura de rede da LMT LAR707, realizando E/S na LMT principal (apoio AA6DW45V//94 existente) e recollendo as derivacións aos CCTT Igrexario (15CQI1) e Ervedíns (15CQI2) e a LMTA aos CCTT Mouras Barreiro (15AKMR), Mouras (15AW13) e Canzobre (15CW17).
– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 58 m, coa orixe no apoio AA6DW45V//94 existente LMT LAR707, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm² Al, e final no apoio AA6DW45V//94 existente LMT LAR707, tras realizar E/S no centro de seccionamento proxectado.
– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 82 m, coa orixe CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm² Al, e final en PAS proxectado no apoio AA6QMM26//94-1 existente LMT LAR707.
– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 3), a 15 kV, cunha lonxitude de 67 m, coa orixe CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm² Al, e final no empalme proxectado en RHZ1-150 existente LMT LAR707 (expediente 127/00).
– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 4), a 15 kV, cunha lonxitude de 67 m, coa orixe CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm² Al, e final en empalme proxectado en RHZ1-150 existente LMT LAR707.
– Desmontaxe de XS existente e un van de 18 m de lonxitude en condutor A-56 comprendido entre os apoios AA6DW45V//94 e AA6QMM26//94-1 existentes, pertencentes á LMT LAR707.
4. Do visto na visita realizada o 25.3.2026 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000 para impor servidumes de paso.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 19 de abril de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Arteixo. Expediente IN407A 2024/235-1
|
Nº de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietaria |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume |
||||
|
Apoio nº |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
Cancelas 15005A060001300000PK |
Rústico/agrario |
Manuela Rodríguez Viñas |
CS + acceso |
46,76 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada.
