DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 15 de maio de 2026 Páx. 28082

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 12 de maio de 2026 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada polas organizacións sindicais Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) e Sindicato Médico de Galicia (Simega), para os días 18, 19, 20, 21 e 22 de maio de 2026, no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

A prestación da asistencia sanitaria non pode verse gravemente afectada polo lexítimo exercicio do dereito de folga, ao estar aquela recoñecida como servizo esencial e prevalente en relación con este. En consecuencia, resulta necesario compatibilizar o exercicio do dereito de folga coa fixación dos servizos mínimos nas áreas e actividades que inciden directamente na xestión e continuidade da asistencia sanitaria, co obxecto de preservar, en último termo, o dereito á vida, á saúde e á integridade física das persoas usuarias.

O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.

O 23 de xaneiro de 2026 a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) convocou unha folga de carácter estatal que afecta ao persoal médico e facultativo do Sistema Nacional de Saúde e, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde. Entre os períodos de convocatoria inclúese o comprendido entre os días 18 e 22 de maio de 2026, ambos inclusive.

Segundo se indica na comunicación presentada pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), os días de paro convocados iniciaranse ás 00.00 horas do primeiro día convocado e finalizarán ás 23.59 horas do último día consecutivo, ambos inclusive.

Así mesmo, nos centros, empresas ou institucións con organización do traballo por quendas, o inicio do paro efectuarase na primeira quenda que comece o día de inicio da convocatoria, e a súa finalización terá lugar unha vez rematada a última quenda iniciada dentro do período de folga, aínda que esta se prolongue con posterioridade ás 24.00 horas do último día convocado.

Así mesmo, con data do 7 de maio de 2026, o Sindicato Médico de Galicia (Simega) presentou convocatoria de folga para os días 18, 19, 20, 21 e 22 de maio de 2026, que afectará a todo o persoal médico e facultativo empregado no ámbito da sanidade pública de Galicia, incluídos os médicos internos residentes, con independencia da modalidade de contratación e do réxime de xestión.

Pola súa banda, o Sindicato Médico de Galicia (Simega) indica na súa convocatoria que a folga se levará a cabo os días 18 a 22 de maio de 2026 en xornadas de 24 horas, entendéndose por xornada aquela que se inicia dentro do período comprendido entre as 8.00 horas do día 18 de maio e as 24.00 horas do día 22 de maio, aínda que a finalización efectiva do período laboral teña lugar con posterioridade a esa hora, e comprendendo para cada persoa traballadora todo o tempo correspondente á devandita quenda.

No ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, a Organización de Médicos de Galicia Independentes (O’Mega) presentara con anterioridade unha convocatoria de folga de carácter permanente, coa previsión de comunicación dos días concretos de folga con antelación.

Non obstante, para o período comprendido entre os días 18 e 22 de maio de 2026 non consta convocatoria de folga vixente presentada por esta organización sindical, polo que non lle resulta de aplicación a presente orde.

Mediante Orde da Consellería de Sanidade de 11 de febreiro de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 13 de febreiro de 2026, establecéronse os servizos mínimos en relación coa folga convocada pola CESM, coincidindo con outras convocatorias sindicais ao afectar ao mesmo colectivo.

Posteriormente, mediante Orde complementaria publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 49, do 13 de marzo de 2026, procedeuse á modificación dos servizos mínimos establecidos, como consecuencia da concorrencia con outras situacións de folga.

Máis recentemente, mediante Orde de 22 de abril de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 76, do 24 de abril de 2026, determináronse os servizos mínimos durante a folga convocada polas organizacións sindicais CESM, O’Mega e Simega para os días 27, 28, 29 e 30 de abril de 2026.

Tendo en conta a proximidade temporal entre a citada convocatoria e a agora examinada, así como a permanencia das circunstancias asistenciais, organizativas e estruturais que motivaron a fixación dos servizos mínimos establecidos na Orde do 22 de abril de 2026, considérase procedente reiterar os criterios reitores nela contidos, que manteñen a súa plena vixencia, incorporándose unicamente aquelas adaptacións derivadas da duración da convocatoria e da determinación concreta dos efectivos precisos en cada xornada e unidade asistencial da semana do 18 ao 22 de maio de 2026.

Cómpre salientar que a folga abrangue cinco días laborais consecutivos, enlazando cos correspondentes fins de semana anterior e posterior, circunstancia que podería provocar unha afectación acumulada da actividade asistencial se non se manteñen os niveis mínimos indispensables para garantir a continuidade da atención sanitaria esencial, particularmente nos procesos urxentes e non demorables.

Con base no que antecede e logo da audiencia aos comités de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Os servizos mínimos que se fixan resultan imprescindibles para garantir a adecuada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, co obxecto de evitar graves prexuízos á cidadanía. Ao mesmo tempo, responden á necesidade de compatibilizar o exercicio do dereito fundamental de folga coa atención á poboación, que, baixo ningún concepto, pode quedar desatendida en termos que poñan en risco a súa saúde ou integridade física dadas as características do servizo prestado.

A súa determinación realízase conforme aos principios de proporcionalidade, necesidade e adecuación, co fin de compatibilizar o dereito fundamental de folga coa protección da saúde e da integridade física da poboación, que deben preservarse en todo caso dada a natureza esencial do servizo afectado.

Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible ás persoas hospitalizadas, así como a atención urxente e permanente e aqueles servizos sanitarios que non poden ser adiados sen consecuencias negativas para a saúde, tendo en conta tanto as necesidades asistenciais inmediatas como o impacto acumulado derivado das reiteradas convocatorias de folga desenvolvidas nos últimos meses no mesmo ámbito funcional e profesional.

Cómpre considerar que a sucesión de xornadas de folga no colectivo médico e facultativo, cunha cadencia mensual e cunha duración semanal reiterada, condiciona a capacidade de recuperación da actividade asistencial ordinaria dos centros e servizos afectados. Neste contexto, resulta necesario garantir un nivel mínimo de actividade que permita atender os procesos asistenciais prioritarios e non demorables, evitando un deterioro progresivo da continuidade asistencial.

Para a determinación das presenzas mínimas téñense en conta a organización asistencial de cada área sanitaria, o volume de actividade, os criterios poboacionais, o grao de dispersión territorial, así como as isócronas de acceso aos distintos dispositivos asistenciais, elementos todos eles determinantes da cobertura asistencial mínima requirida durante as xornadas de folga.

Por iso, non é posible aplicar un patrón único e ríxido para establecer os servizos mínimos sen comprometer a adecuada atención sanitaria á cidadanía. Son as xerencias das áreas sanitarias as que propoñen as presenzas mínimas, baseándose en criterios asistenciais obxectivos que permiten compatibilizar o dereito de folga das persoas traballadoras co dereito da poboación a recibir unha atención sanitaria adecuada.

Os criterios reitores que se establecen a continuación, coincidentes cos recollidos na Orde do 11 de febreiro de 2026 e reiterados na Orde do 22 de abril de 2026, e os servizos mínimos concretos fixados no anexo, responden ás circunstancias descritas e aos principios de necesidade, proporcionalidade e adecuación.

De acordo coa motivación exposta, e co obxecto de garantir a prestación dos servizos esenciais afectados pola convocatoria de folga, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento da actividade asistencial imprescindible nos centros de traballo e nas institucións sanitarias afectadas:

I. Persoal da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061: o persoal mínimo necesario para a cobertura do 100 % da atención urxente e permanente e das emerxencias xestionadas pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O servizo que presta a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ten como misión atender calquera demanda que sexa percibida pola poboación como de resolución urxente. Para iso, conta, entre outros profesionais, con persoal médico coordinador, médico asistencial base ambulancia, así como médico asistencial base helicóptero.

Unha redución do persoal médico implica desatender parte das urxencias vitais en materia de saúde que ocorren no territorio galego, con consecuencias directas sobre a mortalidade e a supervivencia da poboación.

Polas características do servizo prestado, a poboación non pode quedar desatendida en circunstancias de urxencia e emerxencia. Ademais, son tarefas específicas e cualificadas que non poden ser suplidas por outro persoal e debe terse en conta que a carga de traballo, ao longo do día, depende do número de chamadas que non son programables.

II. Persoal da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos: persoal mínimo necesario para a cobertura do subministro de sangue e hemoderivados, a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos.

No ámbito da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura do subministro de sangue e hemoderivados a todos os centros sanitarios, tanto públicos como privados, do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para evitar que se produzan prexuízos ás persoas doantes e, consecuentemente, ás posibles receptoras. Na mesma medida debe garantirse a coordinación das doazóns, dos transplantes de órganos e dos implantes de células e tecidos, velando polo cumprimento dos estándares de calidade vixentes e da lexislación de aplicación.

III. Persoal dos centros e institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde:

A) Persoal licenciado sanitario do ámbito da atención especializada ou hospitalaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

• Servizos de urxencias e gardas médicas.

• Quirófanos urxentes para a atención das persoas usuarias que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

• Salas de partos.

• Laboratorios de urxencias.

Nas áreas sinaladas é imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, dado que non é posible prever as necesidades, por non ser unha actividade programable e, posto que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, debe manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:

• Unidades de reanimación.

• Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas, e unidades coronarias, se é o caso.

• Área de diálise.

• Área de tratamentos oncolóxicos.

• Área de transplantes.

3. Cobertura da actividade cirúrxica das/dos pacientes, tanto hospitalizadas/os como ambulatorias/os, respecto das patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial, procesos neoplásicos.

4. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garantir a atención urxente das/dos pacientes hospitalizadas/os e as altas clínicas. Ademais, garantirase a presenza dunha/dun facultativo/a por unidade de hospitalización médica e cirúrxica co obxectivo de garantir a asistencia ás persoas usuarias ingresadas, calquera que sexa a modalidade da prestación, coa seguinte proporción:

• En unidades con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

• En unidades de cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

• En unidades de nove a doce profesionais: 3 efectivos.

• En unidades con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

5. No ámbito de consulta, así como das interconsultas das/dos pacientes hospitalizadas/os que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, segundo o criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas das/dos pacientes oncolóxicas/os que requiran tratamento citostático e das/dos pacientes desprazadas/os polo mesmo motivo.

6. Garantirase a realización das determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiran ás/aos pacientes hospitalizadas/os que, segundo criterio facultativo, sexan necesarias e inaprazables, entendéndose incluídas as dos/das pacientes con neoplasias malignas.

7. Garantirase a dispensación de sangue, medicamentos e produtos sanitarios que, segundo o criterio do persoal facultativo, sexan necesarios.

8. Garantirase a atención necesaria ás persoas pacientes de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

9. Garantirase a actividade relacionada con aqueles pacientes con indicación cirúrxica de prioridade 1 ou con indicación de proceso garantido (consulta, cirurxía ou probas) ao abeiro do Decreto de tempos máximos, co fin de cumprir os prazos exixidos para cada un destes procesos (P1 < 30 días e Procesos garantidos < 60 días).

B) Persoal facultativo sanitario do ámbito da atención primaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

É imprescindible a cobertura do 100 % da actividade do servizo de urxencias extrahospitalarias (puntos de atención continuada-PAC), habida conta de que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e ante a que é preciso dar unha resposta asistencial inmediata. Polo que ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. No tramo ordinario de atención nos centros de saúde (non PAC) prestarase a asistencia urxente ou inaprazable da unidade ou servizo, calquera que sexa a modalidade da prestación. A prestación sanitaria no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos e unidades de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, tendo en conta as ausencias por permisos autorizados e as continxencias por incapacidade temporal do persoal adscrito ao centro, garantindo a seguinte dotación:

• En centros con catro ou menos médicos de familia: 1 efectivo.

• En centros con de cinco a oito médicos de familia: 2 efectivos.

• En centros con de nove a doce médicos de familia: 3 efectivos.

• En centros con trece ou máis médicos de familia: 4 efectivos.

Así mesmo, garantirase a atención pediátrica urxente coa presenza dun/dunha pediatra por centro e/ou zona de referencia.

En canto ao persoal farmacéutico, trátase de garantir que a homologación sanitaria de todos aqueles medicamentos, produtos sanitarios e dietéticos que non admitan demora poida realizarse dentro dos prazos e dos requisitos establecidos na normativa vixente.

Así mesmo, no que respecta ao persoal odontólogo, resulta necesario asegurar unha dotación mínima que permita atender procesos odontolóxicos agudos, especialmente os que afecten á poboación infantil, dada a súa urxencia e necesidade de resolución inmediata. Esta previsión cobra especial relevancia tendo en conta que a folga abrangue cinco días laborais consecutivos (do 18 ao 22 de maio de 2026), enlazando cos correspondentes fins de semana anterior e posterior, circunstancia que podería prolongar de maneira excesiva a falta de atención destes cadros agudos.

Artigo 2

Durante as xornadas de folga dos días 18, 19, 20, 21 e 22 de maio de 2026, os servizos mínimos aplicables no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde serán os establecidos no anexo que forma parte integrante desta orde.

A determinación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos corresponderá ás direccións das correspondentes institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, atendendo ás características específicas de cada centro, servizo ou unidade asistencial, ao volume de actividade e á necesidade de garantir a continuidade da atención sanitaria esencial.

A fixación do persoal necesario deberá estar adecuadamente motivada e quedar debidamente documentada no expediente correspondente, deixando constancia dos criterios aplicados.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

A relación de persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicada nos taboleiros de anuncios do centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos –que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio e conforme a criterios obxectivos e non discriminatorios– será determinada pola respectiva institución e notificada ás/aos profesionais designadas/os.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outra/o traballadora/traballador que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais aos efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición adicional

Sen prexuízo do establecido nos artigos anteriores, os criterios reitores recollidos na presente orde poderán ser tidos en conta, con carácter orientativo, para a determinación dos servizos mínimos nos restantes períodos de folga convocados pola organización sindical Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) e xa comunicados á autoridade laboral, sempre que non concorran novas convocatorias de folga doutros suxeitos lexitimados e non varíen substancialmente as circunstancias asistenciais, organizativas ou funcionais tidas en conta para a súa fixación.

En todo caso, a aplicación destes criterios deberá adaptarse ás circunstancias concretas de cada período e xornada de folga e entenderase sen prexuízo da adopción das disposicións específicas que resulten necesarias cando concorran novas convocatorias sindicais ou cando as circunstancias así o aconsellen.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña

Área Sanitaria da Coruña e Cee.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

15

15

9

Área Cirúrxica

80

35

35

Área Clínica/Hospitalización

79

20

20

Servizos centrais

25

10

10

Hospital Virxe da Xunqueira-Cee.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

4

3

Área Cirúrxica

9

5

5

Área Clínica/Hospitalización

5

3

2

Servizos centrais

4

1

1

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

100

54

18

Pediatra

28

9

-

Odontólogo/a

1

-

-

Farmacéutico/a

1

-

-

Área Sanitaria de Ferrol.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

5

Área Cirúrxica

33

12

12

Área Clínica/Hospitalización

40

12

12

Servizos centrais

19

7

6

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

42

23

11

Pediatra

14

2

-

Odontólogo/a

2

-

-

Farmacéutico/a

2

-

-

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

14

13

7

Área Cirúrxica

84

36

36

Área Clínica/Hospitalización

84

26

25

Servizos centrais

32

18

15

Hospital Público da Barbanza.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

6

6

6

Área Clínica/Hospitalización

4

3

2

Servizos centrais

4

3

2

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

96

37

24

Pediatra

30

3

-

Odontólogo/a

4

-

-

Farmacéutico/a

4

-

-

Provincia de Lugo

Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Lucus Augusti.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

13

14

10

Área Cirúrxica

42

17

17

Área Clínica/Hospitalización

53

13

12

Servizos centrais

31

9

8

Hospital Público de Monforte.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

9

9

9

Área Clínica/Hospitalización

9

4

4

Servizos centrais

9

5

4

Hospital Público da Mariña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

3

3

Área Cirúrxica

13

11

11

Área Clínica/Hospitalización

11

4

4

Servizos centrais

8

2

2

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

89

37

27

Pediatra

18

1

-

Odontólogo/a

3

-

-

Farmacéutico/a

-

-

-

Provincia de Ourense

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

4

Área Cirúrxica

46

15

15

Área Clínica/Hospitalización

83

18

13

Servizos centrais

65

16

13

Hospital de Verín.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

5

4

4

Área Clínica/Hospitalización

6

1

1

Servizos centrais

6

1

1

Hospital Público de Valdeorras.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

2

2

Área Cirúrxica

4

4

4

Área Clínica/Hospitalización

5

4

4

Servizos centrais

5

3

3

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

105

36

25

Pediatra

14

-

-

Odontólogo/a

12

-

-

Farmacéutico/a

12

-

-

Provincia de Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

12

10

7

Área Cirúrxica

56

21

21

Área Clínica/Hospitalización

58

13

12

Servizos centrais

26

7

6

Hospital do Salnés.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

7

6

3

Área Cirúrxica

14

4

4

Área Clínica/Hospitalización

9

2

2

Servizos centrais

6

2

2

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

62

26

12

Pediatra

14

1

-

Odontólogo/a

2

1

-

Farmacéutico/a

2

1

-

Área Sanitaria de Vigo.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

17

17

10

Área Cirúrxica

76

37

37

Área Clínica/Hospitalización

80

29

28

Servizos centrais

39

17

15

– Servizos sanitarios de atención primaria de Vigo:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

100

60

21

Pediatra

34

9

-

Odontólogo/a

1

-

-

Farmacéutico/a

3

-

-

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Ourense

Medicina nuclear

Facultativo/a

2

-

-

Santiago

Ciclotrón

Facultativo/a

1

-

UTPR

Facultativo/a

1

-

-

Vigo

Diagnóstico por imaxe unidade móbil

Facultativo/a

1

-

Medicina nuclear-PET

Facultativo/a

1

2

-

Oncoloxía radioterápica

Facultativo/a

3

1

-

Radiofísica

Facultativo/a

3

1

-

¹ Localizado.

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS).

Servizos mínimos

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

Persoal facultativo

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Hematólogo/a

2

2

2

2

2

Médico/a hemodoazón

8

11

-

9

10

-

9

10

-

8

11

-

9

10

-

¹ Localizado.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Médico coordinador

6+1¹

6+1¹

3

Médico asistencial base ambulancia

12

12

12

Médico asistencial base helicóptero

-

¹ Aos 6 efectivos na quenda de mañá hai que sumarlle un efectivo das 10.00 ás 16.00 horas de luns a xoves e, das 10.00 ás 17.00 horas o venres e festivos. Aos 6 efectivos na quenda de tarde hai que sumarlle un efectivo das 16.00 ás 23.00 horas de luns a xoves e das 17.00 ás 00.00 horas o venres e festivos.

² Están operativos de orto a ocaso.