DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 28895

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 20 de abril de 2026 de concesión de subvencións convocadas pola Orde do 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS631A).

No Diario Oficial de Galicia número 108, do 9 de xuño de 2025, publícase a Orde do 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS631A).

Con data do 21 de outubro de 2025, o director xeral de Inclusión Social resolveu a concesión e denegación das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 23 de maio de 2025 e sometidas ao réxime de concorrencia competitiva. A dita resolución notificouse mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 3 de novembro.

Segundo o artigo 12.4 da dita Orde do 23 de maio de 2025, no caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda pero que se desestiman por terse esgotado o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas, ben co crédito que queda libre por producirse algunha renuncia ou por modificación dos proxectos inicialmente subvencionados. Para estes efectos, poderanse realizar sucesivas propostas, as cales respectarán a orde de prelación previamente realizada.

Na anualidade 2026 produciuse un remanente procedente de modificacións nos proxectos inicialmente subvencionados, por un importe de 3.880,00 €, na aplicación orzamentaria 08.03.312A.481.3. Este crédito destínase a aquelas actuacións singularizadas encadradas na tipoloxía do artigo 4.1.b).1 que non obtiveron financiamento por esgotamento do crédito.

Dado que o procedemento para a concesión de subvencións para realizar actuacións singularizadas, previstas no referido artigo 4.1.b).1 está sometido ao réxime de concorrencia competitiva, de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia. Estas publicacións producirán os efectos de notificación. Así mesmo, de xeito complementario, efectuarase a notificación das resolucións da concesión mediante o Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Polo exposto, emitida nova resolución ao abeiro do disposto no artigo 15 pola que se conceden subvencións para realizar actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos artigo 4.1.b).1,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido da Resolución do 20 de abril de 2026, ditada no procedemento BS631A, de concesión de axudas a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social que se xunta no anexo, no que se refire ás tipoloxías de axudas previstas no artigo 4.1.b).1.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Resolución do 20 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Inclusión Social, de concesión de subvencións para a anualidade 2026 correspondentes ás actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos artigo 4.1.b).1º

Antecedentes:

1. Con data do 20 de abril de 2026, o director xeral de Inclusión Social resolveu a concesión das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS631A).

2. No número 2 da Resolución do 21 de outubro de 2025 relaciónanse as actuacións da tipoloxía do artigo 4.1.b).1 que quedaron sen financiamento por esgotamento de crédito.

3. A Comisión de Valoración de Subvencións, reunida o 16 de abril de 2026, emite informe en que propón a concesión de subvencións para a anualidade 2026 correspondente ás actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos (artigo 4.1.b).1, para o que se empeza a asignar o novo crédito na primeira actuación que quedou sen financiación completa e segue a distribuírse o crédito ata o seu esgotamento total, o que permite atender as solicitudes para esta tipoloxía.

4. Unha vez fiscalizado o gasto en conformidade pola Intervención Delegada, e en virtude do artigo 15.1 e da disposición adicional primeira da Orde do 23 de maio de 2025, como director xeral de Inclusión Social,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para a anualidade 2026 correspondentes ás actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos (artigo 4.1.b)1, coa seguinte desagregación:

Expte

NIF

Entidade

Tipo actuación

Subtipo actuación

Actuación

Baremo

Importe

2026

BS631A 2025/42

G15340474

Asoc. Fenilcetonúrica y OMT de Galicia (Asfega)

4.1.b).1

Prevención e primeira atención

Xornadas informativas dietas metabólicas

35

1.930,00

BS631A 2025/42

G15340474

Asoc. Fenilcetonúrica y OMT de Galicia (Asfega)

4.1.b).1

Prevención e primeira atención

Convivencias enfermidades metabólicas

35

1.600,00

BS631A 2025/70

G70860697

Asoc. Formación Laboral Venezolana en Galicia

4.1.b).1

Prevención e primeira atención

Información recursos e servizos, avaliación empregabilidade, valoración vulnerabilidade, identificación de necesidades

25

350,00

Segundo. As entidades beneficiarias disporán de 10 días para comunicaren a súa aceptación. No caso de non comunicación entenderase tacitamente aceptada en todas as súas condicións.

Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento das obrigas establecidas na Orde do 23 de maio de 2025, polo que deberá:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente.

b) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social e Igualdade, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei, e un certificado en que se indique o número estimado da poboación beneficiada para a actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.

c) Remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social e Igualdade.

d) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Inclusión Social, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e outros órganos de control no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

e) Reintegrar os fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

Cuarto. As actuacións obxecto desta resolución comprenden as realizadas no segundo período, entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de abril de 2026, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 15 de maio de 2026, e as realizadas no terceiro período, entre o 1 de maio de 2026 e o 30 de novembro de 2026, e a xustificación presentarase con data límite do 7 de decembro de 2026. Unha vez xustificadas nos prazos e forma previstos no artigo 22 da orde de convocatoria, o pagamento das axudas farase de acordo co establecido no artigo 23.

Quinto. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución expresa, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde a súa notificación, e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade, P.D. (Artigo 15.1 da Orde do 23.5.2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 9 de xuño), Arturo Parrado Puente, director xeral de Inclusión Social.