Expediente: IN407A 2024/342-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Modificado 1 de substitución CT Riego do Campo-15CS81
Concello: As Pontes de García Rodríguez.
Feitos:
1. UFD Distribución Electricidad, S.A. é a promotora das instalacións do proxecto de execución denominado Substitución CT Riego do Campo-15CS81 (As Pontes de García Rodríguez), que foi autorizado pola Resolución deste departamento territorial do 22.7.2025.
2. O día 18.2.2026, a empresa promotora presentou o proxecto Modificado 1 de substitución CT Riego do Campo-15CS81 (As Pontes de García Rodríguez). O proxecto describe os cambios introducidos na busca da optimización da solución técnica mantendo o obxecto orixinal do proxecto: substituír un centro de transformación existente por atoparse en avanzado estado de deterioración.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Modificado 1 de substitución CT Riego do Campo-15CS81, asinado o día 10.2.2026 por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, núm. de colexiado 1534 de Galicia.
3. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello das Pontes de García Rodríguez, Augas de Galicia e Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 20.4.2026 emitiuse o informe técnico.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación
- Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
- Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
- Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
- Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
- Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
- Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa 8 de Marzo, no concello das Pontes de García Rodríguez, e as súas características técnicas son as seguintes:
- Substitución do centro de transformación existente denominado Riego do Campo-15CS81 (expediente 2012/223-1) de tipo compacto manobra exterior en caseta de obra civil e con transformador de 400 kVA; no seu lugar, instalarase un novo centro de transformación tipo subterráneo prefabricado TC GPRS 2L1P TG con envolvente de formigón, ventilación vertical, manobra interior e transformador de 400 kVA. Desmantelamento do transformador e aparellaxe MT/BT, e retirada da caseta do CT actual.
- Proxéctase un tramo de liña de media tensión subterránea (LMTS) de 20 kV, en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al. O tramo de liña terá o seu inicio nos empalmes que se realizarán na LMTS MOL808 e final en cela do CT Juan Antonio Suances I 15CCKP, despois de facer entrada e saída no centro de transformación proxectado. A lonxitude total da liña de media tensión subterránea proxectada neste tramo é de 423 metros.
- Tramo de LMTS de 20 kV, condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, de 13 metros de lonxitude (incluído o paso de aéreo a soterrado PAS), con orixe no PAS no novo apoio que se instalará na LMTA MOL808 en substitución do apoio núm. 21 existente, e final nos empalmes proxectados no condutor existente da LMTS MOL808.
- Desmantelamento da liña de media tensión aérea MOL808 (expediente 30191), entre o apoio núm. 16 e o novo apoio proxectado, en condutor nu de tipo LA-56, cunha lonxitude de 463 metros.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
- As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
- Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
- Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 24 de abril de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
