DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2024/167-1).

Expediente: IN407A 2024/167-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CT, RBT A Torre e San Lourenzo.

Concello: Cambre

Feitos:

1. O día 10.5.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración de enerxía eléctrica nos lugares de Coruxos, Meixigo, A Torre e San Lourenzo.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT, RBT A Torre e San Lourenzo, asinado o día 29.9.2025 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo, máis dous anexos do mesmo enxeñeiro e datas 29.9.2025 e 16.12.2025.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 6.2.2026 publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 2.3.2026.

– BOP: 11.2.2026.

– Xornal La Voz de Galicia: 16.2.2026.

– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo o certificado municipal do 27.3.2026.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Cambre, Augas de Galicia, AESA, Consellería de Cultura e Universidades e Consellería do Medio Rural. No expediente non constan respostas ás ditas solicitudes, ademais da autorización emitida polo Servizo de Patrimonio Cultural.

5. O día 22.4.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas nos lugares de Coruxos, Meixigo, A Torre e San Lourenzo (Cambre) e as súas características técnicas son as seguintes:

– Instalación dun centro de transformación compacto rural de fin de liña de 160 kVA, para o traspaso de cargas da punta da rede existente do CT 15AQ55, de 160 kVA, o cal irá situado na parcela con referencia catastral 15017A067001040000MH, alimentado pola liña de media tensión SMC-701 a 15 kV procedente da subestación San Marcos e desde o cal se alimentará a rede de BT existente mediante dúas saídas.

– O entroncamento coa liña de media tensión aérea SMC-701 realizarase mediante un paso aero-subterráneo para a nova derivación subterránea que alimentará o novo CT, e será necesaria a instalación dun apoio proxectado de tipo C-1000/14, no cal se instalará un reconectador (RC) que servirá como dispositivo de protección e manobra para a derivación.

– Para dar servizo ao CT proxectado, proxéctase unha nova liña de media tensión subterránea (LMTS) en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1X150) cunha lonxitude de 822 metros, a cal partirá dun paso aero-subterráneo (PAS) proxectado no apoio proxectado C-1000/14 e rematará no centro de transformación proxectado. Esta liña discorrerá canalizada en gabia, instalada baixo un tubo de polietileno de alta densidade, de 16 cm de diámetro.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 24 de abril de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Cambre

Nº parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

1

Pintor

15017A066002830000 MJ

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

Herdeiros de Javier de Don Esteve Bordiu

Apoio 1

2.0

3,04

9,08

2

A Torre

15017A067001040000 MH

Rústico. Agrario. Matogueira

Herdeiros de María Josefa López

CT + acceso

50,81

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada.