DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 2 de marzo de 2026, polo que se outorga a autorización administrativa previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, e a prevalencia sobre un monte veciñal en man común, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Regulamentación LMTA PAL806 no tramo entre os apoios número 42-186 e número 42-186-7, que discorre polo concello de Antas de Ulla (Lugo), e promove UFD Distribución Eléctrica, S.A. (expediente IN407A 2025/18 ATE).

En cumprimento do disposto no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o Departamento Territorial de Lugo dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 2 de marzo de 2026, polo que se outorga a autorización administrativa previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, e a prevalencia sobre o monte veciñal en man común Farelo (ID289), da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Regulamentación LMTA PAL806 no tramo entre os apoios núm. 42-186 e núm. 42-186-7, que discorre polo termo municipal de Antas de Ulla (Lugo), e promove UFD Distribución Eléctrica, S.A. (expediente IN407A 2025/18 ATE), que se inclúe como anexo desta resolución.

Contra este Acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 22 de abril de 2026

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Acordo polo que se outorga a autorización administrativa previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, e a prevalencia sobre un monte veciñal en man común, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Regulamentación LMTA PAL806 no tramo entre os apoios núm. 42-186 e núm. 42-186-7, que discorre polo termo municipal de Antas de Ulla (Lugo), e promove UFD Distribución Eléctrica, S.A (expediente IN407A 2025/18 ATE)

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 14.2.2025, UFD Distribución Eléctrica, S.A (en diante, UFD) presentou as solicitudes de autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública da infraestrutura eléctrica denominada Regulamentación LMTA PAL806 no tramo entre os apoios núm. 42-186 e núm. 42-186-7, coa substitución de varios apoios existentes por novos de celosía metálica e a substitución do condutor existente, pola distancia inadecuada dos condutores que forman a liña ao chan, acompañada da seguinte documentación técnica:

1. Proxecto de execución da referida infraestrutura eléctrica do 4.2.2025, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández nesa mesma data.

2. Declaración responsable do técnico proxectista (incorporada no proxecto), segundo o exixido no 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

3. Separatas técnicas para as entidades afectadas pola infraestrutura eléctrica proxectada: Concello de Antas de Ulla e Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural en Lugo.

4. Relación de bens e dereitos afectados (RBDA) do 5.2.2025.

Segundo consta no proxecto de execución presentado, a finalidade e as características máis salientables da instalación son as seguintes: a finalidade da obra é reformar un tramo da LMTA PAL806 con apoios de madeira e formigón e condutor LA-30 na actualidade, coa construción das seguintes instalacións:

5. Substitución do apoio número 42-186-1 de madeira por un de celosía metálica tipo C-14/2000.

6. Substitución do apoio número 42-186-3 de madeira por un de celosía metálica tipo C-14/1000.

7. Substitución do apoio número 42-186-6 de formigón por un de celosía metálica tipo C-14/2000.

8. Desmantelamento dos apoios número 42-186-2, 42-186-4 e 42-186-5 de madeira existentes.

9. Substitución do condutor entre os apoios número 42-186 e o número 42-186-7 por un novo condutor LA-56, cunha lonxitude total de 304 metros.

10. Orzamento de execución material: 10.655,97 €.

Segundo. O 24.9.2025, o Departamento Territorial de Lugo (en diante, DTLugo) ditou o Acordo polo que se someteron a información pública as solicitudes feitas por UFD, de autorización administrativa previa, de construción e de declaración, en concreto, de utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA Pal806 no tramo entre os apoios núm. 42-186 e núm. 42-186-7, que se publicou en varios diarios (DOG núm. 199, do 15.10.2025, e El Progreso do 3.10.2025) e foi exposto no taboleiro de anuncios do concello afectado e no portal de transparencia da Consellería de Economía e Industria.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Terceiro. O 21.2.2025, o DTLugo trasladou as separatas técnicas, para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura eléctrica: Concello de Antas de Ulla e Servizo de Montes do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural.

UFD manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polas seguintes entidades: Concello de Antas de Ulla e Servizo de Montes do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural.

Cuarto. Para os efectos de determinar a posible concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica cos terreos de montes veciñais en man común, o Servizo de Montes do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural emitiu un informe ao respecto o 26.3.2025 durante o trámite de separatas técnicas, do que se deu traslado a UFD, no cal se fai constar a afectación a un monte veciñal en man común no concello de Antas de Ulla (MVMC Farelo (ID 289)

Quinto. O 24.9.2025, o DTLugo deu audiencia ao titular do monte veciñal en man común afectado pero non constan manifestacións do MVMC.

Sexto. O 21.1.2026, o DTLugo, de acordo co establecido no artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, remitiu unha copia completa do resultado do trámite de audiencia ao Servizo de Montes de Lugo para que emita informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade do aproveitamento afectado.

Sétimo. O Servizo de Montes de Lugo emitiu informe, con data do 26.1.2026, en que se conclúe literalmente o seguinte:

«En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, emito informe favorable sobre a compatibilidade da actuación proposta co aproveitamento forestal afectado, condicionado á elevación a escritura pública dos ditos acordos, dos actos de disposición, coa CMVMC afectada, sen prexuízo doutros informes preceptivos e sempre que se xustifique o cumprimento establecido no Decreto 260/1992, do 4 de setembro, que regula a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, sobre expropiación forzosa ou a formalización do correspondente acto de disposición, e da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios de Galicia, sobre as distancias de protección previstas para manter as faixas exixidas».

Oitavo. O 5.8.2025, o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo emitiu informe favorable sobre a autorización administrativa previa e de construción da instalación de referencia.

Noveno. O 10.2.2026, o DTLugo emitiu un informe sobre a tramitación realizada en relación co referido expediente (IN407A 2025/18 ATE), considerando que se seguiron os trámites de procedemento legalmente establecidos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A lexislación de aplicación aos procedementos tramitados no presente expediente é a seguinte:

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A Dirección Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria é competente para facer esta proposta, conforme o establecido no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a súa estrutura orgánica (DOG núm. 101, do 2 de maio), e o Consello da Xunta de Galicia é competente para adoptar o acordo proposto, de conformidade co disposto no artigo 53.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Terceiro. Á vista dos escritos de alegacións presentados durante o trámite de información pública, da contestación de UFD a estes e do resto da documentación que consta no expediente, conclúese o seguinte:

Cuarto. A respecto da concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica cos terreos dos montes afectados (montes veciñais en man común), cómpre indicar o seguinte:

– En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, o Servizo de Montes de Lugo emite o informe favorable sobre a compatibilidade da Regulamentación LMTA Pal806 no tramo entre os apoios núm. 42-186 e núm. 42-186-7. O promotor debe realizar un acto de disposición coa comunidade propietaria do monte, dos recollidos no título segundo do Decreto 260/1992, do 4 de setembro.

– Polo que respecta ao MVMC, a Lei 13/1989, do 10 de outubro, establece no seu artigo 6.1 que só poderán ser obxecto de expropiación forzosa ou impoñérselles servidumes por causa de utilidade pública ou interese social prevalente aos dos propios montes veciñais. En consecuencia, e para os efectos de poder iniciar, de ser o caso, o correspondente expediente expropiatorio, cómpre declarar a prevalencia da utilidade pública da instalación sobre a utilidade pública do MVMC afectado.

Quinto. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no artigo 53.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, o que establece que nos casos previstos neste artigo (concorrencia de utilidade ou intereses públicos con MVMC), o Consello da Xunta de Galicia é o competente para declarar a utilidade pública e a eventual compatibilidade ou prevalencia da LAT sobre os MVMC.

De conformidade con todo o que antecede, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa e de construción para o proxecto de execución da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Regulamentación LMTA Pal806 no tramo entre os apoios núm. 42-186 e núm. 42-186-7, que discorre polo termo municipal de Antas de Ulla (Lugo) e promove UFD (expediente IN407A 2025/18 ATE).

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Declarar a prevalencia da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica co monte veciñal en man común (MVMC) M.V.M.C. de Farelo.

Este acordo axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución titulado Regulamentación LMTA Pal806 no tramo entre os apoios núm. 42-186 e núm. 42-186-7, do 4.2.2025, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández o 4.2.2025, no que figura un orzamento de execución material de 10.655,97 €.

2. A empresa promotora (UFD) asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establecen o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobados polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC RAT 01 a 23, aprobados polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante o departamento territorial, acompañada da documentación exixible de acordo co punto 3 da ITC-LAT 04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

4. En canto aos bens e dereitos afectados por esta infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor realizará os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos neste acordo ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Este acordo adóptase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

7. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.