DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 29975

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de programas de educación transformadora e de innovación e comunicación social que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR803E).

BDNS (Identif.): 906816.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publicase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións.

http://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/906816

Primeiro. Entidades beneficiarias

As entidades beneficiarias da concesión de subvencións deberán estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, na sección A: Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, e na sección D: Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.

Segundo. Obxecto

Estas bases regulan a concesión de subvencións para a execución de programas de educación transformadora e de innovación e comunicación social que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR803E).

Os programas son instrumentos que pretenden aumentar o impacto das accións que desenvolven no exterior as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento a través de accións complementarias a estas no territorio galego e cun horizonte temporal máis amplo.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de programas de educación transformadora e de innovación e comunicación social que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR803E).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destinase un crédito por un importe total de 720.000,0 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.481.0 e que se distribuirá de este xeito: 180.000,00 euros no ano 2026, 270.000,00 euros no ano 2027 e 270.000,00 € no ano 2028.

O importe máximo que se poderá financiar será un 95 % do orzamento total do microproxecto, se ben a subvención concedida non superará en ningún caso os 90.000 €, no caso de programas de Educación transformadora, e 110.000 €, no caso de programas de Innovación e comunicación social.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes