Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 88, do 13 de maio de 2026, cómpre facer a seguinte corrección da páxina 27925, onde di:
«II. Fase de concurso: máximo 40 puntos.
Experiencia: máximo 35 puntos:
• Na mesma categoría e especialidade incluída na clasificación do Convenio colectivo vixente para o persoal laboral de administración e servizos da USC: valorarase con 0,40 puntos/mes. Para estes efectos, considéranse equivalentes os servizos prestados na categoría de médico/a de empresa».
Debe dicir:
«II. Fase de concurso: máximo 40 puntos.
Experiencia: máximo 35 puntos:
• Na mesma categoría e especialidade incluída na clasificación do Convenio colectivo vixente para o persoal laboral de administración e servizos da USC: valorarase con 0,40 puntos/mes».
