Mediante a Resolución reitoral do 25 de agosto de 2025 (DOG do 9 de setembro e BOE do 29 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de arquitecto/a técnico, grupo II, pola quenda de acceso libre.
Mediante a Resolución reitoral do 24 de outubro de 2025 (DOG do 4 de novembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista definitiva e a relación de persoas que teñen que realizar o segundo exercicio da fase de oposición están expostas no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas á realización do segundo exame da fase de oposición, o día 9 de xuño de 2026, ás 10.30 horas, na aula 3 (planta baixa) da Facultade de Dereito (Campus Vida, avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela).
A publicación dos anuncios de realización dos vindeiros exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así como en calquera outro lugar que considere oportuno.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non se dite a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
