DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 28 de maio de 2026 Páx. 30912

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, pola que se publica a Resolución do 13 de maio de 2026 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 9 de xaneiro de 2026, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento SI431A e SI431E).

No Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2026, publícase a Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento SI431A e SI431E).

Para a concesión destas axudas destínanse 855.000 euros que se imputan ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Liña de subvención

Aplicación

Cód. proxecto

Importe (€)

Liña 1-SI431A

08.06.313D.481.1

2023 0098

675.000

Liña 2-SI431E

08.06.313D.481.1

2012 0931

180.000

Total

855.000

Durante a fase de instrución das solicitudes recibidas na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, e unha vez feitas as emendas e comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano regulado no artigo 15 da convocatoria.

O órgano instrutor, logo da baremación e en vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 15.4, elevou ao órgano competente, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional primeira para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente Resolución do 13 de maio de 2026.

Segundo o regulado no artigo 19, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 13 de maio de 2026, ditada ao abeiro da Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento SI431A e SI431E), e que se xunta a esta resolución no anexo.

2. Comunicar que a Resolución do 13 de maio de 2026 pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O recurso contencioso-administrativo non se poderá interpoñer ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2026

Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero

ANEXO

Resolución do 13 de maio de 2026 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento SI431A e SI431E).

Antecedentes.

Primeiro. Con data do 3 de febreiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento SI431A e SI431E).

Segundo. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar para o ano 2026 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa dita finalidade establécense dúas liñas de subvencións:

a) Liña 1: proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431A).

b) Liña 2: proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431E).

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.2 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 15.4 da Orde do 9 de xaneiro de 2026, unha vez avaliados os expedientes segundo os criterios de valoración establecidos na orde, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal o órgano instrutor formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión ou a denegación da axuda solicitada, e propor a concesión da subvención segundo a orde de puntuación e polo importe da axuda que corresponde.

Na liña 2: proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431E), ao quedar crédito libre despois de adxudicar a contía que corresponde a cada unha das entidades que resultan beneficiarias da subvención, e dado que non existe lista de agarda, repártese entre elas a partes iguais mantendo a proporcionalidade derivada da aplicación dos criterios de baremación, co límite da contía máxima da axuda ou, de ser inferior, da contía solicitada.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 17.1 das bases reguladoras, a concesión das subvencións obxecto da Orde do 9 de xaneiro de 2026 será resolta pola persoa titular da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, por proposta do órgano instrutor e unha vez fiscalizada a proposta pola Intervención Delegada.

Sexto. Segundo o artigo 17.4 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.

Por todo o anterior, logo do informe de baremación e da proposta emitida polo órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade pola Intervención Delegada, o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, en virtude da competencia delegada na disposición adicional primeira para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVE:

Primeiro.

1. Conceder as axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 (liña 1 procedemento SI431A), que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 16.1 da convocatoria, pola contía que se reflicte no anexo, por un importe total de 539.498,23 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.06.313D.481.1, proxecto 2023 0098.

2. Conceder as axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I para o desenvolvemento de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes (liña 2 procedemento SI431E), como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 16.2 da convocatoria, pola contía que se reflicte no anexo, por un importe total de 179.990,12 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.06.313D.481.1, proxecto 2012 0931.

Segundo.

Denegar a solicitude que se relaciona no anexo II con indicación da causa específica.

Terceiro.

Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

1. As axudas da liña 1, procedemento SI431A, están cofinanciadas pola Unión Europea nunha porcentaxe do 60 % no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: «Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo dos dereitos sociais»; prioridade 2: «Inclusión social e loita contra a pobreza»; obxectivo específico ES04.8.: «Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular, para os grupos desfavorecidos»; medida 2.H.02: axudas para atención integral da explotación sexual e trata.

O método de cálculo para a concesión e a xustificación destas axudas será o de custos simplificados, consonte o disposto nos artigos 53.1.b), 55.2.a), 53.3.a) i), 53.1.d), e 56.1 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e Política de Visados.

2. As axudas da liña 2, procedemento SI431E, están financiadas con fondos finalistas do Estado procedentes do Ministerio de Igualdade no marco da Conferencia Sectorial de Igualdade correspondentes á Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

3. De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, as subvencións para as actuacións recollidas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública, ou incentivo á contratación, para a mesma actuación de gasto.

4. As entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas e os requisitos exixidos na Orde do 9 de xaneiro de 2026 e, de xeito particular, deben cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

b) Carecer de ánimo de lucro.

c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.

d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante a declaración responsable da persoa representante da entidade.

e) Cumprir os requisitos e as condicións establecidos nesta orde e na normativa xeral de subvencións.

Todos os requisitos exixidos deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución dos proxectos subvencionados.

5. No artigo 25 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

6. Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o proxecto ou a actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

7. De acordo co establecido no artigo 24 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez publicada a resolución de concesión. As entidades beneficiarias quedan exoneradas da obriga de constituír garantías.

Unha vez presentada a xustificación procederase ao libramento final da axuda concedida, pola contía que corresponda, deducido, de ser o caso, o importe aboado en concepto de anticipo.

8. O período de referencia para a imputación dos gastos relativos será o seguinte:

– Para a liña 1, procedemento SI431A, do 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026.

– Para a liña 2, procedemento SI431E, do 1 de xaneiro de 2026 ao 31 de outubro de 2026.

9. A xustificación presentarase con data límite:

– Para a liña 1, procedemento SI431A, o 5 de outubro de 2026.

– Para a liña 2, procedemento SI431E, o 9 de novembro de 2026.

A falta de presentación da xustificación nos prazos establecidos comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

10. A documentación para a xustificación destas axudas é a que se indica no artigo 23.1.1 para a liña 1, procedemento SI431A, e no artigo 23.1.2 para a liña 2, procedemento SI431E.

Cuarto.

Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional primeira da Orde 9.1.2026; DOG núm. 22, do 3 de febreiro). Roberto Barba Alvedro, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero.

ANEXO I

Concesións

Procedemento SI431A Liña 1: proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431A).

Expediente

Entidade solicitante

NIF

Programa

Data de inicio do programa

Data de fin do programa

Mulleres que atender

Puntuación total

Importe da concesión

SI431A-2026-00000006-00

Asoc. Aliad Ultreia

G27021120

Programa Donas de atención integral a mulleres en situación de explotación sexual

1.10.2025

30.9.2026

68

94

75.074,74 €

SI431A-2026-00000002-00

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

Apoio terapéutico2026-promovendo a atención integral

1.10.2025

30.9.2026

32

94

35.053,85 €

SI431A-2026-00000001-00

Cáritas Diocesana de Santiago

R1500053B

Arco da Vella atención integral a mulleres VTSH con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual

1.10.2025

30.9.2026

72

91

79.990,04 €

SI431A-2026-00000005-00

Ecos do Sur

G15354483

Programa Afrodita

1.10.2025

30.9.2026

59

80

65.075,99 €

SI431A-2026-00000004-00

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor, Ferrol

R1500092J

Proxecto Roniera: proxecto de atención social integral a persoas en situación de explotación sexual preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual

1.10.2025

30.9.2026

65

80

69.983,69 €

SI431A-2026-00000007-00

Médicos del Mundo

G79408852

Atención sociosanitaria e detección de barreiras de acceso aos sistemas de saúde en persoas inmigrantes, en situación de prostitución, e/ou vítimas de trata con fins de explotación sexual

1.10.2025

30.9.2026

59

79

65.192,40 €

SI431A-2026-00000003-00

Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

Cara adiante 11 atencion social integral no centro de atención dirixido a persoas en situación de de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual ou laboral na Comunidade Autónoma de Galicia

1.10.2025

30.9.2026

60

79

62.619,44 €

SI431A-2026-00000010-00

Cruz Vermella Española

Q2866001G

Intervención integral con persoas en contornas de prostitución

1.10.2025

30.9.2026

65

79

71.991,04 €

SI431A-2026-00000008-00

Asoc. Diversidades

G27783950

Proxecto Lilas 2025-2026

1.10.2025

30.9.2026

10

38

10.636,54 €

SI431A-2026-00000011-00

Xeracción, S. Coop. Galega

F32479040

Circe

1.10.2025

30.9.2026

4

37

3.880,50 €

Procedemento SI431E Liña 2: proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431E).

Expediente

Entidade solicitante

NIF

Programa

Data inicio programa

Data fin programa

Puntuación total

Importe concesión

SI431E-2026-00000004-00

ACCEM

G79963237

Sentrata

1.1.2026

31.10.2026

86

15.010,60 €

SI431E-2026-00000010-00

Asociación Aliad Ultreia

G27021120

Comprometidas

1.1.2026

31.10.2026

83

13.189,30 €

SI431E-2026-00000017-00

Cruz Vermella Española

Q2866001G

Nin trato, nin trata

1.1.2026

31.10.2026

82

13.182,20 €

SI431E-2026-00000002-00

Cáritas Diocesana de Santiago

R1500053B

+ Preto

1.1.2026

31.10.2026

80

13.168,00 €

SI431E-2026-00000013-00

Asoc. Ecos do Sur

G15354483

Proxecto de sensibilización e apoio á igualdade

1.1.2026

31.10.2026

79

13.160,90 €

SI431E-2026-00000011-00

Médicos del Mundo

G79408852

Elaboración de guía comparada da consideración legal da trata con fins de explotación sexual en distintos países do continente europeo e apoio ás vítimas para a redución da súa vulnerabilidade económica

1.1.2026

31.10.2026

78

13.153,80 €

SI431E-2026-00000008-00

Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

Non é trato, é trata 2.0: información prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual, e explotación sexual, así como apoio ás súas vítimas

1.1.2026

31.10.2026

75

13.132,50 €

SI431E-2026-00000014-00

Asoc. In Genero (Interculturalidad y Género)

G13426671

Aliadas: sensibilización e apoio a mulleres migrantes vítima de trata con fins de explotación sexual

1.1.2026

31.10.2026

75

11.460,90 €

SI431E-2026-00000006-00

Comunidad de Oblatas del Santisimo Redentor, Ferrol

R1500092J

Trocando a ollada. Sensibilización fronte á trata de mulleres en Galicia

1.1.2026

31.10.2026

71

11.304,10 €

SI431E-2026-00000015-00

Fundación Solidaridad Amaranta

G84913946

Accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual, trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas

1.1.2026

31.10.2026

70

11.297,00 €

SI431E-2026-00000003-00

Cáritas Diocesanas de Orense

R3200098F

Proxecto Sensibles 2026

1.1.2026

31.10.2026

69

11.289,90 €

SI431E-2026-00000009-00

Asociación de Empresas e Profesionais do Transporte de Galicia Sinerxías

G10645075

En ruta contra a trata

1.1.2026

31.10.2026

64

9.454,40 €

SI431E-2026-00000005-00

Bumei Galicia: Buenas Prácticas, Mujer, Empleo e Inclusión

G27441153

Cadeas Rotas: sensibilización e prevención da trata con fins de explotación sexual en Galicia

1.1.2026

31.10.2026

62

9.440,20 €

SI431E-2026-00000007-00

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia

G70101647

Apeiros para a visualización e socialización coas mulleres vítima de trata e explotación sexual nas contornas rurais

1.1.2026

31.10.2026

61

9.082,62 €

SI431E-2026-00000001-00

Fer. Prov. de Mulleres Rurais de Ourense

G32237869

Que non che conten contos: fronte á trata, tolerancia cero

1.1.2026

31.10.2026

58

4.411,80 €

SI431E-2026-00000012-00

Asociación Movimiento por la Paz, el Desarme y la Libertad

G28838001

Tecendo redes seguras: prevención da trata e protección da xuventude en contornas dixitais

1.1.2026

31.10.2026

53

7.576,30 €

SI431E-2026-00000016-00

Agrupación de AA.VV. do Rural e Periferia do Concello de Ourense Miño

G32408023

Proxecto de información e sensibilización en materia de explotación sexual e trata

1.1.2026

31.10.2026

36

675,60 €

ANEXO II

Solicitude denegada

Procedemento SI431A Liña 1: proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431A)

Expediente

Entidade solicitante

NIF

Causa de exclusión

SI431A-2026-00000009-00

Asoc. In Genero (Intercuturalidad y Género)

G13426671

Non acadar a puntuación mínima establecida na orde de convocatoria para ser beneficiaria destas axudas (artigo 5.7)