DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 28 de maio de 2026 Páx. 30956

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

EXTRACTO da Orde do 13 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento IN519D).

BDNS (Identif.): 906664.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/906664

Primeiro. Beneficiarios

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 13 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento IN519D).

Publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Anualidade 2024: 250.000,00 €.

Anualidade 2025: 625.000,00 €.

Anualidade 2026: 1.625.000,00 €.

Importe total da convocatoria: 2.500.000,00 €.

Intensidade das axudas: con carácter xeral, a intensidade das axudas será dun 80 % do importe total considerado como subvencionable e cun máximo de 1.000.000,00 euros por solicitude.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Tres meses contados desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 13 de maio de 2026 no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Poderase anticipar ata o 50 % do importe da subvención concedida, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

Poderase aboar a conta ata o 75 % do importe do gasto subvencionable, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

O importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados que, se é o caso, se concedesen non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2026

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria