DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 3 de xuño de 2026 Páx. 32097

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello de la Xunta de Galicia do 25 de maio de 2026 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático xustifícase polas obrigas derivadas do Real decreto 394/2025, do 13 de maio, de traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación e xestión do litoral, e polo Decreto 50/2025, do 30 de xuño, polo que a Comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e os servizos traspasados pola Administración xeral do Estado en materia de ordenación e xestión do litoral.

Xustifícase tamén polas modificacións derivadas do Decreto 106/2025, do 11 de novembro, polo que se modifica o Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de maio de 2026, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar, polo sistema de libre designación, o posto que a seguir se indica, en aplicación do criterio de excepcionalidade que se sinala, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto

Posto

Criterio

MA.C03.00.000.15770.055

XEFATURA SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E COORDINACIÓN

ASESORAMENTO E DEPENDENCIA DIRECTA DUN ALTO CARGO

Terceiro. Os efectos económicos e administrativos para o persoal transferido polo Real decreto 394/2025, do 13 de maio, de traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación e xestión do litoral (BOE núm. 120, do 19 de maio), incluído nominalmente na relación número 2 de medios persoais que se traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia, serán do 1 de xullo de 2025, data da entrada en vigor do Decreto 50/2025, do 30 de xuño, polo que a Comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e os servizos traspasados pola Administración xeral do Estado en materia de ordenación e xestión do litoral (DOG núm. 124, do 1 de xullo).

Cuarto. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello de la Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de maio de 2026, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file