Primeiro. A Orde do 3 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (programa Galicia Refuxio Climático), así como a actuacións de identificación e de adecuación de refuxios climáticos para a biodiversidade (programa PIMA Adapta Refuxios Climáticos), e se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026 (código de procedemento MT975Y), publicada no Diario Oficial de Galicia número 32, do 18 de febreiro de 2026, establece, no seu artigo 13 número 1, que o procedemento de concesión se tramitará en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao non ser necesario realizar a comparación e a prelación das solicitudes presentadas, concedéndose a todas aquelas entidades solicitantes que reúnan os requisitos exixidos no artigo 2. Se o orzamento previsto na orde non é suficiente para proceder ao pagamento de todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación.
O número 4 do artigo 7 establece que se considerará esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria. Nese caso, e sempre antes da data máxima de presentación de solicitudes sinalada nas bases reguladoras, poderán seguirse rexistrando solicitudes para a súa incorporación, por rigorosa orde de entrada, e de acordo cos criterios fixados na propia convocatoria, nunha lista de reserva.
Toda vez que os proxectos da liña 1 teñen unha partida orzamentaria diferente dos da liña 2, o esgotamento do orzamento na primeira liña non interromperá a concesión de axudas na segunda se esta aínda dispón de crédito. Da mesma maneira, a extinción do orzamento dispoñible para a liña 2 non limita a concesión de axudas para os proxectos da liña 1, mentres estes dispoñan de fondos na súa propia partida orzamentaria.
No mesmo artigo 7 se sinala que o órgano concedente anunciará o esgotamento do crédito orzamentario no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
O esgotamento do crédito, nunha das partidas orzamentarias, comportará a inadmisión de todas aquelas solicitudes vinculadas a dita partida que se instrúan con posterioridade.
Segundo. A dita Orde do 3 de febreiro de 2026 destina a estas axudas, no seu artigo 6, un orzamento de 1.660.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.541E.760.1, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, coa seguinte distribución:
|
Partida orzamentaria |
Liña |
Total |
|
06.02.541E.760.1 |
Liña 1. Axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (programa Galicia Refuxio Climático) |
1.320.359 € |
|
Liña 2. Axudas a entidades locais de Galicia para actuacións de identificación e adecuación de refuxios climáticos para a biodiversidade (programa PIMA Adapta Refuxios Climáticos) |
339.641 € |
Terceiro. De conformidade co exposto, unha vez resoltas parte das solicitudes presentadas ao abeiro da referida Orde do 3 de febreiro de 2026, aplicando como criterio de prioridade a data de presentación, constátase que se esgotou o orzamento dispoñible para a concesión das axudas da liña 1.
A última solicitude que se puido conceder para dita liña 1 antes do esgotamento de crédito foi a correspondente ao expediente MT975Y/2026/0030-I presentada na sede electrónica, nos termos recollidos no artigo 7 da convocatoria, o día 27 de febreiro de 2026 ás 12.04.12 horas.
En virtude do anterior, unha vez esgotados os recursos económicos destinados ás axudas previstas para a liña 1 na Orde do 3 de febreiro de 2026, a persoa titular da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, por delegación da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, de acordo co establecido na disposición derradeira primeira da citada orde,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito dispoñible para a liña 1 con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.541E.760.1 para as axudas convocadas ao abeiro da Orde do 3 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (programa Galicia Refuxio Climático), así como a actuacións de identificación e adecuación de refuxios climáticos para a biodiversidade (programa PIMA Adapta Refuxios Climáticos), e se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026 (código de procedemento MT975Y).
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2026
Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
