A consellería con competencias en materia de Cultura, Lingua e Xuventude convocou, para o ano 2026, a través da Orde do 21 de agosto de 2025, as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (Diario Oficial de Galicia número 179, do 17 de setembro).
Mediante a Resolución do 5 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, publícase a Resolución do 2 de xaneiro de 2026 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da dita Orde do 21 de agosto de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 9 de xaneiro).
O artigo 23 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para a presentación da xustificación estableceuse para o día 22 de maio de 2026.
Así mesmo, nos números 2 e 3 do dito artigo 23 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida.
Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.
O artigo 23.5 da dita orde establece que transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.
Así mesmo, o artigo 20 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 28 de maio de 2026, no que se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.
2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 23.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.
3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2026
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas
Convocatoria: Orde do 21 de agosto 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2026 (código de procedemento BS508E).
Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de agosto de 2025.
Data do acto: 28 de maio de 2026.
Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.
Efectos: as entidades beneficiarias que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan de conformidade co artigo 23.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Relación de expedientes:
|
Nº de exp. |
Solicitante |
NIF da entidade |
Documentación requirida |
|
2026/002 |
FEAFES Galicia, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia |
G15545353 |
– Anexo VII (artigo 23.2.d) – Documentación acreditativa do pagamento dos gastos de manutención e desprazamento ás persoas voluntarias (artigo 23.2.d).2º) – Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 23.2.d).3º) – Presentar os contratos das persoas indicadas no anexo VII como gastos de persoal. – Copia dos boletíns de cotización á Seguridade Social coa copia dos xustificantes bancarios de pagamento (artigo 23.2.d).4º) |
|
2026/007 |
Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos |
G32345274 |
– Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (artigo 23.2.f). – Copia dos boletíns de cotización á Seguridade Social e copias dos xustificantes bancarios de pagamento (artigo 23.2.d).4º) |
|
2026/012 |
Casa Santa María de la Esperanza Esclavas de la Virgen Dolorosa - EVD Galicia |
R3600131A |
– Memoria económica (artigo 23.2.b) – Modelos 111 e 115 do primeiro trimestre e xustificantes do seu pagamento (artigo 23.2.d) – Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 23.2.a) |
|
2026/020 |
Asociación Sustinea |
G32422834 |
– Memoria xustificativa (artigo 23.2.a) – Memoria económica (artigo 23.2.b) – Anexo V (artigo 23.2.c) – Anexo VII (artigo 23.2.d) – Pólizas de seguros de accidentes e responsabilidade civil das persoas voluntarias participantes e copias dos xustificantes bancarios do seu pagamento (artigo 3.2.c) – Información e ligazón ao sitio da internet da entidade con información do apoio obtido (artigo 23.2.e) – Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (artigo 23.2.f) – Solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 23.2.a) |
|
2026/024 |
Valoresc Innovation |
G70377585 |
– Memoria xustificativa con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos (artigo 23.2.a.) – Copia dos boletíns de cotización á Seguridade Social e do modelo 111 coa copia dos xustificantes bancarios de pagamento (artigo 23.2.d).4º) |
|
2026/029 |
Asociación Ecos do Sur |
G15354483 |
– Informe económico (artigo 23.2.b) – Anexo V (artigo 23.2.c): revisar os importes indicados nos puntos 3 e 4 e presentar debidamente asinado – Presentar os contratos das persoas indicadas no anexo VII como gastos de persoal – Achegar acreditación da titularidade das tarxetas de crédito/débito e da súa asociación á conta da entidade (artigo 23.2.d).1º) – Copia dos boletíns de cotización á Seguridade Social e o modelo 111 (artigo 23.2.d).4º) – Documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas (artigo 23.2.d) – Información e ligazón ao sitio WEB con información do apoio obtido (artigo 23.2.e) – Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (artigo 23.2.f) |
|
2026/031 |
Concello de Guitiriz |
P2702200C |
– Anexo VI: revisar importes imputados nas nóminas do persoal (artigo 23.3.c) – Seguro de accidentes das persoas voluntarias (artigo 3.2.c) – Información e enlace ao sitio da internet da entidade con información do apoio obtido (artigo 23.3.e) – Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 23.3.a) |
|
2026/032 |
Concello de Mos |
P3603300I |
– Xustificación da axuda concedida (artigo 23.3) |
|
2026/033 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
– Memoria xustificativa (artigo 23.3.a) – Anexo V (artigo 23.3.b) – Anexo VI/conta xustificativa: indicar datos das persoas voluntarias e revisar importe imputado no seguro de accidentes (artigo 23.3.c) – Información e enlace ao sitio da internet da entidade con información do apoio obtido (artigo 23.3.e) – Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (artigo 23.3.f) – Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 23.3.a) |
