DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32691

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se ordena a publicación da Resolución do 21 de maio de 2026 de concesión das axudas convocadas mediante a Orde do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT110C).

No Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro de 2026, publicouse a Orde do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT110C).

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema galego de centros museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación, a difusión e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2026.

O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

De conformidade coa disposición adicional única, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na persoa titular da Dirección Xeral de Cultura para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde.

Tal e como establece o artigo 15.3 da Orde, o prazo máximo para ditar e notificar aos interesados a resolución expresa non poderá superar os cinco meses, segundo establece o artigo 23.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O prazo computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Ademais, en aplicación do artigo 16.6 da orde de convocatoria, a resolución de adxudicación será notificada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Así mesmo, e en aplicación do artigo 15.6, serán igualmente obxecto de publicidade, a través do Portal de cultura da páxina web da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, https://www.cultura.gal/gl/servizos e do Portal de museos de Galicia, https://museos.xunta.gal

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 21 de maio de 2026, de concesión de axudas convocadas mediante a Orde do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT110C), que se xunta como anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 21 de maio de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Resolución do 21 de maio de 2026 de concesión das axudas convocadas
mediante a Orde do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos
da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria
para o ano 2026 (código de procedemento CT110C)

Feitos:

1. No Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro de 2026, publicouse a Orde do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT110C).

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema galego de centros museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación, a difusión e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2026.

2. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, recibíronse un total de 33 solicitudes das que 16 son de centros museísticos dependentes de entidades privadas sen fin de lucro e 17 de centros museísticos dependentes de entidades locais.

Unha vez examinada a documentación e formulados os requirimentos necesarios, procédese á avaliación das solicitudes nas reunións da Comisión Técnica de Avaliación realizadas os días 5 e 27 de marzo e 21 de abril de 2026.

3. O 29 de abril de 2026, a Comisión Técnica de Avaliación emite informe de avaliación, segundo o regulado no artigo 14.4 da Orde de convocatoria.

4. Como resultado da aplicación dos criterios de avaliación obtívose unha relación, por orde decrecente de puntuación, de todas as solicitudes das entidades admitidas e das entidades excluídas.

Fundamentos xurídicos:

1. As bases xurídicas deste procedemento están reguladas pola Orde do 5 de decembro de 2025 que establece as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT110C).

2. Para o financiamento destas subvencións existe crédito adecuado e suficiente na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2026, cunha contía total de 200.000,00 euros, que se imputarán nas aplicacións orzamentarias 13.03.432A.760.4 Entidades locais (100.000,00 €) e 13.03.432A.781.2 Entidades sen fin de lucro (100.000,00 €).

3. O proxecto obxecto de subvención será cofinanciado entre a entidade solicitante e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 8.000,00 € por proxecto, que en ningún caso poderá exceder o 80 % do orzamento total do proxecto que se vaia realizar.

4. O procedemento para a concesión das subvencións tramitouse en réxime de concorrencia competitiva, tal e como establece o artigo 13.1 da orde reguladora, aplicando os criterios de valoración recollidos no artigo 12.

5. A unidade instrutora, logo do informe da Comisión Técnica de Avaliación, tendo en conta as bases da convocatoria, eleva a súa proposta de resolución das solicitudes, por orde decrecente de puntuación, ao órgano encargado de resolver o procedemento.

6. Correspóndelle á persoa titular da Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos a competencia para a emisión da proposta de adxudicación das axudas, tal e como establece o artigo 14.4 da Orde do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026.

Con base en todo o anterior e visto o informe da Comisión Técnica de Avaliación,

PROPOÑO:

Primeiro. Conceder as subvencións ás entidades que se relacionan no anexo I e que se divide en dúas epígrafes:

a) Entidades privadas sen fin de lucro adxudicatarias, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 12 da Orde do 5 de decembro de 2025.

b) Entidades locais adxudicatarias, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 12 da Orde do 5 de decembro de 2025.

Segundo. Aprobar a listaxe de entidades sen fin de lucro que non resultaron adxudicatarias, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, entidades que se relacionan no anexo II.

Terceiro. Aprobar a listaxe de entidades locais excluídas, por non reuniren os requisitos fixados no artigo 3 da orde de convocatoria, que se relacionan no anexo III.

Cuarto. As entidades adxudicatarias propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, agás que no mesmo prazo se comunique de xeito formal e expreso a renuncia á subvención concedida, debidamente asinada polo representante da entidade beneficiaria, se a renuncia non se comunica expresamente no citado prazo, a entidade beneficiaria queda comprometida a realizar o investimento, agás causas de forza maior aceptadas pola Comisión de Valoración e, de non facelo, incorrerá nas responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026. Mª Carmen Calviño Rodríguez, subdirectora xeral de Arquivos e Centros Museísticos.

Logo da proposta da subdirectora xeral de Arquivos e Centros Museísticos e de acordo co disposto na disposición adicional única da Orde do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVO:

A concesión das axudas previstas na Orde do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, nos termos expostos con anterioridade.

Esta resolución de adxudicación, que se notificará nos termos previstos no artigo 16.6, pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e contra esta cabe interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir da data da súa notificación ás persoas interesadas ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, así mesmo, desde a data de notificación.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 5.11.2025, disposición adicional única), Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.

ANEXO I

a) Listaxe definitiva de entidades sen fin de lucro adxudicatarias, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 12 da Orde do 5 de decembro de 2025.

Entidades sen fin de lucro:

Entidade

NIF

Puntos

Axuda concedida

Fundación Granell

G15520422

11 puntos

8.000,00 €

Fundación Museo do Videoxogo

G94202223

10 puntos

8.000,00 €

Diocese de Mondoñedo-Ferrol

R1500019C

10 puntos

8.000,00 €

Fundación María José Jove

G15870140

8 puntos

8.000,00 €

Fundación Catedral

G70178603

8 puntos

8.000,00 €

Asociación Amigos Muvicla

G27495639

7 puntos

4.400,00 €

Asociación Mares de Cedeira

G70429527

6,5 puntos

6.524,06 €

Fundación Rosalía de Castro

G15040850

5,5 puntos

8.000,00 €

Clarisas Monforte de Lemos

R2700017C

5 puntos

8.000,00 €

Arcebispado Santiago Compostela

R1500020A

5 puntos

8.000,00 €

Fundación Vicente Risco

G32214850

4,5 puntos

8.000,00 €

Fundación Fernando Blanco de Lema

G15290828

4,5 puntos

6.332,00 €

Fundación para a Conservación do Patrimonio da Arquidiocese de Santiago de Compostela

G13993837

4 puntos

8.000,00 €

Universidade de Santiago de Compostela

Q1518001A

4 puntos

2.743,94 €

b) Listaxe definitiva das entidades locais adxudicatarias, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 12 da Orde do 5 de decembro de 2025.

Entidades locais:

Concello

NIF

Puntos

Axuda concedida

Concello de Lalín

P3602400H

9 puntos

8.000,00 €

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

7 puntos

7.744,00 €

Concello de Betanzos

P1500900D

7 puntos

8.000,00 €

Concello de Laxe

P1504100G

6 puntos

8.000,00 €

Concello de Parada do Sil

P3205800J

6 puntos

8.000,00 €

Concello da Pobra do Caramiñal

P1506800J

5,5 puntos

8.000,00 €

Concello de Baiona

P3600300B

5 puntos

4.755,78 €

Concello de Ponteareas

P3604200J

5 puntos

7.763,55 €

Concello da Coruña

P1503000J

5 puntos

8.000,00 €

Concello de Carral

P1502100I

4,5 puntos

2.865,27 €

Concello de Valga

P3605600J

3,5 puntos

5.606,65 €

Concello de Fene

P1503600G

3 puntos

5.844,00 €

Concello de Boiro

P1501100J

3 puntos

4.827,90 €

Concello de Marín

P3602600C

3 puntos

7.600,00 €

ANEXO II

Listaxe definitiva das entidades sen fin de lucro non adxudicatarias, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 12 da Orde do 5 de decembro de 2025.

Entidade

NIF

Puntos

Axuda concedida

Centro Cultural e Deportivo de Baamonde

G27123611

3 puntos

0,00 €

Fundación Museo de Artes

G15798168

3 puntos

0,00 €

ANEXO III

Listaxe definitiva de entidades locais excluídas por non reuniren os requisitos fixados no artigo 3 da orde de convocatoria.

Concello

NIF

Causa de exclusión

Concello de Cambados

P3600600E

Incumprir o estipulado no artigo 3.1

Concello de Laracha

P1504200E

Incumprir o estipulado no artigo 3.1

Concello de Narón

P1505500G

Incumprir o estipulado no artigo 3.3