DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 5 de xuño de 2026 Páx. 32684

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se ordena a publicación da Resolución do 18 de maio de 2026 de concesión de axudas convocadas mediante a Orde do 3 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT130A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro de 2026, publícase a Orde do 3 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT130A).

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2026.

O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

De conformidade coa disposición derradeira primeira, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na persoa titular da Dirección Xeral de Cultura para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde.

Tal e como establece o artigo 12 da Orde o prazo máximo para ditar e notificar aos interesados a resolución expresa non poderá superar os cinco meses, segundo establece o artigo 23.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O prazo computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Ademais, en aplicación do artigo 13.6 da orde de convocatoria, a resolución de adxudicación será notificada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Así mesmo, e en aplicación do artigo 12.6, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, https://www.cultura.gal/gl/servizos e a través da páxina web do Portal de arquivos de Galicia, https://arquivosdegalicia.xunta.gal

Unha vez instruído o procedemento e logo da proposta de resolución, con data do 18 de maio de 2026, o órgano competente emite a resolución das subvencións convocadas.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 18 de maio de 2026, de concesión de subvencións destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT130A), que se xunta como anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 18 de maio de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. Comunicar que as entidades adxudicatarias propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, agás que no mesmo prazo se comunique de xeito formal e expreso a renuncia á subvención concedida, debidamente asinada polo representante da entidade beneficiaria.

Cuarto. Comunicar que a resolución de adxudicación será notificada mediante esta publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2026

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Resolución do 18 de maio de 2026 de concesión de axudas convocadas
mediante a Orde do 3 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases
reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao financiamento de actuacións
en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2026
(código de procedemento CT130A)

Feitos:

1. O 15 de xaneiro de 2026 publícase no DOG a Orde do 3 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2026. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2026.

A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de series documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

2. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, recibíronse un total de 45 solicitudes: 38 de entidades locais e 7 de entidades sen fin de lucro.

Unha vez examinada a documentación e formulados os requirimentos necesarios, a Comisión Técnica de Avaliación evalúa as solicitudes nas xuntanzas do 31 de marzo e 22 de abril de 2026.

3. O 7 de maio de 2026, a Comisión Técnica emite informe de avaliación segundo o regulado no artigo 11.3 da orde de convocatoria, elaborándose as listaxes definitivas de entidades excluídas e admitidas coa puntuación acadada por estas, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde.

Fundamentos xurídicos:

1. As bases xurídicas deste procedemento están reguladas pola Orde do 3 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos para a convocatoria do ano 2026 (código de procedemento CT130A).

2. Para o financiamento destas subvencións existe crédito adecuado e suficiente na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2026, cunha contía total de cento oitenta e cinco mil euros (185.000,00 €), que se imputarán aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 nas aplicacións orzamentarias 13.03.432A.760.0 (150.000,00 €) e 13.03.432A.781.0 (35.000,00 €).

3. O proxecto obxecto de subvención será cofinanciado entre a entidade solicitante e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 7.000,00 € por proxecto, que en ningún caso poderá exceder o 80 % do orzamento total do proxecto que se vaia realizar.

4. O procedemento para a concesión das subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, tal e como establece o artigo 10 da orde reguladora, aplicando os criterios de valoración recollidos no artigo 9.

5. Correspóndelle á subdirección xeral competente en materia de arquivos, como unidade instrutora, formular a proposta de resolución motivada das solicitudes, por orde decrecente de puntuación, logo do informe de avaliación emitido pola Comisión Técnica, tal e como establece o artigo 11.4 da orde reguladora.

Con base en todo o anterior e á vista do informe de avaliación da Comisión Técnica de Avaliación,

PROPOÑO:

Primeiro. Conceder as subvencións ás entidades que se relacionan no anexo I e que se divide en dúas epígrafes:

a) Entidades locais que acadan a puntuación necesaria para obter axuda, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 9 da Orde do 3 de decembro de 2025.

b) Entidades privadas sen fin de lucro que acadan a puntuación necesaria para obter axuda, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 9 da Orde do 3 de decembro de 2025.

Segundo. Aprobar a listaxe de entidades que non resultaron adxudicatarias tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, entidades que se relacionan no anexo II e que se divide en dúas epígrafes:

a) Entidades locais que non resultaron adxudicatarias, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 9 da Orde do 3 de decembro de 2025.

b) Entidades privadas sen fin de lucro que non resultaron adxudicatarias, tendo en conta límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 9 da Orde do 3 de decembro de 2025.

Terceiro. Aprobar a listaxe de solicitudes excluídas e as causas de exclusión, incluíndo as solicitudes que non se axustan ao obxecto, finalidade e requisitos recollidos nos artigos 1 e 4 da orde, que figuran no anexo III.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2026. Mª del Carmen Calviño Rodríguez, subdirectora xeral de Arquivos e Centros Museísticos.

Logo da proposta da subdirectora xeral de Arquivos e Centros Museísticos e da fiscalización do gasto pola Intervención delegada,

RESOLVO:

A concesión das axudas previstas na Orde do 3 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 nos termos expostos con anterioridade.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Disposición derradeira primeira da Orde do 3.12.2025; DOG núm. 9, do 15 de xaneiro de 2026), Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.

ANEXO I

a) Listaxe das entidades locais adxudicatarias, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 9 da Orde do 3 de decembro de 2025.

Orde

Nº de expediente

Solicitante

CIF

Puntos

Axuda concedida

1

2026-006

Concello de Baralla

P2703600C

7,75

7.000,00 €

2

2026-030

Concello das Somozas

P1508200A

7,50

6.529,60 €

3

2026-041

Concello de Petín

P3206100D

7,50

5.517,60 €

4

2026-00

Concello de Calvos de Randín

P3201700F

7,25

7.000,00 €

5

2026-007

Concello de Vilar de Barrio

P3209000C

7,00

6.969,60 €

6

2026-008

Concello de Bande

P3200700G

7,00

7.000,00 €

7

2026-024

Concello de Quiroga

P2705000D

7,00

6.776,00 €

8

2026-032

Concello de Fisterra

P1503800C

6,65

5.118,30 €

9

2026-017

Concello de Tomiño

P3605400E

6,63

7.000,00 €

10

2026-019

Concello de Valga

P3605600J

6,50

6.776,00 €

11

2026-022

Concello do Irixo

P3203600F

6,50

6.760,00 €

12

2026-037

Concello de Portas

P3604000D

6,50

6.776,00 €

13

2026-035

Concello da Pobra do Caramiñal

P1506800J

6,00

7.000,00 €

14

2026-002

Concello de Rairiz de Veiga

P3206800I

6,00

7.000,00 €

15

2026-021

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

5,65

5.544,82 €

16

2026-042

Concello de Caldas de Reis

P3600500G

5,57

6.253,96 €

17

2026-036

Concello de Carral

P1502100I

5,50

6.776,00 €

18

2026-040

Concello de Gondomar

P3602100D

5,50

3.380,26 €

19

2026-043

Concello de Vilanova de Arousa

P3606100J

5,50

6.776,00 €

20

2026-013

Concello de Val do Dubra

P1508900F

5,33

7.000,00 €

21

2026-028

Concello de Zas

P1509400F

5,15

3.412,20 €

22

2026-029

Concello de Irixoa

P1504000I

5,00

6.400,00 €

23

2026-038

Concello da Baña

P1500700H

5,00

6.776,00 €

24

2026-023

Concello de Noia

P1505800A

4,80

4.457,66 €

b) Listaxe das entidades privadas sen fin de lucro adxudicatarias, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 9 da Orde do 3 de decembro de 2025.

Orde

Nº de expediente

Solicitante

CIF

Puntos

Axuda concedida

1

2026-045

Arcebispado de Santiago de Compostela

R1500020A

6,00

7.000,00 €

2

2026-015

Asociación Cultural Fundación Penzol

G36623171

4,30

2.700,00 €

3

2026-012

Fundación 10 de Marzo

G15338080

3,95

7.000,00 €

4

2026-005

Fundación Isla Couto

G36680437

3,91

5.400,00 €

5

2026-046

Asociación Veciñal, Cultural e Etnográfica San Cibrán

G94020856

3,50

6.959,99 €

6

2026-027

Fundación Luis Tilve

G15169949

3,00

5.940,01 €

ANEXO II

a) Listaxe das entidades locais non adxudicatarias, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 9 da Orde do 3 de decembro de 2025.

Orde

Nº de expediente

Solicitante

CIF

Puntos

1

2026-014

Concello de Castroverde

P2701100F

4,76

2

2026-016

Concello de Abegondo

P1500100A

4,76

3

2026-018

Concello de Ribeira

P1507400H

4,62

4

2026-031

Concello de Padrón

P1506600D

4,62

5

2026-010

Concello de Negreira

P1505700C

4,50

6

2026-020

Concello de Camariñas

P1501600I

4,50

7

2026-033

Concello de Pontecesures

P3604400F

4,50

8

2026-044

Concello de Celanova

P3202500I

4,50

9

2026-009

Concello de Viveiro

P2706700H

4,37

10

2026-039

Concello de Chantada

P2701600E

4,09

11

2026-011

Concello de Cambados

P3600600E

3,00

12

2026-026

Concello de Rianxo

P1507300J

2,82

b) Listaxe das entidades privadas sen fin de lucro non adxudicatarias, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos no artigo 9 da Orde do 3 de decembro de 2025.

Orde

Nº de expediente

Solicitante

CIF

Puntos

1

2026-034

Fundación Vicente Risco

G32214850

2,50

ANEXO III

Listaxe de solicitudes excluídas e as causas de exclusión, incluíndo as solicitudes que non se axustan ao obxecto, finalidade e requisitos recollidos nos artigos 1 e 4 da Orde do 3 de decembro de 2025.

Nº de expediente

Solicitante

CIF

Causa de exclusión

2026-001

Concello de Ponteareas

P3604200J

(1) e (2)

2026-025

Concello de Ourense

P3205500F

(3)

(¹) Artigo 7.1 «Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta». Non consta acreditación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

(²) Artigo 4.4 «No caso dos entes locais, segundo o artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, será requisito para a concesión de subvencións que cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio». Non consta esta remisión.

(³) Artigo 1.2 «A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de series documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística». Presenta proxecto para dixitalización de fondos documentais.