DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 9 de xuño de 2026 Páx. 33310

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 21 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional mediante contratos formativos para a mocidade ou no sector artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR353C e TR353E).

BDNS (Identif.): 911186.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/911186 (minimis xeral)

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/911182 (minimis agrícola)

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/911183 (minimis pesca)

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/911184 (sector artesanal)

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das subvencións para promover a primeira experiencia profesional, a través de contratos formativos, regulados nos seguintes programas:

a) Programa I: primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos (código de procedemento TR353C).

b) Programa II: primeira experiencia profesional en oficios artesanais (código de procedemento TR353E).

Segundo. Persoas empregadoras e empresas beneficiarias

Programa I. Primeira experiencia profesional das persoas mozas (código de procedemento TR353C):

Poderán ser persoas e empresas beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e coas condicións que se establecen nesta orde.

Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social, respectivamente.

Programa II: primeira experiencia profesional en oficios artesanais (código de procedemento TR353E):

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas ao abeiro deste programa os obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas traballadoras por conta allea, de acordo cos requisitos e coas condicións que se establecen nesta orde.

Terceiro. Gastos subvencionables

Programa I. Primeira experiencia profesional das persoas mozas (código de procedemento TR353C):

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos para a obtención da práctica profesional e de formación en alternancia.

Programa II: primeira experiencia profesional en oficios artesanais (código de procedemento TR353E):

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mediante a subscrición de contratos para a obtención da práctica profesional en oficios artesanais.

Para os dous programas, os contratos terán unha duración mínima de 12 meses e deberán ser a xornada completa.

O período durante o cal se teñen que producir os contratos formativos para que sexan subvencionables comprende desde o 16 de outubro de 2025 ata o 30 de outubro de 2026.

Cuarto. Contía dos incentivos

As contías máximas do incentivo á contratación por 12 meses a xornada completa que se concederá con carácter xeral serán as seguintes:

a) Incentivo á contratación para as persoas contratadas nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 €.

b) Incentivo á contratación para as persoas contratadas nos grupos de cotización 3 ao 7: 13.300 €.

c) Incentivo á contratación para as persoas contratadas nos grupos de cotización 8 ao 11: 9.975 €.

Quinto. Bases reguladoras

Orde do 21 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional mediante contratos formativos para a mocidade ou no sector artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR353C e TR353E).

Sexto. Presentación de solicitudes e prazo

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

O prazo xeral para a presentación das solicitudes dos procedementos de axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2026

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración