DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 15 de xuño de 2026 Páx. 34237

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486F).

BDNS (Identif.): 912128.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

http://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/912128

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas subvencións aqueles concellos de Galicia que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter unha poboación igual ou inferior a 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística

b) Ter remitida a conta xeral do concello correspondente ao exercicio orzamentario de 2024 ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Obxecto

O establecemento das bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada á execución de tarefas específicas de prevención de incendios forestais, cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486F).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito ata un importe máximo de 1.087.500,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes