DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 23 de xuño de 2026 Páx. 35828

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026 (código de procedemento TR802R).

BDNS (Identif.): 913911.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/913911

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/907330 (minimis agrícola)

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/907322 (minimis pesca)

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Entidades beneficiarias

As cooperativas e sociedades laborais creadas nos tres anos anteriores á data da presentación da solicitude, que xurdan dalgún dos procesos regulados no número 1 do artigo 5 da orde e, ademais, cumpran os requisitos regulados nos números 2 e 3 do mesmo artigo.

Segundo. Obxecto e finalidade

Apoiar a creación de cooperativas e sociedades laborais, por persoas traballadoras de entidades con negocios en crise ou sen remuda xeracional, por persoas traballadoras autónomas ou mediante a transformación de todo tipo de sociedades, incluídas as cooperativas xuvenís.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026 (código de procedemento TR802R).

Cuarto. Contía

O orzamento total ascende a dous millóns trescentos setenta mil euros (2.370.000 €), distribuído en dúas aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Axudas de Estado

Orzamento imputado a cada Regulamento (UE)

Orzamento total convocatoria

14.04.324C.471.0

2021 00067

Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023

478.800,00 €

570.000 €

Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013

71.250,00 €

Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014

19.950,00 €

14.04.324C.771.0

2021 00067

Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023

1.512.000,00 €

1.800.000 €

Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013

225.000,00 €

Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014

63.000,00 €

Total

2.370.000 €

A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables para o caso de sociedades laborais e cooperativas constituídas por ausencia de remuda xeracional, previsto no artigo 5.1.a), e será equivalente ao 60 % do custo total dos gastos subvencionables para os casos de sociedades laborais e cooperativas constituídas por persoas autónomas ou por transformación doutras entidades, previstos no artigo 5.1.b) e 5.1.c). Nestes casos previstos nos artigos 5.1.a), 5.1.b) e 5.1.c), a contía da axuda polos conceptos subvencionables do artigo 6 terá os límites establecidos no artigo 7.1.

As axudas poden incrementarse no caso de que as entidades beneficiarias cumpran algunha das condicións reguladas no artigo 7.2 da orde.

En todo caso, a axuda total para cada entidade beneficiaria polos conceptos recollidos nos números 1 e 2 do artigo 7 da orde non poderá exceder os 46.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes comezará o quinto día hábil posterior ao día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de setembro de 2026, agas que se produza o suposto de esgotamento do crédito orzamentario.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración