DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 3 de xullo de 2026 Páx. 37684

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2026 pola que se notifican as resolucións da Presidencia do Fondo Español de Garantía Agraria relativas á denegación de determinadas solicitudes e á asignación complementaria de dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da reserva nacional da campaña 2025.

Para os efectos de establecer en Galicia o procedemento de solicitude para a asignación de dereitos de axuda básica á renda para á sustentabilidade procedentes da reserva nacional da campaña 2025, no marco establecido polo Real decreto 1045/2022, do 27 de decembro, sobre dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da política agraria común, publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural, do 25 de febreiro de 2025, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 20 a 29 do Real decreto 1045/2022, tramitou e informou sobre as solicitudes de acceso á reserva nacional, e deu traslado dos expedientes á persoa titular da Presidencia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) para a súa resolución.

De acordo co disposto no artigo 28.1 do devandito Real decreto 1045/2022, a persoa titular da Presidencia do FEGA comunicou ao Fogga, para a súa notificación ás persoas solicitantes, a resolución sobre a asignación complementaria de solicitudes de dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da reserva nacional e a denegación detallada de determinadas solicitudes.

Conforme o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública e notificar na páxina web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/dereitos/dereitos-abrs-23-27) a resolución da persoa titular da Presidencia do FEGA de asignación complementaria de dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da reserva nacional da campaña 2025 e a actualización de solicitudes que foron denegadas polas causas que se detallan en cada caso.

Segundo. Contra a resolución da persoa titular da Presidencia do FEGA, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2026

Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria