DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 3 de xullo de 2026 Páx. 37686

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2026 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario recollido na Resolución do 26 de xuño de 2025 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III_2025) (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

O Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (Moves III) para o ano 2025 está regulado polo Real decreto lei 3/2025, que pola súa vez remite ao establecido polo Real decreto 266/2021, do 13 de abril. A convocatoria destas axudas no ámbito territorial de Galicia formalizouse mediante a Resolución da Dirección do Inega do 26 de xuño de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 123, do 30 de xuño.

A citada Resolución do 26 de xuño de 2025 foi modificada pola Resolución do 1 de outubro de 2025, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes (DOG núm. 192, do 6 de outubro); pola Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG núm. 252, do 31 de decembro), pola que se amplía o crédito orzamentario do programa en 14.000.000,00 €, e pola Resolución do 19 de febreiro de 2026 (DOG núm. 39, do 27 de febreiro), que amplía novamente o crédito orzamentario do programa, o cal ascende a 34.936.965,35 €.

En canto á posibilidade de ampliar o orzamento, o artigo 10.13 do Real decreto 266/2021, do 13 de abril, prevé a posibilidade de que, durante os dous meses seguintes á finalización da vixencia das correspondentes convocatorias, se asigne o orzamento entre programas a criterio da Comunidade Autónoma e se incorporen, de ser o caso, os remanentes correspondentes ao orzamento que non se puidese destinar aos investimentos directos. De acordo con isto, a Xunta de Galicia notificoulle con carácter previo a nova distribución ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo responsable da coordinación e seguimento do Moves III, conforme o artigo 9 do citado real decreto.

O artigo 3.2 da convocatoria prevé a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada de calquera das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Esta ampliación estará condicionada, de ser o caso, á aprobación da modificación orzamentaria que corresponda e poderá dar lugar á concesión de novas subvencións de acordo coa orde de prelación das solicitudes resultante da aplicación dos criterios establecidos nas bases reguladoras da convocatoria. No caso de que se produza unha ampliación de crédito, esta será publicada no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal), para os efectos da súa publicidade e transparencia. No mesmo artigo 3.2 establécese a posibilidade de redistribuír o crédito para adaptalo á evolución da demanda de axudas en cada unha das epígrafes.

Por todo o anterior, sobre a base dos requisitos e das condicións previstas na normativa anteriormente citada,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar e redistribuír os fondos destinados ao Moves III_2025, para o que se modifican os números 1 e 2 do artigo 3 da Resolución do 26 de xuño de 2025, que quedarán redactados do seguinte xeito:

«1. As subvencións previstas nesta convocatoria financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 35.304.722,88 euros.

O orzamento por partida e anualidade redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 09.A3.733A.703.1, 09.A3.733A.745.4, 09.A3.733A.744.2, 09.A3.733A.762.1, 09.A3.733A.772.1 e 09.A3.733A.782.1.

2. O crédito máximo segundo a tipoloxía de proxecto será o seguinte:

Tipo de actuación

Orzamento total (€)

Programa de incentivos 1: adquisición de vehículos eléctricos (80 %)

29.717.329,81

Programa de incentivos 2: implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos (20 %)

5.587.393,07

Total

35.304.722,88»

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no DOG, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar as solicitudes.

Terceiro. Esta modificación entrará en vigor o día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2026

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia