No Diario Oficial de Galicia número 98, do 28 de maio de 2026, publicouse a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A)
A través da dita orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2026, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas, a través das seguintes liñas:
a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
b) Liña 2: prevención e atención da violencia de xénero no ámbito do tecido asociativo de mulleres, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 11 de maio de 2026 e dirixiranse, xunto coa documentación necesaria, ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social. Así mesmo, no artigo 8 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento do ámbito territorial correspondente, neste caso a unidade de igualdade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, e emitiuse o requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación ao abeiro do disposto no artigo 12.1.
O parágrafo segundo do dito artigo 12.1 da Orde do 11 de maio de 2026 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes se publicarán no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A), emitido pola Unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade o 8 de xullo de 2026, por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI437A 2026).
2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece no requirimento notificado a través desta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desisten da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 9 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos ao procedemento SI437A SI437A-Axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres-Sede electrónica-Xunta de Galicia.
4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación destas solicitudes, poderán dirixirse á unidade de igualdade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade a través do teléfono indicado no artigo 25 da convocatoria (A Coruña: 881 88 12 54), ou presencialmente.
A Coruña, 9 de xullo de 2026
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Requirimento de emenda de documentación (SI437A 2026)
Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estaren debidamente cubertas e/ou non se achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Data do requirimento: 8 de xullo de 2026.
Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desisten da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Órgano instrutor: Unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade.
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:
|
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Documentación requirida |
|
SI437A-2026-000000017 |
Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y Desarrollo |
G70464334 |
Anexo I. Anexo II expedido e asinado electronicamente pola secretaría. |
|
SI437A-2026-000000021 |
Asociación Mirabal |
G70312954 |
Compromiso de coordinación da entidade co territorio debidamente cuberto e asinado. |
|
SI437A-2026-000000022 |
Asociación para el Empoderamiento de Personas Vulnerables y/o en Riesgo de Exclusión |
G70573514 |
Compromiso de coordinación da entidade co territorio debidamente cuberto e asinado. |
|
SI437A-2026-000000025 |
Asociación Visibles |
G70601570 |
Anexo I debidamente cuberto e asinado. |
|
SI437A-2026-000000026 |
Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos) |
G05324314 |
Anexo I: o custo total da actuación non pode ser inferior á subvención solicitada. |
