DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 41045

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).

A Axencia Galega da Industria Forestal, entidade adscrita á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, de conformidade co Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia e co Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, configúrase como un organismo público que ten como eixe principal levar a cabo as actuacións precisas para impulsar a actividade económica asociada á industria forestal galega.

Nos termos recollidos no artigo 2 da versión vixente dos estatutos da Axencia Galega da Industria Forestal, aprobados polo Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos, defínense como obxectivos principais da Axencia tanto incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente como mellorar a competitividade como a innovación das empresas do sector forestal-madeira, con especial incidencia na segunda e seguintes fases de transformación do recurso, e a definición e promoción de estratexias que permitan acadar unha convivencia saudable e sustentable entre o aproveitamento e a industrialización dos recursos naturais, que deberán ter en conta a conservación do patrimonio natural e a biodiversidade, e basearse no uso sustentable dos ditos recursos naturais.

Así mesmo, no artigo 8 dos seus estatutos, configúranse como competencias e funcións da Axencia outorgar e xestionar subvencións nas materias da súa competencia, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Neste senso, a visión estratéxica a longo prazo publicada pola Comisión Europea para unha economía próspera, moderna, competitiva e climaticamente neutra exixe unha redución drástica das emisións de gases de efecto invernadoiro para 2050.

O Pacto verde europeo da Comisión Europea, unha nova estratexia de crecemento que ten como obxectivo preservar o planeta para as xeracións futuras, pode ser unha oportunidade para avanzar acelerando os nosos progresos no cumprimento dos obxectivos do cambio climático. A folla de ruta para o seu desenvolvemento, obxectivo 55, establece o obxectivo de reducir as emisións netas dos gases de efecto invernadoiro da UE, cando menos, nun 55 % en 2030, respecto de 1990. A través desta, descríbese unha visión a longo prazo para o ambiente, que involucra todos os sectores da economía, orientada a acadar o obxectivo de neutralidade climática.

Xa que logo, todos debemos contribuír a este obxectivo, e a industria forestal xogará un papel fundamental tanto pola fixación do CO2 como polo secuestro deste, e polo seu gran potencial de substitución doutros produtos. Sen dúbida, a industria forestal será a chave que axude a outros sectores na transición cara á descarbonización.

A Unión Europea calcula que, no seu conxunto, os edificios son responsables do 40 % do consumo enerxético da UE e do 36 % dos gases de efecto invernadoiro, sinalando que o sector da construción pode mesmo pasar de emitir carbono a reducilo se se utilizan materiais de construción orgánicos como a madeira.

A madeira é un material natural, reciclable e reutilizable que retén CO2 e o fixa durante todo o seu ciclo de vida. Os procesos de fabricación de produtos de madeira para a construción son minimamente contaminantes e consumidores de enerxía. Por engadido, a madeira posúe unhas calidades naturais de illamento térmico excepcionais que contribúen á eficiencia enerxética e achega confort aos espazos.

Así pois, a madeira contribúe a reducir o consumo enerxético non só durante o uso do edificio senón tamén do consumo necesario para a súa construción e desmantelamento.

Esta resolución ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais. Pretende promover a utilización da madeira en construción para impulsar o desenvolvemento de sistemas construtivos sustentables, a utilización de materias naturais, reciclables e reutilizables e a redución do consumo enerxético.

Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega da Industria Forestal asignados para esta finalidade, conforme o establecido no Plan director da industria forestal-madeira e tendo en conta o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Con esta finalidade, na Lei 4/2025, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 está consignado un crédito de 2.155.360,35 euros para a indicada anualidade e de 2.844.639,65 euros para o ano 2027, con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.A4.741A.772.0 e 14.A4.741A.780.3 no código de proxecto (2021 00001) con que se financian os importes das axudas que se establecen nesta convocatoria.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Axencia e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega da Industria Forestal para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G) e efectuar a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2026.

2. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G)

Artigo 2. Liñas de apoio

1. As subvencións reguladas por estas bases pretenden contribuír a fomentar o uso da madeira como elemento estrutural mediante as seguintes liñas de apoios:

– Liña 1.1 (código de procedemento MR502B): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de vivenda unifamiliar ou colectiva e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

– Liña 1.2 (código de procedemento MR502D): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de vivenda unifamiliar que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

– Liña 2.1 (código de procedemento MR502F): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de vivenda unifamiliar ou colectiva e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

– Liña 2.2 (código de procedemento MR502G): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de vivenda unifamiliar que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) Para as liñas 1.1 (código de procedemento MR502B) e 2.1 (código de procedemento MR502F): as comunidades de montes veciñais en man común de Galicia (en diante, CMVMC), as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes), incluídas as persoas autónomas, que conten con domicilio social ou cun centro de traballo radicado en Galicia, así como as cooperativas, asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, que desenvolvan a súa actividade en Galicia.

Para os efectos das axudas de minimis e conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.

Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, pola que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (inclúe persoas autónomas que cumpran a condición de empresa). Segundo esta definición, son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto na versión vixente do artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, na data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Para as liñas 1.2 (código de procedemento MR502D) e 2.2 (código de procedemento MR502G): as persoas físicas, sexa de xeito individual ou unha pluralidade delas, que residan en Galicia.

No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de persoas físicas, todas as persoas solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias:

• Aquelas solicitantes nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Aquelas solicitantes que entren dentro da categoría de empresa en crise, de acordo coa definición do artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. As empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

• As solicitantes que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando estas sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004. Para verificar o cumprimento deste requisito, as solicitantes deberán achegar, xunto coa súa solicitude, a acreditación do nivel de cumprimento mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. Os requisitos para ser beneficiarias deberán cumprirse na data de publicación da convocatoria.

Artigo 4. Actuacións subvencionables

1. As actuacións deberán estar encadradas nunha das liñas de apoio definidas no artigo 2.

2. Para que as actuacións teñan a consideración de subvencionables, deberán executarse dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Para que as actuacións teñan a consideración de subvencionables, deberán recoller a redacción de proxectos ou a execución de obras incorporando produtos de madeira ou derivados da madeira (excluíndo os composites en que os materiais lignocelulósicos supoñan menos dun 50 % en peso) dos sistemas estrutural, de compartimentación, envolvente e acabados (excluíndo as carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabados interiores). En diante, estes produtos empregados nos sistemas referidos denominaranse «produtos ECEA».

4. Configúranse como requisitos específicos de cada unha das liñas de apoio recollidas no artigo 2 os seguintes:

a) Liña 1.1 (código de procedemento MR502B):

i. A edificación proxectada deberá estar vinculada a unha promoción inmobiliaria ou a un establecemento de negocio e estará destinada a un uso residencial (unifamiliar ou colectivo), industrial (incluídos os vinculados á transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais), comercial, recreativo, hoteleiro, oficinas, sanitario-asistencial, educativo, cultural ou deportivo segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

ii. O proxecto de execución deberá recoller unha nova edificación ou a intervención nunha preexistente mediante a súa rehabilitación ou reforma segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

iii. O proxecto de execución deberá recoller a realización total ou parcial da estrutura empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

iv. O proxecto de execución deberá estar asinado por técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, en función da natureza deste.

v. No proxecto de execución, deberá constar como promotora a beneficiaria da axuda.

vi. O sumatorio dos custos correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación) deberá ser maior ou igual ao 20 % do orzamento de execución material do proxecto de execución.

O cumprimento destes requisitos verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación do proxecto de execución e do certificado da persoa proxectista que a beneficiaria deberá presentar xunto coa solicitude de pagamento final da axuda e conforme o artigo 21.3.b) letras i e ii.

b) Liña 1.2 (código de procedemento MR502D):

i. A edificación proxectada deberá estar destinada a uso residencial unifamiliar segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

ii. O proxecto de execución deberá recoller unha nova edificación ou a intervención nunha preexistente mediante a súa rehabilitación ou reforma, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

iii. O proxecto de execución deberá recoller a realización total ou parcial da estrutura empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

iv. O proxecto de execución deberá estar asinado por técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, en función da natureza deste.

v. No proxecto de execución, deberá constar como promotora a beneficiaria da axuda.

vi. O sumatorio dos custos correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación) deberá ser maior ou igual ao 20 % do orzamento de execución material do proxecto de execución.

O cumprimento destes requisitos verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación do proxecto de execución e do certificado da persoa proxectista que a beneficiaria deberá presentar xunto coa solicitude de pagamento final da axuda e conforme o artigo 21.3.b) letras i e ii.

c) Liña 2.1 (código de procedemento MR502F):

i. A edificación estará vinculada a unha promoción inmobiliaria ou a un establecemento de negocio e deberá estar destinada a un uso residencial (unifamiliar ou colectivo), industrial (incluídos os vinculados á transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais), comercial, recreativo, hoteleiro, oficinas, sanitario-asistencial, educativo, cultural ou deportivo, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

ii. A obra terá por obxecto unha nova edificación ou a intervención nunha preexistente mediante a súa rehabilitación ou reforma segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

iii. A estrutura da edificación será realizada total ou parcialmente empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

iv. O sumatorio dos custos correspondentes á totalidade dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) colocados en obra, subvencionados ou non, deberá ser maior ou igual ao 20 % do importe total da liquidación final da obra executada.

v. O importe subvencionable dos investimentos para os que se solicita a axuda será maior ou igual a 25.000 euros.

O cumprimento dos requisitos i, ii e iii verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación do proxecto de execución e do certificado da persoa proxectista que a beneficiaria deberá presentar xunto á solicitude de pagamento final da axuda e conforme o artigo 21.3.c) letras i e ii.

O cumprimento do requisito iv verificarase unha vez finalizada a totalidade da obra, mediante a comprobación da certificación da liquidación final e da certificación da liquidación parcial que a beneficiaria deberá presentar xunto coa comunicación de fin de obra e conforme o establecido artigo 22.1.b) letras ii e iii.

O cumprimento do requisito v verificarase en fase de solicitude da axuda.

d) Liña 2.2 (código de procedemento MR502G):

i. A edificación deberá estar destinada a uso residencial unifamiliar segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

ii. A obra terá por obxecto unha nova edificación ou a intervención nunha preexistente mediante a súa rehabilitación ou reforma segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

iii. A estrutura da edificación será realizada total ou parcialmente empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

iv. O sumatorio dos custos correspondentes á totalidade dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) colocados en obra, subvencionados ou non, deberá ser maior ou igual ao 20 % do importe total da liquidación final da obra executada.

v. O importe subvencionable dos investimentos para os que se solicita a axuda será maior ou igual a 25.000 euros.

O cumprimento dos requisitos i, ii e iii verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación do proxecto de execución e do certificado da persoa proxectista que a beneficiaria deberá presentar xunto coa solicitude de pagamento final da axuda e conforme o artigo 21.3.c) letras i e ii.

O cumprimento do requisito iv verificarase unha vez finalizada a totalidade da obra, mediante a comprobación da certificación da liquidación final e da certificación da liquidación parcial que a beneficiaria deberá presentar xunto coa comunicación de fin de obra e conforme o establecido no artigo 22.1.b) letras ii e iii.

O cumprimento do requisito v verificarase en fase de solicitude da axuda.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Considéranse subvencionables os gastos que cumpran os requisitos sinalados a continuación:

a) Aqueles que respondan de maneira indubidable á natureza da actividade subvencionada en cada liña e que resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento da acción para a cal foron concedidos.

b) En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Para verificar este aspecto, poderanse realizar comprobacións adicionais sobre o valor de mercado dos bens ou servizos imputados ao proxecto por calquera dos medios previstos no artigo 30.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do período de execución das actuacións que será establecido na convocatoria.

d) Os bens e servizos subvencionados deberán ser adquiridos a terceiros; as persoas provedoras non poderán estar asociadas nin vinculadas coa persoa solicitante ou cos órganos directivos ou xestores, entendendo esta vinculación nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Cando o importe (IVE excluído) dos investimentos para os que se solicita axuda iguale ou supere a contía de 15.000 euros para as liñas 1.1 e 1.2, e de 40.000 euros para as liñas 2.1 e 2.2, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes persoas provedoras, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que, polas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou fornezan ou salvo que o investimento se iniciase con anterioridade á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

f) As ofertas presentadas para cada gasto deberán estar asinadas electronicamente pola persoa ou entidade oferente, salvo que o investimento se iniciase con anterioridade á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e cumprir os seguintes requisitos:

i. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a realización das actividades incluídas na oferta.

ii. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

iii. Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e dirección da oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.

iv. Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

g) A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia, de economía e ambientais, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria esta elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa. En caso contrario, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

No caso de entidades beneficiarias que teñan a condición de poder adxudicador suxeito á normativa de contratación pública, deberán respectar a Lei 9/2017, de contratos do sector público, nos termos que procedan.

2. Configúranse como conceptos de gastos subvencionables para cada unha das liñas de apoio os seguintes:

a) Liñas 1.1 e 1.2:

• Custos dos honorarios técnicos de redacción do proxecto de execución. Os proxectos poderanse redactar nunha única fase ou dividirse en proxecto básico e proxecto de execución.

b) Liñas 2.1 e 2.2:

• Custos correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación).

3. Non se considerarán subvencionables en ningunha das liñas:

a) O imposto sobre o valor engadido que sexa recuperable conforme a normativa nacional, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional, sen prexuízo do establecido para os instrumentos financeiros.

b) Taxas de permisos ou licenzas.

c) Custo do visado colexial.

d) Custos dos honorarios técnicos correspondentes á redacción do anteproxecto, á dirección de execución, á dirección de obra ou á coordinación da Seguridade e Saúde en fase de execución.

e) Os demais que se recollen no artigo 29.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Importe das axudas

1. As axudas que se outorguen ao abeiro destas bases concederanse en forma de subvención, como unha porcentaxe do custo subvencionable dentro dos límites de intensidade previstos para cada liña que se indican a seguir:

a) Liñas 1.1 e 1.2:

A intensidade máxima de axuda será do 50 % do gasto subvencionable; porén, esta porcentaxe poderá verse incrementada:

• Nun 10 %, se a solicitante asume o compromiso de que, cando menos, un 10 % dos custos dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) do orzamento de execución material do proxecto de execución se correspondan con produtos que procedan de montes galegos xestionados de forma sustentable (con certificado PEFC ou FSC) con garantía desta orixe e calidade, así como da súa rastrexabilidade, mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia denominada Fortra.

O cumprimento deste compromiso verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación do proxecto de execución e do certificado da persoa proxectista que a beneficiaria deberá presentar xunto coa solicitude de pagamento final da axuda e conforme o artigo 21.3.b) letras i e iv.

A asunción pola solicitante deste compromiso respecto do proxecto de execución suporá, adicionalmente, a obriga de que estes produtos se coloquen en obra. O cumprimento desta obriga verificarase unha vez finalizada a totalidade da obra, mediante o/os QR correspondentes e as fotografías que a beneficiaria deberá presentar xunto coa comunicación de fin de obra e conforme o establecido no artigo 22.1.a).v.

• Nun 10 %, se a solicitante asume o compromiso de que, cando menos, un 10 % dos custos dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) do orzamento de execución material do proxecto de execución dispoñan da marca de garantía «Pino de Galicia».

O cumprimento deste compromiso verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación do proxecto de execución e do certificado da persoa proxectista que a beneficiaria deberá presentar xunto coa solicitude de pagamento final da axuda e conforme o artigo 21.3.b) letras i e v.

A asunción pola solicitante deste compromiso respecto do proxecto de execución suporá, adicionalmente, a obriga de que estes produtos se coloquen en obra. O cumprimento desta obriga verificarase unha vez finalizada a totalidade da obra, mediante a correspondente factura e fotografía, que a beneficiaria deberá presentar xunto coa comunicación de fin de obra e conforme o establecido no artigo 22.1.a).vi.

Estas porcentaxes poderán ser acumulativas ata un 70 % do gasto subvencionable.

O importe máximo da subvención non superará en ningún caso os 35.000,00 euros para a liña 1.1 e os 10.000,00 euros para a liña 1.2.

Adicionalmente, no caso de que a obra teña a consideración de edificación en altura segundo a definición recollida no anexo XVI, o importe máximo da subvención da liña 1.1 incrementarase en 5.000,00 euros por cada planta piso ou alta adicional, contado desde o limiar para a consideración de edificación en altura.

Adicionalmente, no caso de que a edificación estea destinada a un uso residencial colectivo segundo a definición recollida no anexo XVI, o importe máximo da subvención da liña 1.1 incrementarase en 500,00 euros por cada vivenda.

No caso de promocións singulares encadradas na liña 1.1, segundo a definición recollida no anexo XVI, debidamente motivadas e validadas polo órgano instrutor, o importe máximo de subvención ascenderá a 70.000,00 euros.

b) Liña 2.1:

A intensidade máxima de axuda será do 50 %; porén, esta porcentaxe poderá verse incrementada:

• Nun 10 %, se a solicitante asume o compromiso de que, cando menos, un 10 % dos custos dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) subvencionados proceden de montes galegos xestionados de forma sustentable (con certificado PEFC ou FSC), deberá acreditarse a dita orixe e calidade garantindo a súa rastrexabilidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia, denominada Fortra.

Para que este incremento sexa de aplicación, as ofertas presentadas xunto coa solicitude de axuda deberán recoller esta característica do produto e deberán identificarse os conceptos que cumpren estas condicións no anexo de solicitude da axuda.

O cumprimento deste compromiso verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación da/das factura/s, da liquidación das actuacións subvencionadas, do/dos QR correspondentes e das fotografías que a beneficiaria deberá presentar conforme o establecido nas letras a) e c) do artigo 21.3.

• Nun 10 %, se a solicitante asume o compromiso de que, cando menos, un 10 % dos custos dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) subvencionados dispoñen da marca de garantía «Pino de Galicia».

Para que este incremento sexa de aplicación, as ofertas presentadas xunto coa solicitude de axuda deberán considerar esta característica do produto e deberán identificarse os conceptos que cumpren esta condición no anexo de solicitude da axuda.

O cumprimento deste compromiso verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación da/das factura/s, da liquidación das actuacións subvencionadas e das fotografías que a beneficiaria deberá presentar conforme o establecido nas letras a) e c) do artigo 21.3.

Estas porcentaxes poderán ser acumulativas até un 70 % do gasto subvencionable.

O importe máximo da subvención non superará, de modo xeral, os 35.000 euros podendo incrementarse a súa contía ata:

• 45.000 euros, cando a persoa solicitante declare responsablemente que os custos correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación), subvencionados ou non, suporán, cando menos, o 30 % do importe total da liquidación final da obra executada.

O cumprimento deste requisito verificarase a través da documentación presentada xunto coa comunicación de fin de obra establecida no artigo 22.

• 55.000 euros, cando a persoa solicitante declare responsablemente que os custos correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación), subvencionados ou non, suporán, cando menos, o 40 % do importe total da liquidación final da obra executada.

O cumprimento deste requisito verificarase a través da documentación presentada xunto coa comunicación de fin de obra establecida no artigo 22.

Adicionalmente, no caso de que a obra teña a consideración de edificación en altura segundo a definición recollida no anexo XVI, o importe máximo de subvención da liña 2.1 incrementarase en 20.000 euros por cada planta piso ou alta adicional, contado desde o limiar para a consideración de edificación en altura.

Adicionalmente, no caso de que a edificación estea destinada a un uso residencial colectivo segundo a definición recollida no anexo XVI, o importe máximo de subvención da liña 2.1 incrementarase en 1.000,00 euros por cada vivenda.

No caso de promocións singulares encadradas na liña 2.1, segundo a definición recollida no anexo XVI, debidamente motivadas e validadas polo órgano instrutor, o importe máximo de subvención ascenderá a 200.000,00 euros.

c) Liña 2.2:

A intensidade máxima de axuda será do 50 %; porén, esta porcentaxe poderá verse incrementada:

• Nun 10 %, se, cando menos, un 10 % custos dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) subvencionados proceden de montes galegos xestionados de forma sustentable (con certificado PEFC ou FSC), deberá acreditarse a dita orixe e calidade garantindo a súa rastrexabilidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia, denominada Fortra.

Para que este incremento sexa de aplicación, as ofertas presentadas xunto coa solicitude de axuda deberán recoller esta característica do produto e deberán identificarse os conceptos que cumpren estas condicións no anexo de solicitude da axuda.

O cumprimento deste compromiso verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación da/das factura/s, da liquidación das actuacións subvencionadas, do/dos QR correspondentes e das fotografías que a beneficiaria deberá presentar conforme o establecido nas letras a) e c) do artigo 21.3.

• Nun 10 %, se, cando menos, un 10 % custos dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) subvencionados dispoñen da marca de garantía «Pino de Galicia».

Para que este incremento sexa de aplicación, as ofertas presentadas xunto coa solicitude de axuda deberán recoller esta característica do produto e deberán identificarse os conceptos que cumpren esta condición no anexo de solicitude da axuda.

O cumprimento deste compromiso verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación da/das factura/s, da liquidación das actuacións subvencionadas e das fotografías que a beneficiaria deberá presentar conforme o establecido nas letras a) e c) do artigo 21.3.

Estas porcentaxes poderán ser acumulativas até un 70 % do gasto subvencionable.

O importe máximo da subvención non superará, de modo xeral, os 20.000 euros podendo incrementarse a súa contía ata:

• 30.000 euros, cando a persoa solicitante declare responsablemente que os custos correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación), subvencionados ou non, suporán, cando menos, o 30 % do importe total da liquidación final da obra executada.

O cumprimento deste requisito verificarase a través da documentación presentada xunto coa comunicación de fin de obra establecida no artigo 22.

• 40.000 euros, cando a persoa solicitante declare responsablemente que os custos correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación), subvencionados ou non, suporán, cando menos, o 40 % do importe total da liquidación final da obra executada.

O cumprimento deste requisito verificarase a través da documentación presentada xunto coa comunicación de fin de obra establecida no artigo 22.

2. En calquera caso, o importe máximo de subvención total acumulada por beneficiario será de 90.000 euros para aquelas persoas beneficiarias das liñas 1.1 e 2.1, podendo chegar ata os 250.000 euros no caso de edificación en altura con madeira e/ou de que a edificación estea destinada a un uso residencial colectivo e/ou no caso de promocións singulares. O importe máximo de subvención total para aquelas persoas beneficiarias das liñas 1.2 e 2.2 ascende a 45.000 euros.

Artigo 7. Solicitudes

1. As solicitudes das liñas 1.1 e 2.1 presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

2. As solicitudes das liñas 1.2 e 2.2 presentaranse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. A presentación dunha solicitude a esta convocatoria implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras.

5. O prazo de presentación de solicitudes será establecido na convocatoria.

6. As persoas solicitantes poderán presentar como máximo unha solicitude por liña ao abeiro da convocatoria. No caso que se presenten dúas ou máis solicitudes por liña, será tomada en consideración unicamente a primeira presentada en prazo e non se admitirán a trámite as restantes.

7. As solicitudes deberán, ademais, acompañarse das declaracións responsables da persoa solicitante que se indican a continuación e tal e como constan nos modelos dos anexos I, II, III e IV, segundo o caso, así como da documentación complementaria recollida no artigo seguinte:

i. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente, público ou privado, nacional ou internacional.

ii. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e da aceptación das condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

iii. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

iv. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades para as que se solicita a axuda.

v. Declaración responsable de que ningunha das persoas provedoras está asociada nin vinculada coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

vi. Declaración responsable de que se compromete á finalización da execución da totalidade da obra nun período non superior a 30 meses contados desde a data límite de xustificación da segunda anualidade establecida na convocatoria.

vii. Declaración responsable de que se compromete a que a estrutura da edificación será realizada total ou parcialmente empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

viii. Declaración responsable de que se compromete a cumprir coas obrigas e requisitos sinalados no artigo 19.

ix. Declaración responsable respecto da subvencionabilidade do imposto sobre o valor engadido.

x. No caso de CMVMC, declaración responsable de estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, na data de publicación da convocatoria no DOG.

8. De xeito opcional, as persoas solicitantes poderán presentar para as liñas 1.1 e 1.2 e a través do anexo I ou II, segundo o caso, unha solicitude de incremento da intensidade de axuda mediante:

i. Declaración responsable de que, cando menos, un 10 % dos custos dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) do orzamento de execución material do proxecto de execución se corresponderá con produtos que procedan de montes galegos xestionados de forma sustentable (con certificado PEFC ou FSC) con garantía desta orixe e calidade, así como da súa rastrexabilidade, mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia denominada Fortra e de que estes produtos serán colocados en obra.

ii. Declaración responsable de que, cando menos, un 10 % custos dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) do orzamento de execución material do proxecto de execución disporán da marca de garantía «Pino de Galicia» e de que estes produtos serán colocados en obra.

9. De xeito opcional, as persoas solicitantes poderán presentar para as liñas 2.1 e 2.2 e a través do anexo III ou IV, segundo o caso, unha solicitude de incremento da intensidade de axuda mediante:

i. Declaración responsable de que, cando menos, un 10 % dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) subvencionados procederán de montes galegos xestionados de forma sustentable (con certificado PEFC ou FSC), deberá acreditarse a dita orixe e calidade garantindo a súa rastrexabilidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia, denominada Fortra.

ii. Declaración responsable de que, cando menos, un 10 % custos dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) subvencionados disporán da marca de garantía «Pino de Galicia».

10. De xeito opcional, as persoas solicitantes poderán presentar para as liñas 2.1 e 2.2 e a través do anexo III ou IV, segundo o caso, unha solicitude de incremento do importe máximo de subvención mediante:

i. Declaración responsable de que os custos correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación) suporán, cando menos, o 30 % do importe total da liquidación final da obra executada.

ii. Declaración responsable de que os custos correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación) suporán, cando menos, o 40 % do importe total da liquidación final da obra executada.

11. Ademais, de xeito específico para as liñas 1.1 e 2.1 presentarase mediante o anexo I ou III, segundo o caso:

i. Declaración responsable de que a empresa solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

ii. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos suxeitas ao réxime de minimis nos tres anos previos.

iii. Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, de ser de aplicación.

iv. Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar, segundo a liña solicitada, a solicitude de axuda (anexo I, II, III ou IV, segundo corresponda) coa seguinte documentación:

a) Liña 1.1:

i. Para acreditar a condición de peme, declaración da persoa solicitante e das empresas vinculadas ou asociadas con esta, segundo os anexos VI.1 Declaración relativa á condición de peme, VI.2 Declaración relativa á condición de peme e VI.3 Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado.

ii. Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros e cando as persoas solicitantes sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, acreditación do nivel de cumprimento dos prazos de pagamentos previstos na Lei 3/2004 mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

iii. Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos, de conformidade co disposto no artigo 5 destas bases.

iv. Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

v. Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso de sociedades.

vi. Imposto de sociedades (modelo 200) do último exercicio pechado, no caso de sociedades.

vii. Certificación da situación no censo de actividades económicas, no caso de persoas autónomas.

viii. Estatutos sociais, no caso de asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro.

ix. Certificado do acordo que autoriza o/a presidente/a a presentar a solicitude das axudas ao abeiro desta convocatoria, tomado en asemblea xeral e asinado polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a, no caso de CMVMC.

x. Memoria motivada xustificativa do cumprimento dos requisitos de promoción singular segundo as definicións do anexo XVI, de ser o caso.

b) Liña 1.2:

i. Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos, de conformidade co disposto no artigo 5 destas bases.

ii. Anexo V de pluralidade de solicitantes.

iii. Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

c) Liña 2.1:

i. Para acreditar a condición de peme, declaración da persoa solicitante e das empresas vinculadas ou asociadas con esta, segundo os anexos VI.1 Declaración relativa á condición de peme, VI.2 Declaración relativa á condición de peme e VI.3 Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado.

ii. Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros e cando as persoas solicitantes sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, acreditación do nivel de cumprimento dos prazos de pagamentos previstos na Lei 3/2004 mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

iii. Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos, de conformidade co disposto no artigo 5 destas bases. Incluirán detalle da descrición da unidade de obra, medición, unidade de medida, prezo unitario e importe resultante, así como o importe total da oferta. Ademais, no caso de que os contratos, orzamentos ou facturas pro forma inclúan unidades de obra non subvencionables ou para os que non se solicita axuda, deberán acompañarse dun orzamento parcial das unidades de obra computables emitido pola persoa provedora.

iv. Proxecto básico ou proxecto de execución, no caso de dispor deste último.

v. Solicitude de licenza de obra ou licenza, no caso de dispor desta última.

vi. Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

vii. Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso de sociedades.

viii. Imposto de sociedades (modelo 200) do último exercicio pechado, no caso de sociedades.

ix. Certificación da situación no censo de actividades económicas, no caso de persoas autónomas.

x. Estatutos sociais, no caso de asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro.

xi. Certificado do acordo que autoriza o/a presidente/a a presentar a solicitude das axudas ao abeiro desta convocatoria, tomado en asemblea xeral e asinado polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a, no caso de CMVMC.

xii. Memoria motivada xustificativa do cumprimento dos requisitos de promoción singular segundo as definicións do anexo XVI, de ser o caso.

d) Liña 2.2:

i. Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos, de conformidade co disposto no artigo 5 destas bases. Incluirán detalle da descrición da unidade de obra, medición, unidade de medida, prezo unitario e importe resultante, así como o importe total da oferta. Ademais, no caso de que os contratos, orzamentos ou facturas pro forma inclúan unidades de obra non subvencionables ou para os que non se solicita axuda, deberá achegarse un orzamento parcial das unidades de obra computables emitido pola persoa provedora.

ii. Proxecto básico ou proxecto de execución, no caso de dispor deste último.

iii. Solicitude de licenza de obra ou licenza, no caso de dispor desta última.

iv. Anexo V de pluralidade de solicitantes.

v. Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. Cando se trate das liñas 1.1 e 2.1, a documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Para as liñas 1.2 e 2.2, a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deste.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

8. Sen prexuízo do disposto no punto 2, a Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

9. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

i. DNI/NIE da persoa solicitante.

ii. NIF da entidade solicitante.

iii. DNI/NIE da persoa representante.

iv. Consulta de datos de residencia con data da última variación do padrón.

v. Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.

vi. Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.

vii. Consulta de axudas do Estado.

viii. Consulta de concesións de axudas e subvencións de minimis ampliado.

ix. Certificado de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

x. Certificado de estar ao día nas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.

xi. Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

xii. Imposto de actividades económicas (IAE).

xiii. Rexistro provincial de CMVMC.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. No caso de que a persoa solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias das subvencións están obrigadas a fornecer á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, despois de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Órganos competentes

1. A Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal será o órgano competente para a instrución do procedemento.

2. A Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal convocará e resolverá as subvencións convocadas ao abeiro destas bases reguladoras, e será o órgano encargado da aplicación do réxime sancionador.

Artigo 13. Instrución

1. Na fase de instrución realizaranse de oficio cantas actuacións sexan necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos, en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria darán lugar á concesión da axuda, ata o esgotamento do crédito, respectando a súa orde de entrada sen comparación con outras solicitudes.

Considerarase como data de presentación aquela en que unha solicitude reúna toda a documentación requirida, unha vez emendadas todas as posibles deficiencias. Unha resposta a un requirimento de información meramente aclaratoria non terá a consideración de emenda de deficiencia e non afectará, polo tanto, a data de presentación.

Unha mellora voluntaria da solicitude implicará a consideración de que a solicitude non reunía toda a documentación requirida e si afectará, polo tanto, a data de presentación.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se unha solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos na convocatoria e nas bases reguladoras ou non se acompaña da documentación exixida, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fai, se terá por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución.

4. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria e das bases reguladoras, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán ao dispor do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de non admisión, na cal se indicarán as causas desta.

6. Unha vez concluída a instrución da totalidade dos expedientes dunha liña, ou ben, dun grupo deles, atendidos por orde de presentación da solicitude segundo se define no punto 2 deste artigo, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución individual ao director da Axencia para ditar a correspondente resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada. Na devandita proposta indicarase o número de expediente, a identidade da persoa solicitante, a data de presentación da solicitude, a actuación subvencionable e a contía da subvención proposta, ou ben, a causa da proposta de denegación ou non admisión, segundo corresponda.

Artigo 14. Resolución

1. A persoa titular da Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar motivada. A resolución expresará, cando menos, a identidade da persoa solicitante, a actuación subvencionada, así como a contía total da subvención concedida e a súa distribución en anualidades que, de forma xeral, se corresponderá coa distribución anual do orzamento da convocatoria ou, de ser o caso, a causa de non admisión ou denegación da solicitude, así como o seu carácter de minimis quedando suxeita ao Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Unha vez esgotado o crédito destinado á convocatoria, publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia esta circunstancia, de maneira que non poderán ser atendidas as solicitudes presentadas cunha data posterior.

2. De conformidade co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, unha vez esgotado o crédito dispoñible, poderá ampliarse cando o aumento veña derivado dalgunha das condicións previstas no devandito artigo.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de tres meses, contados a partir do día seguinte á data de entrada no rexistro da solicitude. Unha vez transcorrido este prazo, as solicitudes que non tivesen unha comunicación de aprobación de axuda poderán entenderse desestimadas segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obrigación legal de resolver pola Administración.

Artigo 15. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Réxime de recursos

Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo ante a persoa titular da presidencia da Axencia segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deberán executarse no tempo e forma que se determine na resolución de concesión.

2. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que obedezan a causas sobrevidas que non se puideron prever no momento da solicitude e que alteren as condicións técnicas ou económicas para o desenvolvemento das actuacións subvencionadas, estas poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, logo de solicitude de autorización da entidade beneficiaria.

3. Cando concorran estas circunstancias e a persoa beneficiaria precise introducir calquera modificación sobre as actuacións subvencionadas conforme as definiu na solicitude de axuda, solicitará autorización da Axencia mediante o modelo normalizado anexo VIII.

4. O prazo para solicitar a modificación da resolución de concesión será ata un (1) mes anterior á finalización do prazo para a xustificación da primeira anualidade.

5. A modificación poderase autorizar sempre que non se prexudiquen os dereitos de terceiras persoas. En todo caso, a modificación da resolución de concesión deberá respectar o obxecto da subvención, as actuacións subvencionables e non dar lugar a actuacións deficientes e incompletas.

6. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

7. Xunto coa solicitude de modificación (anexo VIII), as persoas beneficiarias deberán presentar unha memoria xustificativa, o orzamento modificado e a relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

8. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal, logo de instrución do correspondente expediente de modificación.

9. A modificación da resolución estará suxeita ás seguintes condicións:

a) As modificacións que incrementen o importe da actuación subvencionable non suporán un incremento do importe da subvención concedida. Porén, as persoas beneficiarias quedarán obrigadas a xustificar o importe modificado.

b) As autorizacións de modificacións que supoñan unha redistribución entre as anualidades de axuda concedidas estarán supeditadas á existencia de crédito orzamentario suficiente.

c) Será admisible a redución do importe total do gasto subvencionable, sempre que a redución non supere o 50 % do importe inicialmente considerado subvencionable.

d) Non se admitirán modificacións que supoñan un cambio de persoa beneficiaria.

e) As modificacións que afecten os gastos incluídos na solicitude de axuda deberán cumprir, de ser o caso, cos requisitos establecidos na letra d) do punto primeiro do artigo 5 destas bases.

10. Cando as persoas beneficiarias da subvención poñan de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, omitíndose o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, a condición de que tal aceptación non supoña danar os dereitos de terceiras persoas.

Esta aceptación por parte do órgano concedente non exime a persoa beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle conforme a citada Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Renuncia

1. Notificada a resolución, e sen prexuízo dos recursos que procedan, se transcorridos dez días hábiles desde a notificación, a persoa interesada non comunica expresamente a súa renuncia á subvención (anexo VII) entenderase que a acepta tacitamente e, desde ese momento, adquirirá a condición de beneficiaria.

2. En caso de renuncia, o órgano concedente ditará a correspondente resolución, que se notificará de conformidade co procedemento establecido no artigo 15 destas bases reguladoras.

3. Presentar a renuncia total ás axudas fóra do devandito prazo ou non presentar a renuncia nos casos de incumprimento total do investimento subvencionado, tal como queda definido o incumprimento total no artigo 23.3 e cando supoña prexuízo a terceiros, dará lugar á perda de dereito ao cobramento da subvención concedida, logo de audiencia da persoa interesada e sen prexuízo das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, suporá que a persoa beneficiaria non poderá solicitar axudas para ningún dos procedementos recollidos nesta resolución nas dúas seguintes convocatorias.

Artigo 19. Obrigas das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias das subvencións adquiren os compromisos e obrigas establecidos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable e, en particular, son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto ou realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión para o cal achegará canta información sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

e) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público das actuacións de conformidade co establecido no anexo XV destas bases.

f) Manter o investimento durante un período mínimo de cinco (5) anos, contados desde a data do último pagamento da axuda.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Executar a obra de conformidade co establecido na lexislación e no planeamento urbanístico e logo de obtención da licenza de obra.

i) Executar a obra realizando a estrutura, total ou parcialmente, empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

j) Finalizar a obra nun período non superior a 30 meses contados desde a data límite de xustificación da segunda anualidade establecida na convocatoria. No caso de que se amplíe o prazo de xustificación, de oficio ou a solicitude da beneficiaria, o período de 30 meses contarase desde a data prorrogada.

k) Comunicar a finalización da obra á Axencia Galega da Industria Forestal conforme o establecido no artigo 22.

2. O incumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como o atoparse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

Artigo 20. Xustificación da subvención

1. As datas límite para a xustificación serán as establecidas na convocatoria. Só serán subvencionables os investimentos ou actividades que se realicen efectivamente e das cales se xustifique o seu pagamento, mediante facturas e xustificantes bancarios de pagamento, dentro do período de execución establecido na convocatoria.

2. Para a primeira anualidade, só se admitirán os gastos (factura e xustificante de pagamento) realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano da convocatoria e a data límite de xustificación da primeira anualidade, establecido na correspondente convocatoria.

Para a segunda anualidade, admitiranse os gastos (factura e pagamento) comprendidos entre o 1 de xaneiro do ano da convocatoria e a data límite de xustificación da segunda anualidade que non fosen computados na primeira anualidade.

3. Os gastos subvencionables en que incorreran as empresas beneficiarias cando sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na citada lei. Os pagamentos non conformes terán a consideración de non subvencionables e suporán unha minoración proporcional da axuda.

4. Para cobrar a subvención concedida, as persoas beneficiarias deberán presentar electronicamente no caso das liñas 1.1 e 2.1 e preferiblemente deste xeito para as liñas 1.2 e 2.2, unha solicitude de pagamento mediante o modelo normalizado (anexo IX, X, XI e XII, segundo corresponda), acompañada da documentación sinalada no artigo seguinte.

5. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Axencia Galega da Industria Forestal, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento das actuacións subvencionadas.

No caso de investimentos en activos tanxibles, unha vez presentada a solicitude de pagamento realizarase, se for o caso, a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados segundo o disposto no artigo 30.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Sen prexuízo da documentación indicada nestas bases reguladoras, poderá requirirse que se acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a persoa solicitante os presentase, a Axencia iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

7. Se, transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, a persoa beneficiaria non presenta a documentación pertinente segundo o indicado, a Axencia Galega da Industria Forestal requiriraa para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente, advertíndolle de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

8. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, ditarase a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

9. En todo caso, a forma de xustificación deberá aterse ao previsto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento. Para estes efectos, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique mediante documentos bancarios, en que deberán quedar claramente identificadas as persoas ou entidades receptoras e emisoras dos pagamentos, así como o concepto destes. Non se admitirán pagamentos en efectivo.

10. A Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización da actividade obxecto da subvención e emitirá unha proposta de pagamento que elevará á Dirección da Axencia, órgano competente para ordenar o pagamento.

11. O pagamento efectuarase de forma nominativa a favor das persoas beneficiarias e despois da acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

12. Se da documentación presentada pola persoa beneficiaria para cada actividade queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na devandita actividade.

En todo caso, unha execución inferior ao 50 % do gasto subvencionable terá a consideración de incumprimento total, ocasionará a perda de dereito ao cobramento da subvención e seguirá o procedemento sinalado no artigo 23 destas bases reguladoras.

Non terá a consideración de incumprimento total a non adecuación ao ritmo do investimento anual establecido na resolución de concesión de axuda sempre que se xustifique a realización da actividade e a execución do investimento polo importe aprobado dentro da data límite de xustificación final, se cumpre coa finalidade que determinou a concesión da subvención e non se altera a natureza e obxectivos desta.

13. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as persoas beneficiarias non estean ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

14. Os pagamentos á conta axustaranse ao establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Os ditos pagamentos á conta, cando o importe da primeira anualidade supere os 18.000 euros, serán garantidos mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca.

15. O referido aval deberá ser de duración indefinida, constituíndose a garantía de aval na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, ou ben, mediante a constitución de depósito telemático (información: www.conselleriadefacenda.gal) á disposición da Axencia Galega da Industria Forestal e deberá cubrir o 110 % do importe a percibir na primeira anualidade da subvención. O certificado de depósito do aval presentarase na solicitude de pagamento da primeira anualidade xunto co resto da documentación, nos prazos que se establezan para a xustificación da primeira anualidade da subvención. Unha vez se comprobe, mediante inspección in situ, se procede, a realización material do obxecto da subvención, así como as restantes condicións da subvención, procederase á liberación do aval.

Artigo 21. Documentación xustificativa e pagamento da axuda

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda a persoa ou entidade beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa da subvención de conformidade co recollido neste artigo.

2. Para o pagamento parcial deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de pagamento da axuda (anexo IX, X, XI e XII, segundo corresponda),en que se incluirán as seguintes declaracións responsables:

i. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

ii. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

iii. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais, de xeito específico para as liñas 1.1 e 2.1 incluirase:

i. Declaración responsable de que a empresa cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014.

ii. Declaración responsable de todas as axudas concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos suxeitas ao réxime de minimis nos tres anos previos.

iii. Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

iv. Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.

b) Copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do investimento subvencionable e documentación acreditativa do pagamento.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento que deberá ser a persoa beneficiaria, o número e o importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto a que se refiren. No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibos do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados conforme o establecido nos parágrafos anteriores.

c) Relación ordenada dos investimentos e os pagamentos efectuados (anexo XIII).

d) No caso de entidades beneficiarias suxeitas á normativa de contratación pública, achegarase certificación expedida pola secretaría ou persoa responsable do control de legalidade da entidade en que se acredite que se respectaron os procedementos de contratación pública e que faga referencia á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención.

3. Para o pagamento final da axuda deberá presentarse:

a) A documentación recollida no punto 2 deste artigo.

b) Documentación específica para as liñas 1.1 e 1.2:

i. Proxecto de execución. Deberá estar asinado por técnico/a competente e visado polo correspondente colexio profesional.

ii. Certificación da persoa proxectista respecto de que o proxecto de execución cumpre os requisitos específicos establecidos no artigo 4.4a) letras i, ii, iii e vi, no caso da liña 1.1, e no artigo 4.4.b) letras i, ii, iii e vi, no caso da liña 1.2.

Nesta certificación, deberá constar expresamente o tipo de uso, se se trata dunha edificación nova ou dunha intervención nunha preexistente (mediante a súa rehabilitación ou reforma) e que o proxecto recolle a realización total ou parcial dos elementos estruturais empregando produtos de madeira ou derivados da madeira. Así mesmo, constará a porcentaxe que, no orzamento de execución material do proxecto, representa a suma dos custos dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) e incluirá unha relación das unidades de obra correspondentes a estes produtos (con detalle de medición e prezo unitario) que deberán agruparse por capítulos.

iii. Copia da solicitude de licenza de obra.

iv. Se procede, certificado do proxectista respecto de que o proxecto de execución recolle produtos ECEA procedentes de montes galegos, xestionados de forma sustentable (con certificado PEFC ou FSC) con garantía desta orixe e calidade, así como da súa rastrexabilidade, mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia denominada Fortra. Incluirá a porcentaxe que representa o custo destes produtos (incluída a súa colocación) fronte ao custo total dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) no orzamento de execución material do proxecto de execución.

v. Se procede, certificado do proxectista respecto de que o proxecto de execución recolle produtos ECEA que dispoñan da marca de garantía «Pino de Galicia». Incluirá a porcentaxe que representa o custo destes produtos (incluída a súa colocación) fronte ao custo total dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) no orzamento de execución material do proxecto de execución.

vi. Proba do cumprimento das obrigas de publicidade da axuda.

c) Documentación específica para as liñas 2.1 e 2.2:

i. Proxecto de execución, se non foi presentado con anterioridade. Deberá estar asinado por técnico/a competente e visado polo correspondente colexio profesional.

ii. Licenza de obra, conforme a normativa vixente.

iii. Liquidación das actuacións subvencionadas, emitida pola dirección de execución en que se relacionen as unidades de obra executadas obxecto de axuda (con detalle de medición, prezo unitario e custo total das unidades de obra, agrupadas por capítulos). Incluirá, de ser o caso, identificación das unidades de obra que se corresponden con produtos ECEA procedentes de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC) con garantía de rastrexabilidade mediante Fortra ou que dispoñan da marca de garantía «Pino de Galicia» e a porcentaxe que supoñen respecto do importe total dos custos de produtos ECEA (incluída a súa colocación) subvencionados.

iv. Para a xustificación do emprego de produtos ECEA procedentes de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC), deberán achegar códigos QR de rastrexabilidade da plataforma Fortra.

v. Para a xustificación do emprego de produtos ECEA que dispoñan da marca de garantía «Pino de Galicia», deberá constar esta característica na factura e achegarse fotografía da etiqueta colocada sobre o produto ou no paquete, conforme o Regulamento da Marca de Garantía Pino de Galicia.

vi. Reportaxe fotográfica en cor das obras realizadas, que incluirá imaxes das distintas fases de execución e desde distintos ángulos e tanto xerais como de detalle. Incluirá o cumprimento das obrigas de publicidade da axuda mediante foto do cartel na parcela de edificación.

4. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega da Industria Forestal na resolución de concesión da subvención e responder de maneira indubidable á natureza da actividade subvencionada.

Só se considerará gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na normativa reguladora da subvención.

5. O pagamento da axuda realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención e realizadas, polos órganos competentes da Axencia, as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

Artigo 22. Comunicación de fin de obra

1. Para dar cumprimento á obriga das persoas beneficiarias establecida no artigo 19 respecto da comunicación da finalización da obra á Axencia Galega da Industria Forestal, deberá achegarse o anexo XIV acompañado da seguinte documentación:

a) Liñas 1.1 e 1.2:

i. Copia da licenza de obra, conforme a normativa vixente.

ii. Copia da certificación de fin de obra asinada pola dirección facultativa e visada polo colexio profesional correspondente.

iii. Copia da certificación da liquidación final da obra executada emitida pola dirección de execución de obra.

iv. Copia da certificación da liquidación parcial das unidades de obra correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación), emitida pola dirección de execución de obra. Incluirá a porcentaxe que supoñen estes custos respecto da liquidación final de unidades de obra executadas.

v. Se procede e para a xustificación do emprego de produtos ECEA procedentes de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC), deberán achegar códigos QR de rastrexabilidade da plataforma Fortra.

vi. Se procede e para a xustificación do emprego de produtos ECEA que dispoñan da marca de garantía «Pino de Galicia», deberá presentarse factura ou albará do produto e achegarse fotografía da etiqueta colocada sobre o produto ou no paquete, conforme o Regulamento da Marca de Garantía Pino de Galicia.

vii. Reportaxe fotográfica en cor das obras realizadas, da edificación finalizada e dos materiais de madeira empregados que incluirá imaxes das distintas fases de execución e desde distintos ángulos, tanto xerais como de detalle.

b) Liñas 2.1 e 2.2:

i. Copia da certificación de fin de obra asinada pola dirección facultativa e visada polo colexio profesional correspondente.

ii. Copia da certificación da liquidación final da obra executada, emitida pola dirección de execución de obra.

iii. Copia da certificación da liquidación parcial das unidades de obra correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación), emitida pola dirección de execución de obra. Incluirá a porcentaxe que supoñen estes custos respecto da liquidación final de unidades de obra executadas.

iv. Reportaxe fotográfica en cor das obras realizadas, da edificación finalizada e dos materiais de madeira empregados que incluirá imaxes das distintas fases de execución e desde distintos ángulos, tanto xerais como de detalle.

Artigo 23. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes de conformidade co establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En calquera caso, as persoas beneficiarias quedan obrigadas a reintegrar o importe percibido pola subvención concedida, así como os correspondentes xuros de demora devindicados desde o momento do pagamento, nos seguintes casos:

a) Por incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente nos prazos e termos establecidos nesta resolución.

b) Por obter a subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, con falsificación das condicións requiridas para iso ou ocultación daquelas que o impedisen.

c) Por resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro; incumprimento das obrigas contables, de rexistro ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, ou por incumprimento do obxectivo.

d) A comisión de infraccións urbanísticas na execución das edificacións ou no suposto de que as obras se executen fóra dos parámetros autorizados na licenza municipal.

e) A non finalización da obra no período de 30 meses contados desde a data límite de xustificación da segunda anualidade establecida na convocatoria ou, no caso de que se amplíe o prazo de xustificación, desde a data prorrogada e segundo o disposto no artigo 19.1.j).

f) O incumprimento na execución da obra da obriga de realizar a estrutura, total ou parcialmente, empregando produtos de madeira ou derivados da madeira suporá a tramitación do expediente de reintegro polo importe total percibido.

g) Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

3. En todo caso, unha execución inferior ao 50 % do importe dos gastos subvencionables terá a consideración de incumprimento total e ocasionará a perda de dereito ao cobramento da totalidade da subvención.

4. Cando o cumprimento pola persoa beneficiaria se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e se acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos compromisos adquiridos, a cantidade que hai que reintegrar responderá ao principio de proporcionalidade, e determinarase aplicando os mesmos criterios de avaliación que se empregaron para a concesión referidos á realidade finalmente comprobada.

5. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

6. Procederá o reintegro das axudas no caso de non manter as condicións establecidas nestas bases nos seguintes casos:

a) Perda dun 2 % da subvención concedida por non dar publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto da subvención, de acordo co establecido nestas bases.

b) Perda dun 5 % por non comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

c) Perda da subvención de forma proporcional ao tempo en que se incumpra por non manter os investimentos obxecto da subvención durante o período de cinco anos.

No caso de condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar en fase de xustificación, entre as que se atopan as obrigas de publicidade, estas deberán xustificarse, en todo caso, para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecte, en controis posteriores ao pagamento, algún incumprimento relativo a esas obrigas.

Artigo 24. Controis

1. A Axencia Galega da Industria Forestal poderá realizar as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Así mesmo, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 25. Publicidade

1. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da última concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, o programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

As persoas interesadas poderán facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas no artigo 15.2.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais do anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a tres mil euros (3.000 euros), non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Axencia Galega da Industria Forestal.

Así mesmo, en cumprimento do disposto nos artigos 18 e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións, que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

A solicitude para ser beneficiaria da axuda levará implícita a autorización, no caso de que se conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións dependente da Consellería de Facenda e Administración Pública, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Con todo, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As persoas beneficiarias deberán comunicar o carácter de financiamento público das actuacións subvencionadas nos termos recollidos no anexo XV.

A estes efectos, o modelo de panel ou placa pode descargarse na sección Axudas da web da Axencia Galega da Industria Forestal (http://www.xera.xunta.gal).

Nas publicacións nas redes sociais que fagan referencia ao proxecto obxecto de axuda, empregarase o cancelo #XERAmadeira e utilizarase a ferramenta @ para enlazar correctamente co perfil da Axencia:

Linkedin: www.linkedin.com/company/xera-axencia-da-industria-forestal

Facebook: www.facebook.com/xeraindustriaforestal

Instagram: https://www.instagram.com/xera.xunta

3. A presentación da solicitude de axuda suporá a autorización para a utilización das fotografías que formen parte do expediente de axuda por parte da Axencia Galega da Industria Forestal con fins de promoción do uso da madeira.

CAPÍTULO II

Convocatoria de axudas para o ano 2026

Artigo 26. Convocatoria

1. Convócanse para o ano 2026 as axudas reguladas por esta resolución. As solicitudes, a documentación, as condicións e o procedemento de xestión das axudas serán os establecidos con carácter xeral nos artigos anteriores.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 27. Período de execución das actuacións

O período de execución das actuacións elixibles abarcará desde o 1 de xaneiro de 2026 ata a data máxima de xustificación establecida na convocatoria, quedando excluídas as actuacións xa finalizadas á data de presentación da solicitude que non se considerarán subvencionables.

Artigo 28. Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, salvo que se produza antes o esgotamento dos fondos dispoñibles para esta axuda. No caso de esgotamento dos fondos, o peche do prazo producirá efectos desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o artigo 14.1.

2. O prazo comezará ás 9.00 horas do día que corresponda, unha vez transcorridos cinco (5) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de inicio do prazo é inhábil, o prazo comezará o seguinte día hábil, ás 9.00 horas.

3. O prazo rematará ás 20.00 horas do día en que se cumpra un mes desde o seu inicio. Se o día de finalización do prazo é inhábil, o prazo rematará o seguinte día hábil, ás 20.00 horas.

Artigo 29. Prazo de xustificación

1. O prazo máximo para presentar a xustificación das actividades subvencionadas finalizará o 9 de outubro de 2026 para a primeira anualidade e, para a segunda, o 30 de xuño de 2027.

2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo de xustificación e de execución establecido que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un (1) mes antes de que acabe o prazo de xustificación. Tanto a petición das persoas interesadas como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación.

Artigo 30. Financiamento

1. As axudas financiaranse con cargo ao proxecto e ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Proxecto

Aplicación

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Total

Réxime

de minimis

2021 00001

14.A4.741A.772.0

1.379.430,62 €

1.820.569,38 €

3.200.000,00 €

Si

14.A4.741A.780.3

775.929,73 €

1.024.070,27 €

1.800.000,00 €

Non

Total

2.155.360,35 €

2.844.639,65 €

5.000.000,00 €

2. Este orzamento poderá verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. A Axencia poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta resolución cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

Artigo 31. Distribución do crédito

1. Resérvanse as seguintes contías da dispoñibilidade orzamentaria, segundo as diferentes liñas sinaladas no artigo 2:

a) Liña 1.1: 1.200.000,00 €.

b) Liña 1.2: 500.000,00 €.

c) Liña 2.1: 2.000.000,00 €.

d) Liña 2.2: 1.300.000,00 €.

2. No caso de que, unha vez atendidos por orde de presentación, non se consuma a totalidade do importe establecido no punto primeiro para cada liña, os importes sobrantes das distintas liñas pasarán ás demais para facer fronte aos expedientes solicitados de modo proporcional ao número de solicitudes recibidas para cada liña.

Disposición adicional primeira. Compatibilidade das axudas

1. O procedemento de concesión destas subvencións quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis é aplicable nos supostos en que os beneficiarios sexan empresas ou entidades que realicen actividade económica, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos no Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. De acordo co artigo 3.2 do dito regulamento, o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 300.000,00 euros durante calquera período de tres anos.

2. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas ou subvencións destinadas aos mesmos investimentos, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas obtidas con fondos públicos non exceda o 100 % dos custos subvencionables.

Disposición adicional segunda. Outras regulamentacións

Para todo o non previsto nestas bases, aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

Disposición adicional terceira. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

A entidade outorgante consignará a información sinalada no artigo 6.1 do Regulamento (UE) 2023/2831 na Base de datos nacional de subvencións no prazo de 20 días hábiles, contados a partir da concesión das axudas.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a Axencia para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026

Alfredo Fernández Ríos
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XV

Medidas informativas e publicitarias

MR502B, MR502D, MR502F e MR502G-Subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais

A persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos de publicidade e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, a persoa beneficiaria deberá recoñecer o apoio da Xunta de Galicia, conforme ao manual de identidade corporativa que estea vixente.

2. Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento:

2.1. Informar o público do apoio obtido facendo unha breve descrición na súa páxina web e/ou redes sociais, no caso de que dispoña delas, da operación, de maneira proporcionada ao nivel do apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Xunta de Galicia.

2.2. Colocar un cartel informativo sobre o proxecto, dun tamaño mínimo A3, no cal se mencionará a axuda financeira da Xunta de Galicia, nun lugar ben visible para o público.

Para os efectos do sinalado, para a elaboración do cartel deberase empregar o seguinte modelo, dispoñible para a súa descarga na sección de Axudas da web da Axencia Galega da Industria Forestal (http://www.xera.gal).

missing image file

missing image file

missing image file

missing image file

ANEXO XVI

Definicións

MR502B, MR502D, MR502F e MR502G-Subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais

• Certificado de fin de obra: documento subscrito pola dirección facultativa que acredita a finalización das obras e a súa execución de conformidade co proxecto, as súas modificacións autorizadas e a documentación técnica que o desenvolve, constitúe o documento acreditativo da terminación da obra.

• Dirección facultativa: está constituída polo/a director/a de obra e o director/a da execución da obra.

• Director/a da execución da obra: é o axente que, formando parte da dirección facultativa, asume a función técnica de dirixir a execución material da obra e de controlar cualitativa e cuantitativamente a construción e a calidade do edificado.

• Director/a de obra: é o axente que, formando parte da dirección facultativa, dirixe o desenvolvemento da obra nos aspectos técnicos, estéticos, urbanísticos e medioambientais, de conformidade co proxecto que a define, a licencia de edificación e demais autorizacións preceptivas e as condicións do contrato, co obxecto de asegurar a súa adecuación ao fin proposto.

• Edificación en altura con madeira: aquela edificación que supere a altura de planta baixa máis dúas plantas piso ou alta con estrutura de madeira, estrutura mixta madeira-metal, madeira-formigón ou madeira-metal-formigón aínda cando a estrutura da planta baixa, soto ou semisoto non reúna estas características.

• Liquidación final de obra: documento económico final da execución da obra, emitido pola dirección de execución da obra, que recolle a valoración das unidades de obra realmente executadas, medidas e certificadas ao finalizar os traballos, conforme ao proxecto, ás súas modificacións aprobadas e as certificacións emitidas durante a execución.

• Liquidación parcial de obra: documento económico final da execución da obra, emitido pola dirección de execución da obra, que recolle de modo exclusivo a valoración das unidades de obra correspondentes con produtos ECEA (incluída a súa colocación) realmente executadas, medidas e certificadas ao finalizar os traballos, conforme ao proxecto, ás súas modificacións aprobadas e as certificacións emitidas durante a execución. Incluirá a porcentaxe que supoñen estes custos respecto da liquidación final de unidades de obra executadas.

• Liquidación das actuacións subvencionadas: documento económico final da execución das actuacións subvencionadas, emitido pola dirección de execución da obra, en que se relacionan as unidades de obra executadas obxecto de axuda. Incluirá detalle de medición, prezo unitario e custe total das unidades de obra agrupadas por capítulos e, de ser o caso, identificación daquelas que se correspondan con produtos ECEA procedentes de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC) con garantía de rastrexabilidade mediante Fortra, ou ben, que dispoñan da marca de garantía «Pino de Galicia» así como da porcentaxe que supoñen respecto do importe total dos custos de produtos ECEA subvencionados (incluída a súa colocación).

• Obras de reconstrución: acción destinada a completar un estado previo do inmoble arruinado utilizando como base partes orixinais deste cuxa autenticidade poida acreditarse.

• Obras de reforma: intervencións que, malia a poder realizarse dentro e/ou fóra dunha edificación, implican a substitución ou transformación de materiais, elementos ou partes destes, alterando ou non a súa estrutura e volumetría.

• Obras de rehabilitación: accións e medidas que teñan por obxecto permitir a recuperación dun uso orixinal perdido ou a implantación dun novo uso compatible co inmoble.

• Orzamento de execución material: custo de execución das unidades de obra, obtido pola suma do produto de medicións por prezos unitarios, sen incluír gastos xerais, beneficio industrial nin tributos (comunmente coñecido como «PEM»).

• Planta baixa: planta da edificación onde a distancia vertical entre a cara superior da súa placa de solo e o nivel da rasante situada por debaixo daquel non excede 1 metro, sen prexuízo do disposto na definición de semisoto. Cando a devandita distancia exceda 1 metro, considerarase planta piso ou alta.

• Planta piso ou alta: cada unha das plantas situadas por encima da planta baixa.

• Produtos ECEA: produtos de madeira ou derivados da madeira (excluídos os composites en que os materiais lignocelulósicos supoñan menos dun 50 % en peso) dos sistemas estrutural, de compartimentación, envolvente e acabados (excluídas as carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabados interiores).

• Promoción singular: promoción que, debidamente motivada, presente un de carácter innovador, demostrativo ou estratéxico que reúna, cando menos, dous dos seguintes requisitos:

– Que incorpore solucións técnicas, construtivas ou funcionais innovadoras ou non habituais no seu ámbito en Galicia.

– Que teña un impacto territorial, social ou estratéxico relevante a escala supramunicipal.

– Que integre múltiples usos ou funcionalidades de modo non convencional.

– Que constitúa unha actuación piloto ou demostrativa de novas solucións construtivas ou de materiais.

– Que requira solucións específicas derivadas de condicións ambientais, urbanísticas ou patrimoniais singulares.

• Promotor: é o axente da edificación que decide, impulsa, programa e financia as obras da edificación.

• Proxectista: axente que redacta o proxecto por encargo do promotor e con suxeición á normativa técnica e urbanística correspondente.

• Proxecto: conxunto de documentos mediante os cales se definen e determinan as esixencias técnicas das obras contempladas no artigo 2 da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación, e no cal se xustifican tecnicamente as solucións propostas coas especificacións requiridas pola normativa técnica aplicable.

• Proxecto básico: fase do traballo en que se definen de modo preciso as características xerais da obra, mediante adopción e xustificación de solucións concretas. O seu contido é suficiente para solicitar, unha vez obtido o preceptivo visado colexial, a licenza municipal e outras autorizacións pero insuficientes para iniciar a construción.

• Proxecto de execución: fase do traballo en que se desenvolve o proxecto básico coa determinación completa de detalles e especificacións de todos os materiais, elementos, sistemas construtivos e equipos, que define a obra na súa totalidade. O seu contido será necesario para a realización das obras contando co preceptivo visado colexial e a licenza correspondente.

• Semisoto: planta da edificación situada por debaixo da planta baixa, na cal a distancia vertical desde a cara superior da placa que forma o seu teito ata o nivel de rasante é igual ou inferior a 1 metro en calquera punto das súas fachadas, excluído o punto en que se sitúe o acceso cando o seu uso sexa para aparcadoiro, e sempre que a súa fronte non ocupe máis do 50 % da fachada nin máis de 6 metros, e admitirase esta excepción unicamente nunha das fachadas do edificio. Cando a devandita distancia exceda 1 metro, considerarase planta baixa.

• Soto: planta da edificación, situada por debaixo doutra planta, na cal a cara inferior da placa que forma o seu teito queda por debaixo do nivel da rasante en calquera punto das súas fachadas, excluído o punto en que se sitúe o acceso cando o uso deste sexa aparcadoiro, e sempre que a súa fronte non ocupe máis do 50 % da fachada, nin máis de 6 metros, e admitirase esta excepción unicamente nunha das fachadas do edificio.

• Rasante: cota que determina a elevación dunha aliñación ou liña de edificación en cada punto do territorio. Distínguese entre rasante natural do terreo, rasante de vía (eixe da calzada) ou de beirarrúa, que poden ser existentes ou proxectadas.

• Uso comercial: aquel que comprende as actividades destinadas a subministración de mercadorías ao público mediante a venda ao retallo ou a prestación de servizos particulares.

• Uso cultural: aquel que comprende as actividades de índole cultural como bibliotecas, museos, teatros, auditorios, aulas da natureza e outros servizos de análoga finalidade.

• Uso deportivo: aquel uso que comprende as actividades destinadas á práctica de deportes en recintos pechados, tanto ao aire libre como no interior.

• Uso educativo: aquel que comprende as actividades destinadas á formación intelectual: centros docentes e de ensino en todos os seus niveis e para todas as materias obxecto de ensino.

• Uso hoteleiro: aquel que comprende actividades destinadas a satisfacer o aloxamento temporal.

• Uso industrial: comprende actividades destinadas ao almacenamento de materias primas ou produtos, distribución, obtención, elaboración, transformación e reparación de produtos.

• Uso oficinas: aquel que comprende locais destinados á prestación de servizos profesionais, de información e outros a empresas ou particulares.

• Uso recreativo: aquel que comprende as actividades vinculadas ao lecer e ao esparexemento en xeral.

• Uso residencial: aquel uso que se establece en edificios concibidos principalmente para vivenda, aínda cando conteñan recintos onde se desenvolve unha actividade económica, ben a través dunha vivenda adaptada para o exercicio da devandita actividade económica ou ben nun recinto concibido expresamente para o seu exercicio. Distínguense, os seguintes usos residenciais pormenorizados:

a) Unifamiliar: aquel que se conforma por unha vivenda ou agrupación de vivendas (acaroadas, illadas ou en ringleira) e destinarase cada unha a unha soa unidade familiar, localizadas nunha única parcela, con acceso independente.

b) Colectivo: aquel que se conforma por dúas ou máis vivendas nunha única edificación, con accesos e elementos comúns ás vivendas.

• Uso sanitario-asistencial: instalacións e servizos sanitarios, de asistencia ou benestar social en que se desenvolven todas aquelas actividades de xestión da atención sociosanitaria así como todas aquelas actividades que desenvolven as entidades rexistradas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.