Expediente: IN407A 2022/270-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: Regulamentación da LAMT POT810 San Crimenzo-Olveira 10 entre os apoios 9CP31FTV//D53 e 9CKLU1H6//D53-6.
Concello: Dumbría.
Feitos:
1. O día 12 de xullo de 2024, o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria concedeu a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Dumbría (DOG núm. 168, do 2 de setembro). O obxecto do proxecto é realizar obras de regulamentación nun tramo da liña de distribución de media tensión denominada LMTA POT810 San Crimenzo-Olveira 10 (expediente IN407A 09/291) por danos e irregularidades.
2. O día 9 de marzo de 2026, a empresa promotora comunica que detectou incongruencias entre o condutor existente e o condutor indicado no proxecto autorizado, o que fai variar a servidume de voo aprobada para a liña de media tensión. De acordo con este feito, indica que foi necesario realizar unha xestión de permisos para a nova servidume de voo e que non se acadou un acordo cos propietarios de tres parcelas afectadas. Por este motivo, presenta un anexo ao proxecto acompañado de novos planos e a relación de bens e dereitos afectados que inclúe as superficies das parcelas recollidas no anexo a esta resolución, para as que solicitan a declaración de utilidade pública.
3. O día 19 de marzo de 2026, a empresa promotora comunica que chegou a un acordo co propietario actual do predio con referencia catastral polígono 505, parcela 487 (parcela núm. 1 da RBDA da Resolución do 12 de xullo de 2024) e solicita a súa exclusión do expediente de expropiación.
4. O día 23.3.2026, o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria acordou someter o proxecto ao trámite de información pública a través dos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 16.4.2026.
• BOP: 27.3.2026.
• Xornal La Voz de Galicia, edición Bergantiños: 6.4.2026.
• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo o certificado municipal do 20.4.2026.
Durante o período de exposición non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Consonte todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a modificación da declaración de utilidade pública para a dita instalación de distribución eléctrica, coa inclusión dos predios que figuran no anexo a esta resolución e a exclusión do predio núm. 1 da relación de bens e dereitos afectados que se insería coa Resolución do 12 de xullo de 2024.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 15 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Dumbría.
|
Nº de parcela |
Lugar e ref. catastral |
Cultivo |
Propietario |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
|||
|
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
4 |
Lugar A Fonte da Roza 15034A505001710000BM |
Rústico agrario |
Áurea Amalia García García |
3.87 |
22.28 |
||
|
5 |
Lugar A Fonte da Roza 15034A505001720000BO |
Rústico agrario |
Ubaldino Carreira Mouzo |
39.59 |
|||
|
11 |
Lugar Grixa Moura 15034A505001680000BM |
Rústico agrario |
Cipriano Trillo Priegue |
1.3 |
19.68 |
||
Abreviacións:
|
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais. |
|
m² aér.: superficie de servidume aérea en m². |
m² sot.: superficie de servidume soterrada. |
