Mediante a Orde do 14 de xullo de 2014 autorizouse a posta en marcha, con carácter experimental, das seccións bilingües de lingua inglesa en conservatorios profesionais de música de Galicia (DOG núm. 139, do 23 de xullo), sendo prorrogadas pola Resolución do 4 de xullo de 2016 (DOG núm. 136, do 19 de xullo), pola Resolución do 7 de xuño de 2018 (DOG núm. 116, do 19 de xuño), pola Resolución do 15 de xullo de 2020 (DOG núm. 148, do 24 de xullo), pola Resolución do 21 de xullo de 2022 (DOG núm. 149, do 5 de agosto), pola Resolución do 31 de xullo de 2024 (DOG núm. 153, do 8 de agosto) e pola corrección de erros a esta última resolución publicada o 22 de agosto de 2024.
Así mesmo, coa Orde do 7 de xullo de 2016 autorízase a posta en marcha, con carácter experimental, de seccións bilingües de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música de Vigo e na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña (DOG núm. 137, do 20 de xullo), sendo prorrogadas pola Resolución do 10 de outubro de 2018 (DOG núm. 202, do 23 de outubro), pola Resolución do 15 de xullo de 2020 (DOG núm. 148, do 24 de xullo), pola Resolución do 21 de xullo de 2022 (DOG núm. 149, do 5 de agosto), pola Resolución do 31 de xullo de 2024 (DOG núm. 153, 8 de agosto) e pola corrección de erros a esta última resolución publicada o 22 de agosto de 2024.
Á súa vez, coa Orde do 5 de agosto de 2024 autorízase a posta en marcha con carácter experimental, de seccións bilingües en determinados conservatorios profesionais de música da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 158, do 19 de agosto).
No artigo 9 das correspondentes ordes de autorización establécese que o proxecto ten unha duración de dous cursos académicos, prorrogable ao rematar dito período, logo do informe favorable emitido polo Servizo de Inspección Educativa e tendo en conta a adecuación ás condicións e obxectivos indicados na súa posta en marcha, e a permanencia das circunstancias que xustificaron a súa implantación.
Igualmente, na disposición derradeira primeira das citadas ordes, autorízase á Dirección Xeral de Formación Profesional para ditar cantas normas se consideren oportunas para o seu desenvolvemento.
Emitidos os correspondentes informes favorables polos servizos de inspección educativa, de acordo co establecido no artigo 9 das citadas ordes,
RESOLVO:
Primeiro. Prorrogar, por un período de dous cursos académicos e coa finalidade de favorecer a práctica de idiomas entre o alumnado de ensinanzas artísticas, as seguintes seccións bilingües:
– A sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.
– A sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.
– A sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
– A sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– A sección bilingüe de lingua inglesa na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.
– A sección bilingüe de lingua portuguesa no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.
– A sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio profesional de Música Xan Viaño de Ferrol.
Segundo. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026
María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional
