DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42054

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se publica a Resolución do 17 de xullo de 2026 pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 7 de abril de 2026.

A Orde do 7 de abril de 2026 establece as bases para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PL400B) (DOG núm. 74, do 22 de abril).

O órgano instrutor, logo da baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 14, elevou ao órgano competente para resolver, á persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, que en virtude da competencia delegada no artigo 15 e da disposición adicional primeira da convocatoria emite a correspondente resolución.

Así mesmo, o artigo 16 recolle que, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a correspondente resolución deste procedemento se publicará no Diario Oficial de Galicia, e esta publicación producirá os efectos de notificación. Así mesmo, de forma complementaria efectuaráselles a notificación de todos os actos administrativos ás persoas beneficiarias.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 17 de xullo de 2026, ditada no procedemento PL400B, relativa á concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 7 de abril de 2026, que figura como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 17 de xullo de 2026 pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios esgota a vía administrativa e, contra esta, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Ley 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, de acordo co establecido na Orde do 7 de abril de 2026, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026

Valentín García Gómez
Secretario xeral da Lingua

ANEXO

Resolución do 17 de xullo de 2026, de concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da Orde do 7 de abril de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (PL400B)

Mediante a Orde do 7 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galicia núm. 74, do 22 de abril) establecéronse as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2026.

Aquelas solicitudes que cumpriron cos requisitos desta convocatoria foron analizadas pola Comisión de Valoración prevista no artigo 12, segundo os criterios de avaliación establecidos no artigo 13 desta orde.

O órgano instrutor previsto no artigo 11, logo da baremación e á vista do informe coa relación das persoas solicitantes e a súa puntuación realizada pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución conforme o regulado no artigo 14.

Unha vez vista a proposta de resolución do órgano instrutor, o secretario xeral da Lingua resolve por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, segundo o disposto no artigo 15 e na disposición adicional primeira da convocatoria.

O financiamento destas subvencións previsto no artigo 2 farase con cargo á partida orzamentaria 13.02.151A.470.1, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, por unha contía inicial máxima de 300.000 €.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. A concesión de axudas, na contía que se indica, ás entidades relacionadas no anexo I, para os proxectos que se indican.

Estas axudas teñen carácter de de minimis, de acordo co establecido no Regulamento (UE) número 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de de minimis (DOUE do 15 de decembro, serie L).

Segundo. Desestimar as solicitudes que aparecen no anexo II, con indicación do artigo da Orde do 7 de abril de 2026 que ampara esta exclusión.

Terceiro. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No entanto, no caso de recorrer potestativamente en reposición, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou ata que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Cuarto. Logo de notificada a resolución, as persoas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de 10 días naturais computado a partir do día seguinte ao da publicación para a súa aceptación e, unha vez transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 7.4.2026). Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua.

ANEXO I

Número de expediente

Solicitante

Título

Importe

2026-001

Grupo Anaya, S.A.U.

Lingua 1

25.555,90 €

2026-003

Grupo Anaya, S.A.U.

Lingua 2

22.684,49 €

2026-005

Grupo Anaya, S.A.U.

Ciencias da natureza 1

8.341,65 €

2026-006

Grupo Anaya, S.A.U.

Ciencias sociais 1

7.622,41 €

2026-007

Grupo Anaya, S.A.U.

Ciencias da natureza 2

5.723,86 €

2026-009

Grupo Anaya, S.A.U.

Ciencias sociais 2

5.554,98 €

2026-011

Grupo Anaya, S.A.U.

Vexamos todo 1. 1 trimestre

3.028,84 €

2026-014

Grupo Anaya, S.A.U.

Vexamos todo 2. 1 trimestre

3.220,06 €

2026-017

Editorial Luis Vives

Lingua galega e literatura 1

7.760,00 €

2026-018

Editorial Luis Vives

Lingua galega e literatura 2

9.860,00 €

2026-019

Editorial Luis Vives

Ciencias da natureza 1

1.380,00 €

2026-020

Editorial Luis Vives

Ciencias da natureza 2

1.380,00 €

2026-021

Editorial Luis Vives

Ciencias sociais 1

1.480,00 €

2026-022

Editorial Luis Vives

Ciencias sociais 2

1.740,00 €

2026-029

Editorial Luis Vives

Comprensión lectora en contexto 1

2.641,52 €

2026-030

Editorial Luis Vives

Comprensión lectora en contexto 2

2.641,52 €

2026-031

Editorial Luis Vives

Comprensión lectora en contexto 3

2.451,16 €

2026-032

Editorial Luis Vives

Comprensión lectora en contexto 4

2.451,16 €

2026-033

Editorial Luis Vives

Comprensión lectora en contexto 5

2.456,76 €

2026-034

Editorial Luis Vives

Comprensión lectora en contexto 6

2.456,76 €

2026-035

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua 1. Construíndo novos mundos

24.546,83 €

2026-036

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias da natureza 1. Construíndo novos mundos

11.039,91 €

2026-037

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias sociais 1. Construíndo novos mundos

11.039,91 €

2026-038

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua 2. Construíndo novos mundos

24.546,83 €

2026-039

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias da natureza 2. Construíndo novos mundos

11.039,91 €

2026-040

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias sociais 2. Construíndo novos mundos

11.039,91 €

2026-041

Edicións Obradoiro, S.L.

Xeografía e historia

16.097,29 €

Total

229.781,66 €

ANEXO II

Número de expediente

Solicitante

Título

Motivo de denegación

2026-002

Grupo Anaya, S.A.U.

Lingua 1. Aprendo a ler

Artigo 8.3 (valórase conxuntamente co expediente 1)

2026-004

Grupo Anaya, S.A.U.

Lingua 2. Ler. Cousas nosas

Artigo 8.3 (valórase conxuntamente co expediente 3)

2026-008

Grupo Anaya, S.A.U.

Ciencias da natureza 2. A Xanela de Galicia

Artigo 8.3 (valórase conxuntamente co expediente 7)

2026-010

Grupo Anaya, S.A.U.

Ciencias sociais 2. A Xanela de Galicia

Artigo 8.3 (valórase conxuntamente co expediente 9)

2026-012

Grupo Anaya, S.A.U.

Vexamos todo 1. 2 trimestre

Artigo 8.3 (valórase conxuntamente co expediente 11)

2026-013

Grupo Anaya, S.A.U.

Vexamos todo 1. 3 trimestre

Artigo 8.3 (valórase conxuntamente co expediente 11)

2026-015

Grupo Anaya, S.A.U.

Vexamos todo 2. 2 trimestre

Artigo 8.3 (valórase conxuntamente co expediente 14)

2026-016

Grupo Anaya, S.A.U.

Vexamos todo 2. 3 trimestre

Artigo 8.3 (valórase conxuntamente co expediente 14)

2026-023

Editorial Luis Vives

Proxecto a punto. Que hai para comer 3 anos

Artigo 13.a).1 último parágrafo

2026-024

Editorial Luis Vives

Proxecto a punto. Que hai para comer 4 anos

Artigo 13.a).1 último parágrafo

2026-025

Editorial Luis Vives

Proxecto a punto. Que hai para comer 5 anos

Artigo 13.a).1 último parágrafo

2026-026

Editorial Luis Vives

Proxecto a punto. Aínda hai dinosauros 3 anos

Artigo 13.a).1 último parágrafo

2026-027

Editorial Luis Vives

Proxecto a punto. Aínda hai dinosauros 4 anos

Artigo 13.a).1 último parágrafo

2026-028

Editorial Luis Vives

Proxecto a punto. Aínda hai dinosauros 5 anos

Artigo 13.a).1 último parágrafo

2026-042

Breixo Mariño Malvido

Caderno de actividades en galego para 4 anos

Artigo 13.a).1 último parágrafo

2026-043

Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L.

Prácticas de lingua galega

Artigo 13.a).1 último parágrafo