A Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, establece que a implantación de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional lle corresponde á comunidade autónoma.
O Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da calidade regula, nos artigos 26 e 27, o procedemento de verificación dos plans de estudos e establecemento do carácter oficial das titulacións. Os plans de estudos serán verificados mediante resolución do Consello de Universidades e autorizados pola comunidade autónoma. Por acordo do Consello de Ministros, establecerase o carácter oficial dos títulos e procederase á publicación no Boletín Oficial del Estado e á súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).
No ámbito autonómico, esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia; a Orde do 20 de marzo de 2012, que desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 161/2015, do 5 de novembro, que modifica o Decreto 222/2011.
O Decreto 222/2011, do 2 de decembro, establece que o procedemento para obter a autorización de implantación das ensinanzas universitarias oficiais no ámbito territorial propio da comunidade autónoma se fará mediante orde da consellería competente en materia de universidades, e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Previamente, informarase no Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 56 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño.
O Pleno do Consello Galego de Universidades, na sesión ordinaria do 5 de xuño de 2026 e na sesión extraordinaria do 30 de xullo de 2026, no exercicio das súas competencias, acordou informar favorablemente as solicitudes de autorización de implantación das seguintes titulacións, unha vez obtidas as Resolucións de verificación do ministerio do 18 de xullo de 2025, do 26 de marzo de 2026, do 5 de maio de 2026 e do 23 de xullo de 2026.
Por todo iso,
DISPOÑO:
Artigo 1
Que se autorice a Universidade da Coruña para implantar, no curso 2026/27, as ensinanzas universitarias oficiais de:
1. Grao en Enxeñaría Civil pola Universidade da Coruña. A autorización deste grao inicia o proceso de extinción do Grao en Enxeñaría de Obras Públicas, código RUCT 2502206, e o Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil, código RUCT 2502214, para o curso 2027/28.
2. Máster Universitario Erasmus Mundus en Renewable Energy and Sustainable Construction (Resco) pola Universidade da Coruña; Budapest University of Technology and Economics; Institut National des Sciences Appliquées de Rouen, Universidade do Minho e Université du Havre.
3. Máster Universitario en Vehículos Autónomos pola Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
Artigo 2
Que se autorice a Universidade Intercontinental da Empresa para implantar, no curso 2026/27, as ensinanzas universitarias oficiais de:
1. Grao en Enfermaría pola Universidade Intercontinental da Empresa.
2. Máster Universitario en Ciberseguridade pola Universidade Intercontinental da Empresa.
3. Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria pola Universidade Intercontinental da Empresa.
Artigo 3
Que se autorice a Universidade de Santiago de Compostela para implantar, no curso 2026/27, as ensinanzas universitarias oficiais de:
1. Grao en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste máster inicia o proceso de extinción do máster universitario coa mesma denominación e co código RUCT 2502227.
2. Máster Universitario en Enxeñaría da Paisaxe, Infraestrutura Verde e Transición Rural pola Universidade de Santiago de Compostela.
3. Máster Universitario en Planificación Territorial e Urbana pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste máster inicia o proceso de extinción do Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial, código RUCT 4317431.
4. Máster Universitario en Prevención e Abordaxe Multidisciplinar das Drogodependencias e Condutas Adictivas pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.
5. Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo, os Recursos Humanos e as Organizacións pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste máster inicia o proceso de extinción do Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense pola Universidade de Santiago de Compostela, código RUCT 4317014.
6. Máster Universitario en Química Teórica e Modelización Computacional pola Universidade Autónoma de Barcelona, a Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade Complutense de Madrid, a Universidade de Barcelona, a Universidade de Cantabria, a Universidade de Estremadura, a Universidade de Murcia, a Universidade de Oviedo, a Universidade de Salamanca, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Valladolid, a Universidade de Vigo, a Universidade de Zaragoza, a Universidade do País Vasco, a Universidade Jaume I de Castellón, a Universidade das Illas Baleares e a Universidade de Valencia. A autorización deste máster inicia o proceso de extinción do máster universitario coa mesma denominación pola Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade de Barcelona, a Universidade de Cantabria, a Universidade de Estremadura, a Universidade de Murcia, a Universidade de Oviedo, a Universidade de Salamanca, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Valladolid, a Universidade de Vigo, a Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea, a Universidade Jaume I de Castellón, a Universidade das Illas Baleares e a Universidade de Valencia (Estudi General), código RUCT 4314273.
7. Máster Universitario en Traballo Social no Ámbito Sanitario pola Universidade de Castela-A Mancha, a Universidade Complutense de Madrid, a Universidade da Rioxa, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade de Zaragoza. Título conxunto coordinado pola Universidade de Castela-A Mancha.
8. Máster Universitario en Vehículos Autónomos pola Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
9. Máster Universitario en Atención Sanitaria Orientada ao Benestar (Well-Being Oriented Healthcare) pola Universidade de Murcia, a Universidade de Santiago de Compostela, Semmelweis Egyetem e Universität zu Köln.
10. Programa de Doutoramento en Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolvemento pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste título inicia o proceso de extinción do programa de doutoramento coa mesma denominación e co código RUCT 5601469.
Artigo 4
Que se autorice a Universidade de Vigo para implantar, no curso 2026/2027, as ensinanzas universitarias oficiais de:
1. Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Navais para a Defensa pola Universidade de Vigo.
2. Máster Universitario en Prevención e Abordaxe Multidisciplinar das Drogodependencias e Condutas Adictivas pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.
3. Máster Universitario en Química Teórica e Modelización Computacional pola Universidade Autónoma de Barcelona, a Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade Complutense de Madrid, a Universidade de Barcelona, a Universidade de Cantabria, a Universidade de Extremadura, a Universidade de Murcia, a Universidade de Oviedo, a Universidade de Salamanca, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Valladolid, a Universidade de Vigo, a Universidade de Zaragoza, a Universidade del País Vasco, a Universidade Jaume I de Castellón, a Universidade das Illas Baleares e a Universidade de Valencia. A autorización deste máster inicia o proceso de extinción do máster universitario coa mesma denominación pola Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade de Barcelona, a Universidade de Cantabria, a Universidade de Estremadura, a Universidade de Murcia, a Universidade de Oviedo, a Universidade de Salamanca, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Valladolid, a Universidade de Vigo, a Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea, a Universidade Jaume I de Castellón, a Universidade das Illas Baleares e a Universidade de Valencia (Estudi General), código RUCT 4314273.
4. Máster Universitario en Traballo Social no Ámbito Sanitario pola Universidade de Castela-A Mancha, a Universidade Complutense de Madrid, a Universidade da Rioxa, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade de Zaragoza.
5. Máster Universitario en Vehículos Autónomos pola Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
Artigo 5
As universidades, logo de ser autorizadas a implantar as ensinanzas universitarias, quedarán obrigadas a adoptar as garantías precisas para que non se demore a súa impartición máis alá dun curso académico.
Artigo 6
As universidades adoptarán as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do estudantado que se encontre cursando os estudos que inician o proceso de extinción, de acordo co que establece o artigo 16.2 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional
