Antecedentes:
Primeiro. Mediante a Orde do 30 de xuño de 2023, conxunta da Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG núm. 155, do 17 de agosto), establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutorados industriais, e convocáronse para o exercicio 2023 (código de procedemento IN606D).
Segundo. Mediante a Resolución do 7 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG núm. 239, do 19 de decembro), adxudicáronse as axudas convocadas ao abeiro da citada orde, entre as que figuraba a Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética (EnergyLab) como entidade beneficiaria.
Terceiro. Mediante a Resolución do 28 de novembro de 2024, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (DOG núm. 235, do 5 de decembro), modificouse a distribución por anualidades das axudas concedidas na Resolución do 7 de decembro de 2023 e actualizáronse os importes correspondentes ás anualidades pendentes das entidades beneficiarias.
Cuarto. O día 19 de novembro de 2025, a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia comunicoulle á Axencia Galega de Innovación a fusión por absorción da Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética, a cal se extingue como entidade xurídica. Segundo a documentación achegada, a fusión produce efectos xurídicos desde o 14 de novembro de 2025.
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O artigo 16 da Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutorados industriais, establece que toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, sempre que se manteña a finalidade da subvención, que non se produza prexuízo a terceiros e que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, de concorreren na concesión inicial, non implicasen a denegación da axuda.
Segundo. Da documentación incorporada ao expediente resulta acreditada a fusión por absorción da Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética pola Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia, polo que se produce a sucesión universal da entidade absorbente nos dereitos e obrigas da entidade absorbida.
Terceiro. A modificación proposta non altera a natureza nin a finalidade da axuda concedida, non supón incremento da contía global da subvención nin lles ocasiona prexuízo a terceiros, xa que se limita a adaptar a resolución de concesión á nova situación xurídica derivada da operación de fusión.
Cuarto. En consecuencia, considérase procedente modificar a Resolución do 7 de decembro de 2023, modificada pola Resolución do 28 de novembro de 2024, para lle atribuír á Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia as anualidades pendentes de execución correspondentes á Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética.
Polo que antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Modificar a Resolución do 7 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, pola que se adxudican as axudas da Orde do 30 de xuño de 2023 para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutorados industriais (código de procedemento IN606D), modificada pola Resolución do 28 de novembro de 2024, no relativo ás anualidades pendentes de execución desde o exercicio 2026 correspondentes ao expediente 15_IN606D_2023_2549300.
Segundo. Como consecuencia da fusión por absorción da Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética, con NIF G27719913, pola Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia, con NIF G15305923, suprímese a condición de entidade beneficiaria de EnergyLab respecto das anualidades pendentes de execución desde o exercicio 2026.
Terceiro. A Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia subrógase na totalidade dos dereitos e obrigas derivados da condición de entidade beneficiaria da axuda concedida á Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética e asume a execución das actuacións subvencionadas e as obrigas de xustificación, seguimento e control asociadas á subvención.
Cuarto. En consecuencia, os importes correspondentes ás anualidades 2026 e 2027 do expediente 15_IN606D_2023_2549300, inicialmente atribuídos á Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética, asígnanse á Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia, tal e como se aprecia no anexo I.
Quinto. O resto das condicións establecidas na Resolución do 7 de decembro de 2023 e na Resolución do 28 de novembro de 2024 mantéñense sen modificación.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2026
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO I
|
Número de expediente |
Entidade beneficiaria |
NIF |
Aplicación orzamentaria |
Crédito (en euros) |
|||||
|
2023 |
2024 |
2025 |
2026 |
2027 |
Total |
||||
|
15_IN606D_2023_2549300 |
Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética (Energylab) |
G27719913 |
07.A2.561A.480.0 |
1.000,00 € |
19.800,00 € |
31.000,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
51.800,00 € |
|
07.A2.561A.781.0 |
0,00 € |
5.000,00 € |
5.000,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
10.000,00 € |
|||
|
Total Energylab |
1.000,00 € |
24.800,00 € |
36.000,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
61.800,00 € |
|||
|
15_IN606D_2023_2549300 |
Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) |
G15305923 |
07.A2.561A.480.0 |
0,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
24.000,00 € |
5.200,00 € |
29.200,00 € |
|
07.A2.561A.781.0 |
0,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
5.000,00 € |
0,00 € |
5.000,00 € |
|||
|
Total ITG |
0,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
29.000,00 € |
5.200,00 € |
34.200,00 € |
|||
