DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 13 de agosto de 2026 Páx. 44490

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada (Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 27 de xullo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de marzo de 2026 (DOG núm. 62, do 6 de abril), da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro forestal xefe de brigada (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. No proceso de acceso libre, ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas do primeiro exercicio números 20, 21 e 48 e substituílas polas preguntas de reserva 141, 142 e 143, respectivamente.

No proceso de promoción interna, ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular a pregunta do primeiro exercicio número 23 e substituíla pola pregunta 116.

Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións.

Segundo. Pola quenda de acceso libre superan o primeiro exercicio cento sete (107) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 20 puntos, fixándose en 63,50 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Pola quenda de promoción interna supera o primeiro exercicio unha (1) persoa aspirante que obtivo unha puntuación mínima de 20 puntos, fixándose en 26,00 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Terceiro. Pola quenda de acceso libre superan o segundo exercicio cento seis (106) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 10 puntos, fixándose en 20,00 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.2 da convocatoria.

Pola quenda de promoción interna superan o segundo exercicio unha (1) persoa aspirante que obtivo unha puntuación mínima de 10 puntos, fixándose en 20,00 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.2 da convocatoria.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro forestal xefe de brigada (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro forestal xefe de brigada (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm.146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

A dita documentación deberá tramitarse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) na epígrafe Expediente-e→Idiomas-Galego. Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

Non terán que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa teña acreditada a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2026

Fernando Veiga Aguiar
Presidente do tribunal