DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 13 de agosto de 2026 Páx. 44488

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 208, do 28 de outubro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 23 de xullo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de abril de 2026 (DOG núm. 67, do 13 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de outubro de 2025 (DOG núm. 208, do 28 de outubro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co previsto na base II.1.2.7 da convocatoria e en relación co primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, realizado o día 30 de maio de 2026, unha vez revisadas as alegacións presentadas:

– Anular as preguntas 11 e 106 da primeira parte do exercicio e substituílas polas preguntas de reserva 161 e 162.

Igualmente, acorda desestimar as restantes alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e, para superalo, será preciso obter un mínimo de quince (15) puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 22 de maio de 2026, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que:

Superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes, determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Para os efectos do previsto no parágrafo anterior, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas, cabe aterse ao previsto na base I.1 desta convocatoria.

Partindo do anterior, asignarase a valoración de 15 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas). Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Realizada a corrección o día 21 de xullo de 2026, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 55 persoas aspirantes no seu conxunto, fixándose en 64 o número de respostas netas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 30 de maio de 2026, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de outubro de 2025 (DOG núm. 208, do 28 de outubro) no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. Consonte a citada base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As alegacións presentaranse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Quinto. Tal e como recolle a base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026

Patricia Villajos Grande
Presidenta do tribunal