DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 27 de agosto de 2026 Páx. 46859

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Calvos de Randín

ANUNCIO da aprobación do Plan especial para a creación de solo urbano con destino a usos industriais e terciarios.

O Pleno do Concello de Calvos de Randín, na sesión extraordinaria urxente do 6 de agosto de 2026, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial para a creación de solo urbano con destino a usos industriais e terciarios no municipio de Calvos de Randín, promovido polo Concello de Calvos de Randín e redactado por Dousdé Arquitectura, S.L.P., unha vez incorporadas ao documento as determinacións derivadas da súa tramitación e do informe emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo.

Segundo. Dispoñer a publicación deste acordo e da normativa urbanística do Plan especial no Diario Oficial de Galicia, así como nos restantes medios de publicidade legalmente establecidos, para os efectos da súa entrada en vigor.

Terceiro. Remitir un exemplar dilixenciado do Plan especial aprobado definitivamente á consellería competente en materia de urbanismo para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, así como realizar cantas actuacións sexan necesarias para a plena eficacia do acordo.

Cuarto. Notificar o presente acordo ás persoas e administracións interesadas que interviñeron na tramitación do expediente, con indicación dos recursos que procedan conforme a lexislación vixente.

Quinto. Facultar a Alcaldía Presidencia para a realización de cantos actos sexan precisos para a execución e o cumprimento deste acordo.

En aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición administrativa de carácter xeral, contra este acordo poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio ou da recepción da notificación do acordo, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e que sexa conforme dereito.

Calvos de Randín, 20 de agosto de 2026

Aquilino Valencia Salgado
Alcalde