Logo de ver a proposta formulada polo presidente da Comisión de Selección nomeada para a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica na institución do Valedor do Pobo, convocadas pola Resolución do 4 de maio de 2026 (DOG número 88, do 13 de maio),
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles as dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica na Valedora do Pobo ás persoas aspirantes que se relacionan no anexo I, por obteren a maior puntuación de conformidade cos criterios de valoración fixados na base novena da Resolución do 4 de maio de 2026.
Segundo. Consonte o establecido na base décimo primeira da convocatoria, publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Valedora do Pobo, onde se farán constar as persoas beneficiarias (anexo I) e a relación complementaria de suplentes (anexo II), coa puntuación global acadada segundo os criterios de valoración que figuran na base novena da convocatoria.
Terceiro. De conformidade co establecido na base décimo segunda da convocatoria, as persoas seleccionadas deberán incorporarse para o desenvolvemento dos labores de formación práctica dentro dos sete días hábiles seguintes ao da publicación da resolución de concesión das bolsas no Diario Oficial de Galicia.
Se unha vez transcorridos sete días naturais desde a data establecida de incorporación esta non se producise, a bolsa poderase entender rexeitada, agás causa xustificada.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, conforme ao establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición perante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2026
María Dolores Fernández Galiño
Valedora do pobo
ANEXO I
|
Aspirantes |
Puntuación total |
|
***4671** |
11,90 |
|
***3097** |
10,88 |
ANEXO II
|
Aspirantes |
Puntuación total |
|
***9288** |
10,36 |
|
***4540** |
9,72 |
|
***0442** |
7,52 |
