DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 1 de setembro de 2026 Páx. 47571

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2026 pola que nomea como persoal funcionario de carreira na subescala de innovación educativa.

Rebeca Santiago Cobo interpuxo un recurso contencioso-administrativo contra a Resolución do 8 de abril de 2025, da Universidade de Vigo, mediante a que se lle denegou a continuación do procedemento selectivo de estabilización de emprego temporal, convocado mediante a Resolución do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro).

A Sentenza da praza nº 1 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Vigo, do 11 de febreiro de 2026, estimou o recurso e condenou a Universidade de Vigo a proseguir os trámites do proceso selectivo e nomear a seguinte aspirante.

En execución desta sentenza ditouse a Resolución do 28 de xullo de 2026 pola que se modificou a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de concurso, para o ingreso na escala técnica superior de servizos xerais, da subescala de innovación educativa.

Verificado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria e de conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Nomear a Rebeca Santiago Cobo, con DNI ***7204**, funcionaria de carreira da escala técnica superior de servizos xerais, da subescala de innovación educativa, con adxudicación do seguinte posto definitivo:

Código

Denominación do posto

Unidade

CD

SG

Q

C

36000 PF1280 1

Técnico/a de innovación educativa

Xerencia

23

A1

M e T

V

CD: complemento de destino. Q: Quenda; M: mañá e tarde.

SG: subgrupo de titulación. C: Campus; V: Vigo.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 60.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira deberase prestar acto de acatamento da Constitución, do Estatuto de autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico, así como declarar o seu compromiso de exercer con imparcialidade as súas funcións.

Terceiro. De conformidade co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, para tomar posesión a persoa deberá formular unha declaración expresa ou realizar a opción prevista na devandita lei.

Cuarto. A toma de posesión deberá efectuarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 30 de xullo de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo