DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 2 de setembro de 2026 Páx. 47648

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2026 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de adopcións especiais (código de procedemento BS214F).

O Estatuto de Autonomía de Galicia, no artigo 27.23, atribúelle á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

O artigo 24 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, establece que a adopción nacional e internacional se axustará ao establecido pola lexislación civil aplicable.

O servizo de adopción está previsto no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia. En concreto, o punto 2.4.10 do anexo desta norma refírese ao «servizo de adopción», que define como o «conxunto de intervencións de protección dirixidas á persoa menor de idade en situación de desamparo, destinadas á integración definitiva desta nunha familia distinta á súa familia de orixe coa cal se establece un vínculo xurídico de filiación.

A finalidade da adopción é proporcionarlles aos nenos, nenas e adolescentes (NNA) en situación legal de seren adoptados unha familia que satisfaga as súas necesidades afectivas, socioeducativas e de desenvolvemento persoal».

A habilitación do réxime de concertos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, abre a posibilidade de aplicar esta figura a programas e servizos desenvolvidos pola Entidade Pública de Protección á Infancia e á Adolescencia de Galicia.

Este proxecto será financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade, con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.312B.228, código de proxecto 2013 590, que figura na Lei 4/2025, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, na que existe crédito axeitado e suficiente.

Cumpridos os requisitos do artigo 10 e de conformidade co artigo 11 do devandito Decreto 229/2020, a resolución do procedemento BS214F do presente concerto social, logo da fiscalización da proposta, correspóndelle á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar o inicio e a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de adopcións especiais, código de procedemento BS214F, que se xunta á presente resolución no anexo I, e ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución de inicio.

Segundo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2026

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade

ANEXO I

Concerto social con código de procedemento BS214F, que consiste na execución do Programa de adopcións especiais

A) Necesidade administrativa que se pretende satisfacer.

A Constitución española dispón, no artigo 39, entre os principios reitores da política económica e social, o apoio dos poderes públicos para asegurar a protección social, económica e xurídica da familia, e sinala igualmente que nenos, nenas e adolescentes deberán gozar da protección prevista nos acordos internacionais, entre os que deben incluírse os dereitos recoñecidos á infancia pola Convención sobre os dereitos do neno, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e en vigor en España desde o 5 de xaneiro de 1991.

A Comunidade Autónoma de Galicia posúe competencias exclusivas en materia de asistencia social, de conformidade co disposto no artigo 27.23 do Estatuto de autonomía de Galicia, Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e nos reais decretos de transferencia 2411/1982, do 24 de xullo, e 534/1984, do 25 de xaneiro. En virtude da devandita competencia aprobáronse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

A Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, asumiu entre as súas competencias, segundo o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 73, do 14 de abril), o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril) e o Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade ao abeiro da disposición transitoria do Decreto 42/2024, do 14 de abril, a protección e a tutela das persoas menores en situación de risco ou desamparo nos termos establecidos no Código civil, na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, no Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, a Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia, e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e na Lei orgánica 8/2021 do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia.

O Programa de adopcións especiais ten por obxecto promover a adopción dos nenos, nenas e adolescentes tutelados pola Xunta de Galicia que, polas súas características, teñen máis dificultades para seren adoptados.

Son persoas menores que, pola súa idade, por pertencer a un grupo de irmáns, ter unha discapacidade física e/ou intelectual ou calquera outra característica particular, teñen máis problemas para atopar unha familia que as adopte. Porén, estes menores necesitan e teñen dereito a crecer co apoio, a seguridade e o afecto que só unha familia pode ofrecerlles.

O desenvolvemento deste programa fai necesaria a intervención dun equipo de profesionais dedicado especificamente á información e formación das persoas solicitantes de adopción, coñecemento dos nenos e nenas destinatarios do Programa, así como ao seguimento completo e continuado de todo o proceso adoptivo (preadopción e integración) co fin de acadar que se incremente o número de menores con características especiais adoptados e dar así cumprimento ao principio de actuación en favor do interese superior do menor.

A finalidade que se persegue con este programa é conseguir o benestar dos menores beneficiarios nun medio familiar normalizado e cumprir o dereito das nenas e nenos a vivir nunha familia.

O artigo 2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que este tipo de relación xurídica se pode establecer entre a Administración xeral autonómica e aquelas entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.

O servizo de adopción está previsto no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia. En concreto, o punto 2.4.10 do anexo desta norma refírese ao «servizo de adopción», que define como «o conxunto de intervencións de protección dirixidas á persoa menor de idade en situación de desamparo, destinadas á integración definitiva desta nunha familia distinta á súa familia de orixe coa cal se establece un vínculo xurídico de filiación.

A finalidade da adopción é proporcionarlles aos nenos, nenas e adolescentes en situación legal de seren adoptados unha familia que satisfaga as súas necesidades afectivas, socioeducativas e de desenvolvemento persoal».

B) Obxecto do concerto social.

O obxecto deste concerto social é o desenvolvemento do Programa de adopcións especiais nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia durante os anos 2026 a 2028 e con posibilidade de prórrogas ata 2030.

Os/as beneficiarios/as deste programa son persoas menores de idade non emancipadas en situación de desamparo.

O obxectivo xeral do Programa é promover a adopción de nenos, nenas e adolescentes tutelados/as pola Xunta de Galicia que, polas súas características, teñen máis dificultade para exercer o seu dereito a vivir en familia.

Os obxectivos específicos que se pretenden acadar son:

• Darlle a coñecer á sociedade a situación dos nenos que necesitan unha familia adoptiva e sensibilizala sobre iso.

• Formar as persoas dispostas a adoptar nenos, nenas ou adolescentes con dificultades especiais.

• Apoiar as familiar e as persoas menores no proceso de integración adoptiva para fortalecer e consolidar o vínculo familiar.

C) Modalidades de concertación.

A modalidade de concertación é o procedemento de asignación de concertos, regulado no artigo 9 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O concerto será asignado a unha única entidade.

D) Réxime económico do acordo.

D.1. Orzamento e crédito orzamentario ao que se imputa o gasto.

A Consellería de Política Social e Igualdade financiará o custo derivado da execución do presente concerto cunha contía máxima de 289.464,04 € desde o 1.11.2026 ao 31.7.2028. Este importe tramitarase con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.312B.228, código de proxecto 2013 590, que figura na Lei 4/2025, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, na que existe crédito axeitado e suficiente.

D.2. Distribución en anualidades.

Anualidades do concerto

Posibles prórrogas

2026 + IVE
61 días

2027 total + IVE

2028 + IVE
213 días

2028 + IVE
153 días

2029 total + IVE

2030 + IVE
212 días

25.015,21 €

163.361,33 €

101.087,50 €

72.612,15 €

184.281,04 €

109.991,98 €

Distribución en anualidades (sen IVE).

Anualidades do concerto

Posibles prórrogas

2026 (61 días)

2027

2028 (213 días)

2028 (153 días)

2029

2030 (212 días)

22.741,10 €

148.510,30 €

91.897,73 €

66.011,04 €

167.528,22 €

99.992,71 €

Importe total

Anualidades do concerto

Importe

Posibles prórrogas

Anos 2026+2027+2028 (IVE incluído)

Anos 2028+2029+2030 (IVE incluído)

289.464,04 €

366.885,17 €

Anualidades

Totais (sen IVE)

Posibles modificacións (50 %)

Total + modificacións

2026 (61 días)

22.741,10 €

11.370,55 €

34.111,65 €

2027

148.510,30 €

74.255,15 €

222.765,45 €

2028 (213 días)

91.897,73 €

45.948,87 €

137.846,60 €

Anualidades

Posibles prórrogas (sen IVE)

Modificacións prórrogas (50 %)

Total prórrogas + modificacións

2028 (153 días)

66.011,04 €

33.005,52 €

99.016,56 €

2029

167.528,22 €

83.764,11 €

251.292,33 €

2030 (212 días)

99.992,71 €

49.996,36 €

149.989,07 €

Total valor estimado

895.021,65 €

D.3. Prezo.

A Consellería de Política Social e Igualdade aboará pola prestación do servizo obxecto deste concerto un importe mensual, que reflicte en cada ano os incrementos salariais que se desprenden do V Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores (BOE núm. 302, do 16 de decembro de 2024) e que se prevén na distribución por anualidades recollida no punto anterior.

De acordo coa devandita distribución, a contía que percibirá a entidade adxudicataria pola execución do servizo en cada mensualidade será a seguinte:

2026

2027

2028

Importe con IVE

12.302,56 €

13.613,44 €

14.237,68 €

Importe sen IVE

11.184,15 €

12.375,86 €

12.943,34 €

A devandita cantidade destinarase a soportar os gastos que aparecen desagregados no estudo de custos que consta no expediente administrativo deste concerto social, exixido polo artigo 10.2.d) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

E) Duración do concerto social e posibilidade de renovacións.

Este concerto social estará vixente desde a data da súa formalización, prevista para o 1.11.2026, ata o 31.7.2028. Existirá a posibilidade de prórrogas ata o 31.7.2030 no caso de existir crédito adecuado e suficiente.

De acordo co artigo 8 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, coa finalidade de garantir a estabilidade na súa provisión, despois de resolverse este concerto social, o Programa poderá continuar tras a convocatoria dun novo concerto financiado con fondos propios ou da UE, sempre e cando exista crédito adecuado e suficiente.

F) Requisitos que deben cumprir as entidades para poder presentarse ao procedemento de concertación.

Para poderen acollerse ao réxime de concerto social, as entidades que presten servizos sociais deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase mediante un dos seguintes medios:

b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite que ten un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 35.000,00 euros.

b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil, vixente ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior aos seguintes valores anuais: 35.000,00 euros.

A súa acreditación efectuarase por medio de:

1. Unha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador na que se exprese o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.

2. Unha vez que se adxudique o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de presentar, de ser requirida, un certificado expedido pola aseguradora, no que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

b.2) Solvencia técnica e profesional:

Reputarase solvente a entidade concertante que acredite polo menos un dos seguintes requisitos:

– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, que se prestasen a algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata a fin do prazo de presentación de proposicións), cuxos importes acumulados no ano de maior execución sexan iguais ou superiores a 35.000,00 euros.

A súa acreditación efectuarase por medio dunha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador na que figuren os principais servizos e traballos realizados de natureza análoga ao obxecto deste concerto nos últimos tres anos, que se computarán ata a data de fin do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, que inclúa importes, datas e destinatarios públicos ou privados.

Logo de que se adxudique o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida:

Se o destinatario fose unha entidade do sector público, unha copia da certificación de boa execución expedida ou visada polo órgano competente. No caso de que o destinatario fose a Xunta de Galicia, os servizos comprobaranse de oficio.

Se o destinatario fose un suxeito privado, unha copia da certificación de boa execución expedida por este ou, a falta de certificación, unha declaración responsable da entidade na que expoña que realizou o traballo ou servizo a satisfacción daquel, acompañada dos documentos obrantes no seu poder que acrediten que se realizou a prestación.

– Polo menos unha das persoas que forme parte do equipo técnico ten que contar, en postos de características asimilables, cunha experiencia mínima de dous anos, dentro dos últimos tres, nalgunha empresa ou entidade que, pola súa vez, prestase servizos para unha Administración pública ou entidade privada, sempre que tanto o servizo prestado como as tarefas desempeñadas polo persoal teñan natureza análoga ao obxecto do concerto.

c) Contar cunha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de dous anos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Contar cun seguro de responsabilidade civil.

g) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

G) Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

G.1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento BS214F).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada, por parte da persoa solicitante, da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

G.2. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

G.3. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva algunha.

H) Documentación complementaria.

H.1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Declaración responsable ou certificación que acredite que a entidade conta coa solvencia económica e financeira e técnica e profesional segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

b) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de dous anos na atención á infancia e á adolescencia, como se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

c) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo V da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso indicarase neste momento «pendente de contratación». No caso de que se manteñan o persoal subrogado, indicarase o número de orde que figure na táboa de subrogación que figura no anexo VII.

d) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:

d.1) Proxecto técnico, diferenciado nos seguintes apartados:

– Accións de sensibilización, difusión e captación do Programa.

– Proxecto formativo.

– Proxecto de intervención coas familias e NNA.

– Plan de formación continua do persoal.

– Sistema de avaliación.

d.2) Descrición das instalacións nas que se levará a cabo o servizo. Para cada unha das instalacións ofertadas achegaranse as informacións e os documentos seguintes:

– Grao de conservación, calidade e confortabilidade dos espazos e equipamentos, incluída a accesibilidade (teranse en conta informes técnicos, fotografías...).

– Dimensións, distribución e grao de adecuación dos espazos, así como o grao de adecuación dos equipamentos ás actividades que se vaian realizar.

d.3) Documentación que acredite a posesión da Certificación Galega de Excelencia en Igualdade, do Certificado de Empresa Familiarmente Responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), ou documentos equivalentes.

d.4) Documentación que acredite a continuidade na atención prestada e implantación do Programa de adopcións especiais de Galicia.

d.5) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da protección á infancia e adolescencia. En caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cubrir a declaración responsable recollida no anexo II e indicar os programas correspondentes, que comprobará de oficio a Comisión de Valoración.

e) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan no apartado K.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

f) Documentación acreditativa da titularidade das instalacións nas que se levará a cabo o servizo ou da súa dispoñibilidade, mediante calquera título xurídico válido, durante un período non inferior ao da vixencia do concerto, así como, de ser o caso, a autorización da entidade ou persoa titular do inmoble onde se prestan os servizos.

g) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

H.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

H.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presenta de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

I) Comprobación de datos.

I.1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Comprobación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Comprobación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Anos que a entidade, de ser o caso, leva desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia, cando fosen financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

g) DNI/NIE da persoa empregada.

h) Inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

i) Inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual e de trata de seres humanos do persoal que se designe para a prestación do servizo.

j) Títulos oficiais universitarios, de ser o caso, do persoal que se designe para o servizo, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

I.2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

I.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

J) Órganos competentes para a tramitación e resolución do procedemento.

A tramitación deste procedemento de concerto social correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.

A resolución correspóndelle á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

K) Procedemento do concerto social.

K.1. Instrución.

K.1.1. Este concerto realizarase mediante o procedemento de asignación seleccionando a entidade prestadora do servizo segundo as prestacións ou programas que realizará durante o concerto social, de acordo cos criterios de selección e preferencia desta convocatoria.

K.1.2. Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a instrución do procedemento que verificará que as solicitudes das entidades reúnen os requisitos exixidos e que estas achegaron a documentación preceptiva.

K.2. Informe da Comisión de Valoración

K.2.1. A Comisión de Valoración fará público o resultado das súas deliberacións a través do portal web da Consellería de Política Social e Igualdade.

K.2.2. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe no que figurará unha listaxe ordenada, de acordo coas puntuacións obtidas. Proporá para a execución do concerto á entidade que reúna maior puntuación.

K.3. Documentación que debe presentar a entidade adxudicataria.

Unha vez aceptada pola Consellería de Política Social e Igualdade a proposta da Comisión de Valoración, a entidade seleccionada deberá presentar a seguinte documentación:

– Anexo III - Documentación que deberá presentar a entidade adxudicataria.

– Anexo V - Relación de persoal adscrito ao servizo, detallando os datos que non se achegaron coa solicitude, de ser o caso.

– Anexo VI - Consentimento individualizado da comprobación de datos asinado por cada empregado/a da entidade adxudicataria.

– Documentación que acredite a solvencia económica e financeira e técnica e profesional, de acordo coas fórmulas escollidas na declaración responsable presentada coa solicitude, de ser o caso.

– Documentación que acredite a subscrición dos seguros que se mencionan a seguir:

A entidade adxudicataria estará obrigada á constitución dunha póliza de seguros para a cobertura dos seguintes riscos:

1. Danos e sinistros que se produzan nos locais, bens, aparatos e materiais afectos ao servizo.

2. Responsabilidade civil que cubra:

– Os danos que puidese sufrir calquera persoa, en si mesma ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento dos locais da entidade adxudicataria cos que conta o Programa.

– Os danos que puidesen ser causados ás persoas e aos bens de terceiros polos profesionais e, en xeral, por calquera persoa dependente da entidade adxudicataria, incluídos os actos derivados de actividades realizadas relacionadas coa prestación do servizo.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 150.000,00 € por sinistro e 300.000,00 € por anualidade.

A xustificación da póliza subscrita e do pagamento da prima deberá realizarse no momento da formalización, e cada vez que se renove a póliza.

– Resgardo de presentación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga) da garantía que se exixe no apartado S.2 desta resolución.

K.4. Formalización do concerto.

K.4.1. Este concerto social formalizarase mediante un documento administrativo, co contido establecido no artigo 19 do Decreto 229/220, do 17 de decembro, dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

K.4.2. O documento de formalización será subscrito, en representación da Administración, pola persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade ou pola persoa na que delegue.

K.4.3. O concerto perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen que se efectuase esta previamente.

K.4.4. Logo de que se formalice, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, nesta resolución de convocatoria do concerto social e nos criterios de preferencia e selección da entidade.

K.4.5. Cando por causas imputables á entidade concertada non se formalizase o concerto social, a Administración acordará a súa resolución e a incautación da garantía no caso de que se constituíse.

K.4.6. Se as causas da non formalización fosen imputables á Administración, indemnizarase a entidade polos danos e perdas que a demora lle puidese ocasionar.

L) Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras presentar a solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

M) Prazo de resolución, notificación e publicación.

M.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

M.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran coa súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

M.4. As notificacións consideraranse efectuadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido e consideraranse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

M.5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.6. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

M.7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concertación será de tres meses, que se contarán desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros tres meses.

M.8. Logo de que transcorra o prazo establecido sen que se dite e se notifique a resolución, as entidades poderán considerar desestimada a súa pretensión por silencio administrativo.

N) Recursos contra a resolución.

Este concerto terá carácter administrativo e rexerase nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas, polo disposto no artigo 18 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como pola Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. No seu defecto, para resolver as lagoas e dúbidas que puidesen presentarse, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro.

As cuestións litixiosas xurdidas sobre a interpretación, modificación e resolución resolveraas a Consellería de Política Social e Igualdade e os seus acordos poñeranlle fin á vía administrativa. Contra elas cabe un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución fose expresa. Se o acto non fose expreso, poderase interpor un recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, ou poderase interpor directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da notificación do acto que lle poña fin á vía administrativa, se este fose expreso. Se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase, para a persoa solicitante e outras posibles interesadas, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O) Criterios de selección e preferencia.

O.1. Para a formalización deste concerto, de acordo co artigo 33 quinquies.5 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, daráselles prioridade ás entidades sen ánimo de lucro cando existan análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, sempre que, en todo caso, se garanta a libre concorrencia e se respecten os principios de igualdade de trato, de non discriminación e de transparencia.

Deste xeito, a consideración de entidade sen ánimo de lucro inclúese entre os criterios de desempate.

O.2. Neste procedemento de asignación de concerto establécense os seguintes criterios para a selección da entidade adxudicataria, coa finalidade de acadar unha valoración que sirva para establecer unha orde de prelación para concertar:

O.2.A. Calidade do proxecto técnico (54 puntos), baremado de acordo cos seguintes criterios:

O.2.A.1. Accións de sensibilización, difusión e captación do Programa, ata 10 puntos, segundo os seguintes criterios:

• Plan de sensibilización: darlle a coñecer á poboación xeral o Programa sobre as dificultades e necesidades dos NNA de protección (ata 3 puntos).

• Difusión e captación de potenciais destinatarias/os: incidencia en colectivos profesionais vinculados á infancia (ata 3 puntos).

• Adecuación do formato, do contido, da metodoloxía, dos recursos e do impacto empregados aos obxectivos pretendidos (ata 2 puntos).

• Accións de implicación das propias familias na difusión do Programa, que promova a creación de sinerxías entre elas (ata 2 puntos).

O.2.A.2. Proxecto formativo, ata 20 puntos, segundo os seguintes criterios:

• Adecuación de contidos, duración, metodoloxía, recursos e avaliación empregados con respecto aos obxectivos pretendidos (ata 15 puntos).

• Información (orientada cara á autoselección) e formación (retos derivados das necesidades e circunstancias especiais en relación co interese superior do menor e retos da propia adopción derivados da desprotección infantil).

• Formación: motivación, expectativas e competencias parentais.

• Facilidade de acceso ás actividades tendo en conta a súa distribución xeográfica e temporal: rexistros asociados (ata 5 puntos).

O.2.A.3. Proxecto de intervención coas familias e NNA, ata 15 puntos, tendo en conta a coherencia entre as distintas problemáticas e necesidades dos NNA atendidos e os obxectivos, contidos, metodoloxía e actividades propostos.

• Información e formación: necesidades dos NNA derivadas da desprotección e necesidades derivadas das circunstancias especiais. Competencias parentais e parentalidade positiva.

• Colaboración cos servizos de protección na valoración da idoneidade. Solicitude, documentación e proposta de declaración de idoneidade.

• Coordinación cos servizos de protección durante as diferentes fases nas que se desenvolve o Programa.

• Plan de integración diferencial, en función das diferentes características dos NNA en situación de adoptabilidade: idade, enfermidade crónica ou discapacidade, diferencias culturais e raciais, adopción múltiple e outras.

• Intervención na preparación do NNA, axuste, formalización da garda con fins de adopción, apoio e seguimento.

• Servizos de apoio e acompañamento familiar (programas de educación familiar, gardarías, GOF, mediación familiar, tratamento psicolóxico, bolsas e axudas, servizos da comunidade...)

O.2.A.4. Plan de formación continua do persoal, ata 4 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

• Adecuación do plan de formación continua ás características do servizo e ao proxecto técnico (ata 2 puntos).

• Obxectivos, contidos, metodoloxía, temporalización e avaliación das actividades (ata 1 punto).

• Adecuación das persoas destinatarias e dos perfís profesionais do persoal formador (ata 1 punto).

O.2.A.5. Calidade do sistema de avaliación, ata 5 puntos.

• Avaliación interna do propio programa. Avaliación cuantitativa/cualitativa (ata 3 puntos).

• Implantación de certificacións de calidade como UNE 0070:2022 ou equivalente (ata 2 puntos).

O.2.B. Instalacións nas que se levará a cabo o servizo, ata 6 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

O.2.B.1. Grao de conservación, calidade e confortabilidade dos espazos e equipamentos, incluída a accesibilidade (teranse en conta informes técnicos, fotografías...) (ata 3 puntos).

O.2.B.2. Dimensións, distribución e grao de adecuación dos espazos, así como o grao de adecuación dos equipamentos ás actividades que se vaian realizar (ata 3 puntos).

O.2.C. Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade, ata 10 puntos:

De acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, valorarase a existencia na empresa de políticas en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade que se apliquen na execución deste concerto do seguinte xeito:

O.2.C.1. Estar en posesión da Certificación Galega de Excelencia en Igualdade ou equivalente (4 puntos).

O.2.C.2. Estar en posesión do Certificado de Empresa Familiarmente Responsable ou equivalente (4 puntos).

O.2.C.3. Estar en posesión do Recoñecemento á Promoción da Parentalidade Positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) ou equivalente (2 puntos).

O.2.D. Continuidade na atención prestada e implantación do Programa de adopcións especiais de Galicia, ata 15 puntos. Computarase un punto por cada ano que a entidade solicitante veña desenvolvendo servizos, dentro desta tipoloxía, relacionados coa protección á infancia e á adolescencia.

O.2.E. Experiencia acreditada pola entidade no ámbito da protección á infancia e a adolescencia. Por cada ano de servizo acreditado pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia, ata 15 puntos. Computarase un punto por cada ano completo por encima do requisito mínimo para optar ao concerto (dous anos), así mesmo, ratearanse os meses restantes e a data final do cómputo será a da publicación deste concerto social no Diario Oficial de Galicia.

Empregarase como primeiro criterio de desempate a preferencia das entidades sen ánimo de lucro fronte ao resto de entidades prestadoras de servizos sociais. Como segundo, un número de integrantes do cadro de persoal con discapacidade superior ao 2 % nos termos do artigo 147.1.a) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e o Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010, así como o previsto no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. No caso de que varias empresas se atopen nestas circunstancias, terá preferencia na adxudicación do concerto o licitador que acredite maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade no seu cadro de persoal.

P) Composición e funcionamento da Comisión de Valoración.

P.1. A Comisión de Valoración está composta polo persoal funcionario que a seguir se relaciona:

Titular

Suplente

Presidencia

Persoa titular da Subdirección xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Persoa titular da Subdirección xeral de Demografía e Conciliación

Vogalías

Persoa titular da Xefatura do Servizo de Protección de Menores

Persoa titular da Xefatura do Servizo de Xustiza Penal Xuvenil

Psicólogo/a (Servizo de Protección de Menores)

Pedagogo/a (Servizo de Protección de Menores)

Psicólogo/a (Servizo de Protección de Menores)

Psicólogo/a (Servizo de Protección de Menores)

Traballador/a social (Servizo de Protección de Menores)

Pedagogo/a (Servizo de Protección de Menores)

Secretaría

Persoa titular da Xefatura da Sección de Tramitación Administrativa

Persoa titular da Xefatura da Sección de Programación

P.2. Na organización e no funcionamento da Comisión de Valoración aplicarase o disposto, en materia de órganos colexiados, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

P.3. O órgano instrutor, a través da Comisión de Valoración, poderá solicitarlles ás persoas interesadas cantas aclaracións e ampliacións de información e documentos sexan precisos para a adecuada resolución do procedemento e, en xeral, realizar cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución, entre os que se incluirá, en todo caso, un prazo de corrección de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

P.4. Así mesmo, a Comisión de Valoración poderá solicitar os informes técnicos que precise nos seus labores de instrución, de acordo co disposto no artigo 15 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Q) Condicións técnicas e materiais da prestación obxecto do concerto social.

Q.1. Obxecto do concerto.

O obxectivo xeral do Programa é promover a adopción de nenos, nenas e adolescentes tutelados pola Xunta de Galicia que, polas súas características, teñen máis dificultade para poder exercer o seu dereito a vivir en familia.

Os obxectivos específicos que se pretenden acadar son:

• Darlle a coñecer á sociedade a situación dos NNA que necesitan unha familia adoptiva e sensibilizala a este respecto.

• Formar as persoas dispostas a adoptar NNA con dificultades especiais.

• Apoiar as familias e os NNA no proceso de integración adoptiva para o establecemento e a consolidación dun vínculo de apego reparador.

Q.2. Ámbito de execución do concerto.

O servizo prestarase en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Q.3. Persoas destinatarias do Programa.

Son persoas destinatarias do Programa:

• As persoas menores de idade tuteladas pola Xunta de Galicia que, polas súas características, teñen máis dificultade para seren adoptadas. A consideración das características especiais determinantes da inclusión das persoas menores neste programa quedará ao criterio do equipo técnico do menor (ETM) correspondente, podendo, en todo caso, citarse: adolescentes, grupos de tres ou máis irmáns, NNA con discapacidade ou enfermidade e, en xeral, aqueles que presenten calquera outra característica que poida dificultar a adopción.

Enténdese por persoas menores con características especiais aqueles NNA para os que existe unha maior dificultade de atopar unha familia no Programa ordinario de adopción. As situacións que poden afectar os NNA son:

a) Ser maior de oito anos.

b) Pertencer a un grupo de tres ou máis irmáns.

c) Padecer algunha enfermidade crónica, ter discapacidade física, psíquica ou sensorial.

d) Presentar outras características distintas das anteriores que poden condicionar igualmente a adopción.

e) Estar inmerso nun proceso de adopción aberta.

• As persoas que se ofrecen para a adopción ou iniciaron un proceso adoptivo e presentan dispoñibilidade para asumir unha adopción especial.

• A sociedade galega en xeral, a través das campañas de sensibilización.

Q.4. Contido do servizo.

O contido do presente concerto comprende a sensibilización, captación, información e preparación das familias, así como o acompañamento técnico ás familias e aos NNA durante o período de garda con fins de adopción e os seguimentos das correspondentes integracións.

As actuacións que deberá realizar a entidade adxudicataria comprenden:

Q.4.1. Desenvolver accións de sensibilización, captación e difusión social do Programa e a captación de novas familias que aínda non estean incorporadas ao circuíto da adopción.

A entidade adxudicataria levará a cabo campañas de difusión e sensibilización sobre a necesidade de familias adoptivas para NNA con especiais dificultades, e dará a coñecer o Programa e as posibilidades que ofrece para axudar ás familias no proceso.

As actividades de sensibilización e difusión poderán realizarse mediante o emprego dos medios de comunicación (prensa escrita, radio, televisión, internet –web, redes sociais–), distribución de folletos e carteis, charlas a colectivos e asociacións, información a axentes dinamizadores, sesións informativas específicas para familias etc.

En todo tipo de material ou acción divulgativa que se leve a cabo, sinalarase expresamente que se trata dun programa da Xunta de Galicia e farase figurar o seu anagrama. Todos os materiais que se empreguen deberán contar coa aprobación previa da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Q.4.2. Realizar actividades de información e formación e preparación dirixidas a familias con dispoñibilidade para adoptar NNA con necesidades especiais. Esta formación será específica para a adopción de NNA con estas características e, polo tanto, será complementaria e posterior á que leven a cabo os equipos de adopción da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

A formación deberá abordar como mínimo os aspectos seguintes:

• Necesidades específicas dos NNA segundo as características que determinan a súa inclusión no Programa: adolescentes, grupos de irmáns, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, persoas con enfermidades crónicas.

• Implicacións das diferenzas e tratamento educativo destas.

• Dificultades do proceso de integración adoptiva de NNA con estas características.

• Recursos para o afrontamento e a resposta ás devanditas necesidades e que contribúan a facilitar o proceso adoptivo.

• A importancia de manter a relación dos NNA coa familia de orixe (nas adopcións abertas).

Os contidos formativos deberán ser aprobados previamente pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. A metodoloxía deberá facilitar a participación e a asimilación práctica dos contidos. En canto aos lugares e aos horarios nos que se desenvolva, deberán facilitarlles a asistencia ás persoas interesadas.

A entidade adxudicataria remitiralle ao ETM correspondente un informe valorativo daqueles núcleos familiares que decidan continuar avanzando no proceso de adopción especial.

Q.4.3. Propoñer a selección da familia máis adecuada, de entre as incluídas no Programa e declaradas idóneas para a adopción, para un determinado NNA ou grupo de irmáns susceptibles de adopción e derivados polo equipo técnico do menor.

Q.4.4. Colaborar co ETM na elaboración do plan de integración onde é o ETM o responsable da súa execución.

Q.4.5. Prestar apoio, asesoramento e acompañamento individualizado ás familias no proceso de adopción. Prestarase tanto ás familias que inicien a convivencia adoptiva e que xa están incluídas no Programa como a aqueloutras que, malia non estaren incluídas anteriormente no Programa, sexan derivadas polos ETM por presentar problemas de convivencia ou preverse especiais dificultades de integración.

Sempre que a duración do concerto o permita, o acompañamento manterase durante un mínimo de dous anos. Unha vez que finalice, poderá volver ampliarse se xurdisen novos problemas ou dificultades na integración.

Durante esta fase, a entidade adxudicataria remitiralles aos ETM un informe de seguimento aos 2, 6, 12, 18 e 24 meses desde o inicio da convivencia, ademais dos que procedan con carácter puntual se se producen incidencias relevantes. Estes informes deberán elaborarse de conformidade co anexo IX-Modelo dos informes de inicio, seguimento e finalización, e coas prescricións que determinen os departamentos territoriais e/ou a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Así mesmo, achegaranse os documentos que se requiran complementariamente.

Q.4.6. Remitirlle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter trimestral, a relación de casos atendidos na fase formativa, na fase de preparación do NNA e axuste/integración da familia. Especificar a relación de familias en caso de adopcións abertas por provincias (anexo IV-Relación de casos atendidos).

Q.4.7. Remitirlle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter trimestral, unha memoria do desenvolvemento do Programa no que se farán constar os seguintes datos:

• Persoal técnico.

• Ámbito territorial e período de execución.

• Accións realizadas distribuídas segundo as diferentes fases establecidas no concerto social:

– Fase de sensibilización, difusión e captación: indicar as accións que se levaron a cabo, cuantificadas segundo a súa tipoloxía, público destinatario, medios empregados (redes sociais, páxina web, prensa escrita, radio, TV, xornadas, etc.) e impacto alcanzado.

– Fase informativa: indicar as accións que se levaron a cabo desagregadas por sexo, ámbito territorial e tipoloxía (individual/grupal). Número de solicitantes de información, data da solicitude e data e modo en que se proporcionou a información.

– Fase formativa: indicar as accións que se levaron a cabo desagregadas por sexo, ámbito territorial e número de horas/sesións. Número de derivacións recibidas polo ETM.

– Fase de colaboración na valoración psicosocial e declaración de idoneidade: número de informes realizados, número de casos atendidos desagregados por familias, sexo e departamentos territoriais.

– Fase de preparación do NNA e axuste/integración na familia: número de derivacións dos NNA recibidas, número de integracións (desagregando NNA e familias por departamento territorial) e número de propostas de selección de familias.

– Fase de colaboración co seguimento e apoio á adopción: número de seguimentos realizados (desagregando NNA e familias por departamento territorial), número de seguimentos realizados nos procedementos de adopcións abertas, número de informes realizados (diferenciar informes de seguimento e finais por departamentos territoriais).

Q.4.8. Remitirlle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter anual, unha memoria do desenvolvemento do Programa na que se farán constar os seguintes indicadores, que se terán en conta á hora de avaliar a efectividade do Programa:

• Actividades de difusión levadas a cabo, cuantificadas segundo a súa tipoloxía. Público destinatario, redes sociais participadas.

• Actividades formativas realizadas, número e perfil de persoas destinatarias.

• Familias e NNA atendidos, novas incorporacións e baixas no Programa ao longo do ano. Perfil dos NNA segundo a súa idade, sexo e as características que determinaron a súa inclusión no Programa (grupo de irmáns, discapacidade, enfermidade crónica, etc.) No caso das baixas, ademais, motivo da baixa: finalización da necesidade de intervención, abandono, ruptura na integración, etc.

• Número de integracións iniciadas por parte das familias e/ou NNA incluídos no Programa.

• Actividades de integración e acompañamento realizadas.

• Recursos persoais e materiais empregados.

• Grao no que se acadaron os obxectivos formulados ao principio do tratamento, con xustificación dos criterios de valoración empregados.

Q.5. Fases de execución do Programa.

Q.5.1. Fase de sensibilización, difusión e captación.

Obxectivos:

• Darlle a coñecer á poboación xeral a medida de protección de adopción especial.

• Proporcionarlle coñecemento á poboación sobre as dificultades dos NNA que están no sistema de protección e as súas necesidades.

• Sensibilizar as familias sobre o seu papel como elemento necesario para a integración familiar dos NNA en situación de risco ou desprotección.

• Conseguir a incorporación de familias no Programa obxecto do concerto.

Metodoloxía:

• A entidade adxudicataria deberá destinar un mínimo do custo total do concerto para a realización de accións de difusión e captación de familias adoptivas, o cal deberá reflectirse na memoria anual.

• A entidade adxudicataria deberá presentar o plan de sensibilización e captación que deberá ser aprobado pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Infancia e que se desenvolverá durante toda a vixencia do concerto.

• O deseño das actuacións estará centrado no interese superior do NNA e nas características e necesidades dos NNA que se benefician do Programa de adopcións especiais.

• As accións de difusión deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Deberán transmitir mensaxes que resalten as necesidades dos NNA e as capacidades das familias para a satisfacción das devanditas necesidades.

– As mensaxes han de ser sinxelas e claras, sen ocultar as dificultades.

– Deberanse utilizar todos aqueles medios que poden ser óptimos e rendibles para a difusión dos programas, incidindo en colectivos sociais vinculados á infancia.

– Deberán facer constar en toda acción que leven a cabo que o Programa de adopcións especiais é un programa promovido pola Xunta de Galicia.

• A entidade adxudicataria facilitará unha páxina web na que se reflicta o contido do Programa.

• Deberá difundir material gráfico sobre o Programa de forma directa ou mediante envío a persoas interesadas e institucións, incidindo especialmente en colectivos sociais e profesionais vinculados á infancia.

• Deberá desenvolver sesións informativas, polo menos con carácter bimensual, dirixidas a persoas ou familias interesadas, así como profesionais de diferentes ámbitos relacionados coa infancia e as familias.

• Deberá promover á implicación das propias familias na difusión das campañas deste programa, fomentando sinerxías entre elas.

Q.5.2. Fase informativa.

Esta fase ten unha finalidade autoselectiva para o inicio do proceso adoptivo.

Obxectivos:

Facilitarlles ás persoas interesadas información xeral sobre o Programa de adopcións especiais e as medidas de protección da Comunidade Autónoma.

Informar sobre os aspectos legais, obxectivos e características do Programa, así como das funcións, dereitos e obrigacións das partes implicadas.

Metodoloxía:

As persoas interesadas poderán dirixirse á entidade adxudicataria ben de forma directa ou a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (departamentos territoriais).

A información deberá facilitarse mediante sesións grupais ou de forma individual. Recoméndase que se realice no prazo máis breve posible.

Representantes da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e dos departamentos territoriais poderán participar nas sesións informativas que se leven a cabo se isto se considera necesario.

A entidade adxudicataria deberá:

• Facilitarlles ás persoas interesadas o material gráfico específico deste programa.

• Proporcionarlles información ás persoas e familias pertencentes ao Programa de adopción.

• Levar un rexistro detallado de todos as persoas solicitantes de información e as incluídas no Programa. Farase constar respecto a elas: información, data da solicitude e data e modo en que se proporcionou a información. O devandito rexistro deberá facilitarse á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica cada tres meses.

• Proporcionarlles ás persoas interesadas que se dirixiron de forma directa a esta fase do Programa a información necesaria para que tramiten un expediente de adopción na nosa comunidade autónoma.

Q.5.3. Fase formativa.

Logo de que se realice a sesión informativa, de continuar co seu interese por adoptar, pasarán a fase de formación específica. Neste punto é preciso sinalar que as persoas que desexen acudir á devandita formación específica deberán ter completada a fase informativa e formativa que se require para iniciar un expediente de adopción en Galicia e, polo tanto, ter presentado o oportuno ofrecemento para a adopción ante o departamento territorial correspondente.

A finalidade desta fase é preparar especificamente as persoas que se ofrecen para este tipo de adopcións.

Obxectivos:

• Facilitarlles ás persoas interesadas a maduración do seu ofrecemento e o axuste da súa demanda á realidade, de forma que poidan valorar as súas propias expectativas, motivacións e capacidades.

• Desenvolver competencias nas familias para afrontar as necesidades dos NNA comprendendo a dinámica que deu lugar á situación destes.

• Dotalas de estratexias de afrontamento que lles permitan abordar con probabilidades de éxito as problemáticas que se poden presentar.

• Coñecer o papel da familia adoptiva e da familia biolóxica para, no caso de ser posible e necesario, situar en contexto as necesidades do NNA.

• Coñecer as competencias e funcións do persoal técnico, tanto dos servizos de protección (ETM) como da entidade adxudicataria.

• De proceder, preparar a familia e o NNA para o cesamento da garda con fins de adopción e establecer as pautas necesarias para unha boa despedida, no caso de darse.

Metodoloxía:

Accións formativas grupais de acordo cun programa de formación, cuxos contidos abordarán como mínimo os aspectos seguintes:

De proceder, preparar a familia e o NNA para o cesamento da garda con fins de adopción, e establecer as pautas necesarias para unha boa despedida, no caso de darse.

• As expectativas cara á adopción.

• A motivación para a adopción.

• O axuste e adaptación no proceso adoptivo.

• A creación do vínculo afectivo.

• O tratamento da historia persoal.

• A comunicación e as orixes na adopción.

• Historia de abandono e recoñecemento do dano.

A formación responderá a un modelo interactivo e participativo entre os membros do grupo. Desenvolverase co obxectivo de proporcionarlles ás persoas solicitantes mecanismos de reflexión sobre a súa decisión e realizarase con carácter previo á fase final de valoración da idoneidade.

En todo caso, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica poderá introducir modificacións no programa de formación ou impartir instrucións sobre o seu contido.

A entidade adxudicataria deberá:

• Admitir nos cursos de formación unicamente aquelas persoas que recibisen información na fase previa e formulasen unha solicitude escrita de participación no Programa, o que dará lugar á apertura do correspondente expediente nos servizos dos departamentos territoriais de Protección de Menores.

• Realizar unha información e formación expresa destinada a persoas e/ou familias derivadas pola Administración polo seu interese en iniciar o proceso de adopción especial.

• Esta circunstancia acreditarase mediante o rexistro das persoas solicitantes de información que debe levar a entidade adxudicataria, ao que se fixo referencia no apartado relativo á información e recollerá as datas de solicitude e de derivación.

• Organizar as sesións grupais procurando que estean formadas por un número non maior de oito persoas. Se non fose posible alcanzar ese número, poderanse incorporar á sesión familias adoptantes, co obxecto de potenciar o funcionamento do novo grupo e crear sinerxías entre elas. Débese diferenciar a formación entre familias idóneas e familias aínda sen valorar.

Se as persoas que se ofrecen para a adopción fosen parella, requirirase en todo o proceso formativo a presenza activa dos dous membros da parella e só poderán ausentarse por un máximo dun 15 % do total do tempo formativo por causa xustificada. Será a entidade adxudicataria a que lles proporcionará os materiais que poidan completar as sesións que non recibiron.

A formación terá unha duración mínima de 12 horas distribuídas en catro sesións, cunha duración de polo menos tres horas cada unha.

Unha vez que conclúa a fase de formación, entregaráselles as persoas solicitantes a certificación acreditativa de que efectuaron a fase formativa na que conste o número de horas e sesións desenvolvidas. Esta certificación deberá facilitarse tamén á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Dado que o obxectivo da adopción é proporcionarlle ao NNA un fogar alternativo estable con figuras adultas que asuman o rol parental de xeito total e definitivo, os requisitos e variables que se terán en conta considéranse comúns aos programas de adopción nacional e internacional, polo que será posible simultanear a permanencia neles.

Q.5.4. Fase de colaboración na valoración psicosocial e declaración de idoneidade.

Obxectivos:

Os equipos técnicos dos departamentos territoriais (ETM) determinarán a idoneidade das familias para a adopción especial, en función das súas características e competencias.

Enténdese por idoneidade a capacidade, aptitude, expectativas e motivación axeitadas para exercer a responsabilidade parental atendendo ás necesidades do NNA e para asumir as peculiaridades, consecuencias e responsabilidade que comporta a adopción.

Esta fase ten por obxectivo asegurar e garantir a capacidade das persoas que se ofrecen para a adopción, así como responder e atender as necesidades físicas, emocionais, sociais e educativas dos NNA que poden ser propostos para a adopción.

Estudar e valorar os apoios que se poden necesitar para realizar con garantías a adopción.

Metodoloxía:

Unha vez que a entidade adxudicataria emitiu o certificado de formación, propoñeralle ao departamento territorial o paso da familia á fase de valoración da idoneidade, para que os equipos técnicos dos departamentos territoriais procedan coa valoración da idoneidade.

A entidade adxudicataria emitirá un informe do núcleo familiar que será considerado polo ETM no proceso de valoración de idoneidade.

A intervención profesional da entidade adxudicataria centrarase en lograr un coñecemento real das condicións, competencias e aptitudes das persoas solicitantes para a atención das necesidades que presentan os NNA aos que se dirixe este programa, así como os apoios necesarios para fortalecer as persoas solicitantes. Neste sentido, enténdese por competencia a capacidade, as estratexias educativas e a motivación adecuadas para exercer a responsabilidade parental atendendo ás necesidades específicas do NNA que se vai adoptar, así como das consecuencias e responsabilidades que iso comporta.

A entidade adxudicataria deberá dispoñer dun coñecemento fundamental sobre as características persoais das persoas solicitantes, motivacións, circunstancias socioeconómicas, competencias educativas, contorna familiar, social, actitudes e expectativas. Cómpre ter presente que a valoración da idoneidade lles corresponde aos ETM das territoriais e que, polo tanto, non se deberá facer pasar ás familias por dous procesos valorativos, detallados, extensos en profundidade e exhaustivos.

Determinará a dispoñibilidade das familias con respecto ao proxecto concreto, en función das características do NNA que poden e queren asumir, e o seu proceso de información debe estar orientado a facer o prognóstico coa maior certeza posible.

Emitirán o correspondente informe de valoración, de conformidade co anexo VIII-Modelo de informe valorativo, e coas prescricións que determinen os departamentos territoriais e/ou a Dirección Xeral de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica. Presentaranse asemade os documentos que se requiran complementariamente.

Actualizarase o informe sobre a familia cando o departamento territorial correspondente o requira, mediante a realización dun informe complementario do primeiro, e informará o departamento territorial correspondente das novas circunstancias das familias no caso de sobrevir incidencias.

As actuacións nesta fase deberán completarse nun breve espazo de tempo desde a derivación dunha familia. A declaración de idoneidade ten unha vixencia de tres anos e produce unicamente o recoñecemento administrativo para poder recibir unha persoa menor en adopción, pero en ningún caso implica un dereito á adopción.

De xurdir a imperiosa necesidade de lle dar prioridade á valoración de idoneidade dunha familia concreta ante a existencia dun NNA que está á espera, esta valoración poderá realizala o ETM da propia territorial á que pertence o NNA, aínda que a familia corresponda a outra territorial diferente, se deste xeito se adianta a posibilidade de integración do NNA nunha familia.

Q.5.5. Fase preparación do NNA e axuste/integración nunha familia.

A Dirección Xeral de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica, a través dos seus departamentos territoriais derivará os NNA que se incluirán neste programa e acompañará un informe-proposta dos NNA obxecto da medida de protección.

Coa familia seleccionada e o NNA informado e conforme, iníciase a fase de integración na familia onde a persoa menor e a familia se coñecen. Este proceso será planificado polo ETM do departamento territorial correspondente, onde o persoal técnico da entidade adxudicataria colaborará á demanda do ETM na preparación do NNA e no proceso de integración familiar.

Obxectivos (preparación do NNA):

Facilitar a integración familiar e o óptimo desenvolvemento da adopción.

Axudar os NNA a coñecer e integrar a súa historia, a súa situación actual e a expresar os seus desexos.

Proporcionarlles información sobre as súas circunstancias familiares e os cambios que se producirán.

Ofrecerlles aos NNA un espazo de seguridade para elaborar e expresar as súas emocións e sentimentos, así como para resolver as súas dúbidas.

A preparación do NNA realizarase inicialmente no centro ou familia onde este se atope, colaborando a entidade adxudicataria co ETM e cos responsables do seu coidado, complementando a protección ao menor que fose conveniente.

Obxectivos (integración/axuste):

• Adecuar as expectativas da familia ás características e necesidades do NNA que van adoptar.

• Adaptar a vida cotiá da familia para a incorporación das persoas menores.

• Favorecer no establecemento progresivo do coñecemento mutuo, a confianza e a seguridade necesaria para o inicio da convivencia.

Metodoloxía:

A entidade adxudicataria:

• Emitirá unha proposta de selección de familias para o NNA que se lle presente.

• A demanda do ETM do departamento territorial correspondente, colaborará na planificación e preparación do NNA para a adopción en casos concretos.

• Será a encargada de realizar o seguimento e deberá coordinarse co ETM correspondente para evitar duplicidades e paralelismos nos contactos coas familias.

• Será a encargada de comunicarlle ao ETM do departamento territorial correspondente as incidencias que se produzan no proceso.

Q.5.6. Fase de colaboración co seguimento e apoio da adopción.

Desde o momento no que o NNA convive coa familia adoptiva, deberase realizar o seguimento particular para avaliar a integración na familia e, en colaboración e contacto co ETM, apoiar e asesorar nas necesidades que se presenten, proporcionando información e apoio na obtención de servizos sociais, sanitarios e educativos, así como outros recursos especializados que precisen.

Obxectivos:

• Valorar a evolución da integración do NNA en garda con fins de adopción.

• Detectar as necesidades dos NNA susceptibles de adopción e da familia que se ofrece para a adopción.

• Proporcionarlles soporte psicolóxico, social e educativo ás familias que se ofrecen para a adopción e intervir a través de apoio en situacións de crises.

• Prestar a orientación necesaria para a evolución adecuada da garda con fins de adopción e da adopción propiamente dita.

• Participar, por proposta dos ETM dos departamentos territoriais, nos procedementos de adopcións abertas que lles sexan presentados, de conformidade coas instrucións e circulares emitidas pola Dirección Xeral de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica. O informe de seguimento que se realice das adopcións abertas seguirá o modelo recollido no anexo X-Modelo dos informes de seguimento das adopcións abertas.

Metodoloxía:

A entidade adxudicataria elaborará o plan de seguimento da adopción que será aprobado polo ETM do departamento territorial correspondente e axustarase á periodicidade que se estableza previamente con este.

Este plan presentarase ao ETM do departamento territorial correspondente no momento da incorporación do NNA á familia. O seguimento abordará unha avaliación individual do NNA, a evolución da súa relación coa familia biolóxica (no caso de tratarse dunha adopción aberta) e a avaliación da convivencia na familia adoptiva.

A entidade adxudicataria comunicaralle ao departamento territorial correspondente calquera incidencia que se produza durante a garda con fins de adopción do NNA e levará a cabo, en colaboración co ETM, as intervencións especializadas que sexan precisas para atender de forma adecuada as problemáticas que se presenten.

Finalmente, elaborará un informe sobre a evolución da integración do NNA nun prazo de dous meses e, posteriormente, cantos informes se requiran durante o período de garda con fins de adopción.

A entidade adxudicataria elaborará o informe final, de conformidade co anexo IX-Modelo dos informes de inicio, seguimento e finalización, complementado coa información e contidos solicitados para cada caso concreto polo ETM do departamento territorial correspondente.

Q.6. Medios para a prestación do servizo

A entidade adxudicataria porá á disposición do Programa as instalacións, o persoal e o equipamento necesarios para o seu correcto desenvolvemento.

Correrán a cargo da entidade adxudicataria todos os gastos de persoal, equipamento, mantemento e, en xeral, todos os recursos materiais necesarios para levar a cabo as prestacións previstas neste concerto.

Q.6.1. Instalacións e recursos materiais.

A entidade adxudicataria deberá contar con un ou varios locais axeitados para a realización das actividades de formación e preparación de posibles adoptantes, e para a realización de actividades de acompañamento individual, equipados co mobiliario, instalacións e medios materiais apropiados para o desenvolvemento do Programa. As instalacións deberán manterse nas condicións de seguridade precisas, conforme as disposicións legais vixentes.

Q.6.2. Recursos humanos.

Os medios persoais necesarios para o funcionamento do servizo serán de contribución da entidade adxudicataria.

O persoal necesario organizarase en dous equipos técnicos. Cada equipo de intervención estará integrado, como mínimo, por dous profesionais, dos cales, un contará coa titulación de grao ou licenciatura en Psicoloxía e un coa titulación de grao ou diplomatura en Traballo Social, ambos os dous con formación e experiencia suficiente nos ámbitos da desprotección, o apego e o trauma. En cada equipo, un profesional exercerá tamén de coordinador/a.

O persoal necesario para o desenvolvemento do Programa, e en función do cal se calculan os módulos económicos, é o seguinte:

Número de efectivos

Categoría

Titulación

Tipo de contrato

2

Psicólogo/a

Grao/Lic. Psicoloxía

Xornada completa

2

Traballador/a social

Grao/Dip. Traballo Social

Xornada completa

Q.7. Organización do servizo.

Correspóndelle aos ETM dos servizos competentes na área de menores dos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade:

• Propoñer a inclusión e derivar as persoas usuarias do Programa.

• Facilitarlle á entidade adxudicataria toda a información relevante relativa ás familias e NNA participantes no Programa, de conformidade co principio de minimización do tratamento de datos recollido na normativa vixente en materia de protección de datos.

Así mesmo, no suposto de acceso da entidade adxudicataria aos datos de carácter persoal dos que sexa responsable a entidade pública, a entidade adxudicataria terá a consideración de encargada do tratamento en virtude do establecido na disposición adicional vixésimo quinta da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa aplicable.

O equipo de intervención da entidade adxudicataria terá, en todo caso, o deber profesional de confidencialidade e sixilo en relación con calquera información e/ou documentación que poña á súa disposición o ETM na execución deste programa.

As actuacións de posta á disposición da información e da documentación dos expedientes dos NNA e das familias, e de acceso a estas levaranse a cabo de conformidade coas directrices e instrucións da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Adolescencia.

• Realizar todas as actuacións administrativas relativas ás familias e aos NNA integrados no Programa que, de acordo coa súa competencia, lle correspondan.

• Determinar a baixa no Programa cando se considere que non constitúe un recurso axeitado para a situación do NNA.

• Supervisar as actuacións relativas ao desenvolvemento do Programa.

Pola súa banda, o equipo profesional encargado da execución deste programa será coordinado pola entidade adxudicataria, que deberá axustar as súas actuacións ás instrucións e protocolos ditados pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

R) Subrogación.

O persoal susceptible de subrogación, así como a información precisa para coñecer unha exacta avaliación dos custos laborais que implicará esta medida, imposta pola normativa laboral, exprésanse no anexo VII.

De acordo co establecido no artigo 34 do V Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data da adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento delas.

S. Aspectos relativos á execución do concerto social.

S.1. Dereitos e obrigas das partes.

S.1.1. Obrigas da entidade concertada.

A entidade concertada está obrigada a:

a) Organizar e prestar o servizo con estrita suxeición ao réxime xurídico de aplicación, de acordo coas características establecidas nesta resolución e no prego técnico do concerto e coa continuidade e calidade convida.

b) Admitir na utilización do servizo toda persoa usuaria remitida pola Administración concertante e garantir a súa prestación nas condicións que foron establecidas, de acordo cos principios de igualdade e non discriminación.

c) Prestarlles ás persoas usuarias de forma gratuíta os servizos establecidos no concerto social.

d) Respectar os dereitos das persoas usuarias recollidos no ordenamento xurídico e no réxime xurídico do servizo.

e) Indemnizar polos danos que se causen a terceiras persoas como consecuencia das operacións que requiran o desenvolvemento do concerto social, excepto cando o dano se produza por causas imputables á Administración. Para estes efectos, a entidade estará obrigada a subscribir un seguro de responsabilidade civil para cubrir as continxencias que se poidan producir pola prestación do servizo, segundo se indica na cláusula F e K.3.

f) Manter o servizo público conforme o que, en cada momento e segundo o progreso da ciencia, dispoña a normativa técnica, ambiental, de accesibilidade e eliminación de barreiras e de seguridade das persoas usuarias que resulte de aplicación.

g) Dar a coñecer a condición de entidade concertada mediante a difusión na documentación e publicidade das actuacións obxecto deste concerto social. A entidade concertada deberá incorporar en todo o material e documentación xerada polo Programa o logotipo da identificación corporativa da Xunta de Galicia e da Consellería de Política Social e Igualdade. A entidade disporá tamén dun rótulo, no lugar ou no centro onde se presten os servizos, no que se identifique que o servizo está concertado coa Xunta de Galicia co seu respectivo logotipo.

h) Dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do concerto.

i) Informar, se é o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións nas que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, así como dos obxectivos dos fondos. O emblema do organismo figurará en toda a documentación xerada polo Programa e, como mínimo, nos seguintes documentos, de ser o caso:

• Partes de asistencia e/ou de participación.

• Relacións e follas de seguimento.

• Enquisas de avaliación.

• Certificados de asistencia.

• Memorias periódicas etc.

j) Facilitar toda a información requirida pola Administración, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

k) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Administración, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, a entidade beneficiaria quedará sometida ás actuacións de control, comprobación e inspección que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do Programa, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo ás de control financeiro que lle correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas; ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

l) Comunicarlle á Administración calquera cambio ou variación que se produza na prestación dos servizos, así como calquera subvención, axuda ou achega privada recibida relacionada coa prestación dos servizos concertados.

m) Facilitar os labores de control e inspección do cumprimento do concerto social, en particular, poñendo á disposición da Administración toda a información económica, fiscal, laboral, técnica e asistencial ou de calquera outra clase que sexa precisa para este fin, con suxeición á lexislación en materia de protección de datos e á restante normativa aplicable.

n) Cumprir coas disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social, de seguridade e saúde laboral e igualdade de xénero. Ademais, deberá proporcionarlles aos seus traballadores e traballadoras un traballo de calidade e estable, protexelos fronte aos accidentes e riscos laborais e promover condicións de conciliación familiar e laboral e de igualdade de xénero.

o) Cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais e de protección do ambiente que establezan a normativa vixente, os convenios colectivos que sexan de aplicación e as recollidas nesta convocatoria.

p) Cumprir o establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de axuizamento civil; en particular, o establecido en relación coa comprobación de antecedentes de delitos sexuais e trata de seres humanos na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e adolescencia fronte á violencia.

q) O persoal asignado á prestación do concerto social dependerá exclusivamente da entidade concertada, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa calidade de empregador respecto del, e a Administración concertante será totalmente allea ás referidas relacións laborais. En ningún caso poderá alegar ningún dereito o referido persoal en relación coa Administración concertante nin exixirlle a esta responsabilidades de calquera clase como consecuencia das obrigas existentes entre a entidade concertada e os seus empregados.

r) Subministrarlle á Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

s) A entidade concertada facilitará que as persoas usuarias poidan formular suxestións e queixas sobre a prestación do servizo concertado, que se poderán presentar ante a Administración ou ben ante a propia entidade concertada. Para estes efectos, existirá un libro de reclamacións no que as persoas usuarias e quen as represente legalmente poderán facer constar as queixas que coiden pertinentes. A entidade concertada deberá remitir as suxestións e queixas recibidas á Administración.

t) Calquera outra prevista na normativa que, con carácter xeral ou específico, sexa de aplicación no réxime xurídico do servizo.

S.1.2. Obrigas da Administración concertante.

S.1.2.1. A Consellería de Política Social e Igualdade está obrigada a aboarlle á entidade concertada o prezo estipulado dentro dos trinta días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, de acordo coa forma de pagamento recollida neste mesmo apartado da convocatoria do concerto.

S.1.2.2. A Consellería de Política Social e Igualdade deberá ter informada á entidade concertada de calquera circunstancia da que teña coñecemento e que afecte de xeito relevante o concerto social formalizado, especialmente nos casos nos que esta poida ter incidencia na futura configuración dos termos e das condicións do concerto.

S.1.2.3. Incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada.

O incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada será sancionado de acordo co disposto no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

S.1.2.4. Incumprimento das obrigas por parte da Administración.

Se a Consellería de Política Social e Igualdade se demora no pagamento e incumpre o prazo de 30 días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, deberá aboarlle á entidade concertada, a partir de que se cumpra o devandito prazo, os xuros de mora e a indemnización por custos de cobramento, nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

S.2. Constitución de garantía.

A entidade adxudicataria ten que constituír unha garantía de 13.157,46 euros e debe depositarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia tributaria de Galicia-Atriga).

S.2.1. A garantía poderá prestarse nalgunha ou nalgunhas das seguintes formas:

a) En efectivo ou en valores, que en todo caso serán de débeda pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta resolución. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas delegacións de Facenda, ou nas caixas ou establecementos públicos equivalentes das comunidades autónomas ou entidades locais contratantes ante as que deban producir efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta lei establezan, sen prexuízo do disposto para os contratos que se realicen no estranxeiro.

b) Mediante aval prestado, na forma e coas condicións que establezan as normas de desenvolvemento desta resolución, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberá depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

c) Mediante contrato de seguro de caución, subscrito na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta resolución establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

S.2.2. A acreditación da constitución da garantía definitiva deberá realizarse mediante medios electrónicos.

S.2.3. Logo de que o concertante cumpra as obrigas derivadas do concerto, se non resultasen responsabilidades que se deban exercer sobre a garantía definitiva, e así que transcorra o período de garantía dun ano, se fose o caso, ditarase o acordo de devolución ou cancelación daquela, logo do informe favorable do responsable do concerto ou de quen exerza a dirección deste.

S.3. Réxime de pagamentos.

S.3.1. O pago do prezo que corresponda a cada mes segundo os importes establecidos na cláusula D.3 desta convocatoria realizarase logo da conformidade do Servizo de Protección de Menores.

S.3.2. Para o aboamento do servizo, a entidade adxudicataria presentará, dentro dos cinco días seguintes ao mes no que se realizou efectivamente a prestación, os seguintes documentos:

– Factura pola prestación do servizo. As facturas electrónicas emitidas presentaranse no Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF). O SEF proporcionaralle ao presentador un xustificante de recepción electrónica no cal constarán, como mínimo, a data e a hora de presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permitirá validar ante o sistema a exactitude do documento en calquera momento.

O Rexistro Contable de Facturas está integrado co SEF. A anotación no rexistro contable de facturas é requisito previo necesario para a tramitación do recoñecemento da obriga.

A información sobre este será a través das seguintes URL: http://conselleriadefacenda.es/factura ou http://www.conselleriadefacenda.es/sicon

– Relación de casos atendidos, asinada pola persoa responsable do servizo, segundo o modelo establecido no anexo IV.

– Certificado da entidade onde conste o persoal adscrito á execución deste servizo, segundo o modelo establecido no anexo V, ordenado por grupo profesional e posto de traballo, especificando nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, tipo de contrato, titulación e dedicación horaria. No caso de que a relación de persoal non sufra variacións respecto do período anterior, estes documentos poderán substituírse por unha declaración en tal sentido.

– Memoria trimestral do desenvolvemento do Programa previsto na cláusula Q.4.7.

S.3.3. Sen prexuízo das competencias de inspección en materia de servizos sociais da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a entidade concertada estará sometida ás actuacións de control e vixilancia que leve a cabo a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para a debida xustificación dos fondos e do cumprimento dos fins do Programa do presente concerto, así como ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, coa finalidade de asegurar o correcto cumprimento do concerto social subscrito.

S.3.4. A percepción indebida de cantidades por parte da entidade concertada comportará a obriga de reintegrarllas á Administración. Cando o reintegro se efectúe por requirimento da Administración, daráselle audiencia á entidade e seguirase o procedemento que corresponda, sen prexuízo das posibles sancións e da resolución do concerto social.

S.3.5. As entidades concertadas que teñan dereitos de cobramento fronte á Administración poderán cedelos conforme dereito. Para a cesión dos dereitos de cobramento seguirase o mesmo procedemento e exixiranse os mesmos requisitos que os recollidos no artigo 200 da Lei 9/2017, do 8 de novembro.

S.4. Limitacións á subcontratación e á cesión de servizos concertados.

S.4.1. Queda prohibida a subcontratación das prestacións obxecto deste concerto.

S.4.2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto deste concerto, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Consellería de Política Social e Igualdade, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e a calidade do servizo.

S.5. Sucesión da entidade concertada.

S.5.1. O cambio da titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terá a consideración de modificación do concerto social.

S.5.2. Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando a primeira se fusione ou transforme noutra. Neste caso o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social.

A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estivesen vixentes no momento da sucesión.

S.5.3. Se non fose posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por culpa da entidade concertada.

S.5.4. Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicarlle á Consellería de Política Social e Igualdade a circunstancia que se producise.

T) Modificacións.

T.1. Modificación do acordo de concertación.

T.1.1. Unha vez que se formalice o concerto social, poderanse introducir modificacións só cando estas obedezan a razóns de interese público como consecuencia de circunstancias sobrevidas, debidamente xustificadas e derivadas das necesidades de atención ás persoas usuarias.

As modificacións deste concerto non poderán alterar as condicións esenciais da concertación e deben ser as estritamente indispensables para responder ás causas obxectivas que as fagan necesarias.

As modificacións só serán posibles cando non afecten os requisitos legais para a prestación dos servizos, non supoñan unha mingua na calidade do servizo e, de implicar un custo, exista crédito adecuado e suficiente para poder asumilo.

T.1.2. O procedemento de modificación poderase iniciar de oficio, con audiencia á parte interesada, ou por instancia de parte mediante a proposta da entidade concertada. Estes aspectos deberán quedar documentados, xunto co informe da Asesoría Xurídica e os demais informes que procedan, en particular o da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter previo á formalización da modificación.

T.1.3. De acordo co artigo 28 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, poderase variar a contía dos servizos contratados, sen que o incremento poida superar o 50 %.

T.1.4. As condicións recollidas nos pregos técnicos do concerto social poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Consellería de Política Social e Igualdade.

T.1.5. No expediente de modificación deberá constar unha memoria económica na que se avalíe o impacto no cambio das condicións técnicas nos módulos económicos. De ter incidencia nestes últimos, deberanse reaxustar.

T.1.6. Se é a Consellería de Política Social e Igualdade a que decide revisar as condicións técnicas do concerto social, os cambios deberán estar motivados na mellor ou máis axeitada prestación dos servizos mediante un informe dos técnicos da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Deberáselles dar audiencia ás entidades concertadas afectadas para que poidan formular propostas e alegacións á revisión proposta.

T.2. Revisión dos prezos.

T.2.1. Os prezos ou módulos económicos fixados nesta convocatoria poderán ser revisados cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo con respecto ás condicións económicas do concerto social.

T.2.2. A revisión de prezos precisará un informe da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica sobre os custos económicos do concerto social no que se evidencie a necesidade da revisión.

Para o cálculo das revisións deberanse ter en conta as previsións recollidas na normativa en materia de desindexación. Nas actualizacións de prezos, o carácter diferenciado da acción concertada excluirá a consideración do período de recuperación dos investimentos aplicable á modalidade contractual.

No concerto obxecto desta convocatoria, dado o carácter significativo do cadro de persoal na configuración do prezo, pódese referenciar a actualización desta compoñente dos custos ás variacións económicas dos convenios colectivos sectoriais, nacionais, autonómicos e provinciais aplicables ao lugar de prestación dos servizos, coas limitacións que a normativa vixente estableza.

T.2.3. A revisión dos prezos ou módulos efectuarase mediante a resolución ditada para o efecto pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

U) Resolución e extinción do concerto social.

U.1. Causas de extinción do concerto social.

Este concerto social extinguirase polas seguintes causas:

a) Cumprimento do concerto social.

b) Resolución do concerto social.

U.2. Cumprimento do concerto.

O concerto social considerarase cumprido pola entidade concertada cando este se realizase, de acordo cos seus termos, na totalidade da prestación e finalizase o seu período de vixencia.

U.3. Extinción do concerto por resolución.

U.3.1. Serán causas de resolución do concerto social as seguintes:

a) O mutuo acordo entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a entidade concertada.

b) A non formalización do concerto social ou da súa renovación no prazo establecido.

c) A extinción da personalidade xurídica da entidade concertada.

d) A declaración de concurso de acredores da entidade concertada ou a declaración de insolvencia en calquera procedemento.

e) O cesamento voluntario, coa autorización previa da Consellería de Política Social e Igualdade, da entidade concertada na prestación do servizo.

f) A inviabilidade económica da entidade titular do concerto social, constatada por informes de auditoría externa, cando lle sexan solicitados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

g) A revogación da acreditación, homologación ou autorización administrativa da entidade concertada que a habilitaba para a prestación do servizo concertado.

h) O incumprimento das obrigas cualificadas como esenciais no concerto social ou o incumprimento dos estándares e parámetros de calidade exixidos nel, sempre que o incumprimento sexa imputable á entidade concertada.

i) A comisión dunha infracción grave ou moi grave das tipificadas nos artigos 81 e 82 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, cando leven aparellada unha das sancións accesorias previstas no artigo 83.2 da devandita norma.

j) O incumprimento grave da lexislación en materia fiscal, laboral, de Seguridade Social e da integración social de persoas con discapacidade e prevención de riscos laborais.

k) Negarse a atender as persoas usuarias derivadas pola Administración concertante.

l) Prestar servizos como se fosen concertados coa Administración cando isto non sexa así.

m) O incumprimento da prohibición da subcontratación e cesión de servizos concertados recollidos na cláusula S.4).

n) A ausencia de demanda para a cobertura do servizo prestado de xeito relevante e prolongado, xa sexa para a totalidade dos servizos ou para un número significativo que faga inviable economicamente o mantemento do servizo.

ñ) A imposibilidade de continuar prestando o concerto social nos termos inicialmente acordados ou facelo sen ocasionar un prexuízo ao interese público, cando non sexa posible a modificación do concerto.

o) A demora no cumprimento das obrigas económicas por parte da Consellería de Política Social e Igualdade durante un prazo superior a catro meses.

p) A suspensión, por causa imputable á Consellería de Política Social e Igualdade, da iniciación do concerto social durante un prazo superior a seis meses desde a data sinalada para o comezo.

q) A desistencia ou a suspensión do concerto social durante un prazo superior a seis meses acordado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

r) O resto de causas establecidas na normativa sectorial de aplicación ao concerto.

U.3.2. A resolución dos concertos sociais por mutuo acordo das partes só poderá ter lugar cando medien razóns de interese público que fagan innecesaria ou inconveniente a continuación do concerto social e non concorra outra causa de resolución que sexa imputable á entidade concertada.

U.3.3. A entidade concertada poderá solicitar a resolución do concerto social cando considere que a Consellería de Política Social e Igualdade incorreu nalgunha das causas imputables a esta. Se a Consellería de Política Social e Igualdade se nega á resolución do concerto social, a entidade estará obrigada a continuar prestando os servizos mentres existan persoas usuarias que deban ser atendidas, sen prexuízo dos recursos que procedan.

U.3.4. Se a Consellería de Política Social e Igualdade considera que se produciu un incumprimento da entidade concertada que poida ser causa de resolución do concerto social, iniciará un procedemento administrativo, de acordo co establecido no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Se procede a resolución do concerto social, a Consellería de Política Social e Igualdade deberá establecer a data na que terá efectos a devandita resolución para garantir a continuidade do servizo ás persoas usuarias.

U.4. Efectos da resolución.

U.4.1. Cando a resolución se produza por mutuo acordo, os dereitos das partes acomodaranse ao validamente estipulado por elas.

U.4.2. A resolución motivada por un incumprimento da Consellería de Política Social e Igualdade determinará o pagamento dos danos e perdas causados á entidade, tendo en conta os prezos ou módulos económicos vixentes no momento da resolución.

U.4.3. Cando a resolución do concerto social teña lugar por incumprimento culpable da entidade concertada, a entidade deberá indemnizar a Consellería de Política Social e Igualdade polos danos e perdas causados.

V) Protección de datos persoais.

V.1. Tratamento de datos persoais dos representantes das entidades solicitantes do concerto

Os datos persoais recollidos nestes procedementos serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, informar sobre o estado de tramitación e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como no cumprimento de obrigas legais impostas ao devandito responsable segundo o disposto na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, no Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 45, do 6 de marzo), modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, a Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia (BOE núm. 175, do 23 de xullo), e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 180, do 29 de xullo), e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia (BOE núm. 134, do 5 de xuño).

Os datos poderán serlles comunicados ás administracións públicas do ámbito autonómico, estatal e comunitario para o exercicio das súas competencias na materia coa finalidade de levar a cabo as actuacións de control previstas.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso aos seus datos, a rectificación, limitación, portabilidade e supresión destes, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.2. Tratamento de datos persoais no marco das actuacións de verificacións previstas na resolución.

As bases lexitimadoras para o tratamento dos datos persoais que poidan ser facilitados para o adecuado seguimento desta resolución e a xustificación dos correspondentes gastos relativos ás actuacións que constitúen o seu obxecto son o cumprimento dunha misión de interese público ou o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento e o cumprimento dunha obrigación legal, fundamentadas ambas no disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector oúblico.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso aos seus datos, a súa rectificación e supresión, así como opoñerse ao seu tratamento, segundo se explicita en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As entidades concertadas obríganse a informar, pola súa vez, o persoal ao seu servizo e as persoas usuarias, antes de que se faciliten os seus datos á Consellería de Política Social e Igualdade, dos extremos establecidos nos parágrafos anteriores.

V.3. Tratamento de datos persoais das persoas usuarias.

Os datos persoais necesarios para levar a cabo as actividades realizadas ao abeiro desta resolución serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Igualdade. A lexitimación para o tratamento dos datos será o cumprimento dunha misión realizada en interese público e o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable, fundamentada, pola súa vez, na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, no Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 45, do 6 de marzo), modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, a Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia (BOE núm. 175, do 23 de xullo), e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 180, de 29 de xullo), e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia (BOE núm. 134, do 5 de xuño).

Os datos persoais que sexan xestionados polas entidades concertadas para a xestión das devanditas accións derivadas da execución do Programa, na súa condición de encargadas do tratamento, poderán ser tamén comunicados, cando sexa estritamente necesario, ás entidades acreditativas da formación, ás administracións públicas no exercicio das súas respectivas competencias e a outros órganos encargados da xestión e do control financeiro.

As persoas usuarias poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso aos seus datos, a rectificación, limitación, portabilidade e supresión destes, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.4. Deber de confidencialidade.

As entidades concertadas deberán respectar o segredo profesional e, en consecuencia, manter absoluta confidencialidade e reserva sobre a totalidade dos documentos, datos e informacións que lle sexan confiados para a formalización e o desenvolvemento das accións previstas nesta resolución. Así mesmo, quedan expresamente obrigadas a:

– Utilizar a devandita información exclusivamente no ámbito desta resolución e para as finalidades previstas nela.

– Non comunicala, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro sen autorización expresa do emisor salvo nos casos expresamente previstos na lei. Exixiráselle idéntico compromiso ao persoal que empregue ou que colabore con elas na execución da resolución.

– Facilitarlle o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento da devandita relación, a quen se comunicará a obriga de tratar a información á que se lle dá acceso con carácter estritamente confidencial.

– Aplicar medidas de cautela e protección e destruír en calquera momento a documentación escrita recibida se así o solicita a parte que a forneceu.

Considerarase información confidencial aquela á que as entidades beneficiarias accedan en virtude da presente resolución, especialmente a de tipo técnico ou tecnolóxico, administrativa, ou económico-financeira, sempre que non teña carácter público ou notorio. Este deber manterase mesmo despois de que finalice a relación.

V.5. Encarga do tratamento.

Respecto do tratamento de datos persoais, as entidades concertadas posuirán a condición de encargadas do tratamento en relación con aquelas tarefas de coordinación administrativa, posta en marcha, desenvolvemento e seguimento das accións obxecto desta resolución que impliquen a recollida de datos das persoas usuarias.

V.5.1. Identificación da información afectada.

Como encargadas do tratamento, as entidades beneficiarias das axudas xestionarán os datos persoais das persoas usuarias necesarios para executar as obrigas contidas nesta resolución.

V.5.2. Obrigas das entidades concertadas como encargadas do tratamento.

As entidades concertadas, como encargadas do tratamento, deberán cumprir coas obrigas recollidas a continuación e exixir o mesmo compromiso do persoal ao seu servizo:

V.5.2.a) Tratar por conta do responsable os datos persoais necesarios para levar a cabo adecuadamente a prestación do servizo obxecto do concerto.

V.5.2.b) Utilizar os datos persoais obxecto de tratamento só para os efectos desta resolución. En ningún caso poderá utilizar os datos para os seus fins, sendo considerado, neste caso, como responsable do tratamento.

V.5.2.c) Tratar os datos de acordo coas instrucións do responsable do tratamento. Se o encargado do tratamento considerase que algunha das instrucións infrinxe o RXPD, a LOPDGDD ou calquera outra disposición vixente en materia de protección de datos, porao inmediatamente en coñecemento do responsable.

V.5.2.d) Levar por escrito, se é o caso, segundo o artigo 30 do RXPD, un rexistro das actividades de tratamento realizadas por conta do responsable, incluíndo o contido previsto no devandito artigo.

V.5.2.e) Non comunicar os datos a terceiros, salvo que se conte coa autorización expresa do responsable do tratamento ou nos supostos legalmente admisibles. O encargado poderá comunicar os datos a outros encargados do tratamento do mesmo responsable, de acordo coas instrucións deste.

V.5.2.f) O encargado do tratamento non poderá subcontratar ningún dos servizos que formen parte do obxecto do concerto e que impliquen o tratamento de datos persoais, salvo os traballos auxiliares necesarios para o funcionamento normal dos seus servizos.

V.5.2.g) Sen prexuízo do anterior, no caso de que o encargado do tratamento necesite subcontratar parte dos servizos nos que interveña o tratamento de datos persoais, deberá comunicarllo previamente por escrito ao responsable do tratamento e indicará os tratamentos que están implicados e pretende subcontratar, identificando de forma clara e inequívoca a empresa subcontratista e os seus datos de contacto. A subcontratación poderá realizarse unha vez que a autorice o responsable do tratamento.

Neste último caso, o subencargado do tratamento, que tamén terá a condición de encargado do tratamento, estará, así mesmo, obrigado ao cumprimento das obrigas establecidas neste concerto para o encargado do tratamento inicial e das instrucións ditadas polo responsable. Correspóndelle ao encargado do tratamento inicial, polo tanto, regular a nova relación para que o novo encargado estea sometido ás mesmas condicións (instrucións, obrigas, medidas de seguridade...), co mesmo réxime de responsabilidade e cos mesmos requisitos formais que o encargado inicial no que se refire ao bo tratamento dos datos persoais e á garantía dos dereitos das persoas afectadas. No caso de incumprimento por parte do subencargado, o encargado inicial seguirá sendo plenamente responsable ante o responsable do cumprimento das obrigas.

V.5.2.h) O encargado do tratamento tamén estará obrigado a comunicarlle calquera modificación ao responsable do tratamento na incorporación ou substitución doutros subencargados, dándolle así á persoa responsable a posibilidade de opoñerse aos devanditos cambios.

V.5.2.i) Manter o deber de segredo sobre os datos persoais aos que teña acceso en virtude do presente contrato aínda que finalice o seu obxecto.

V.5.2.j) Garantir que as persoas autorizadas para o tratamento dos datos persoais se comprometen, expresamente e por escrito, a respectar a confidencialidade e a cumprir as medidas de seguridade correspondentes, das que as informará oportunamente. O encargado manterá á disposición do responsable a documentación acreditativa do cumprimento desta obriga.

V.5.2.k) Garantir a formación necesaria en materia de protección de datos persoais das persoas autorizadas para tratar este tipo de información.

V.5.2.l) Asistir o responsable do tratamento na resposta ao exercicio dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, mediante as medidas técnicas e organizativas oportunas, para que poida cumprir coa súa obriga de atender as citadas solicitudes das persoas interesadas no prazo previsto pola normativa vixente. Para iso, o encargado facilitaralle ao responsable, por petición deste e coa maior brevidade posible, canta información sexa necesaria ou relevante para estes efectos. No caso de que as persoas afectadas soliciten o exercicio dos seus dereitos perante o encargado do tratamento, este informaraas, por calquera medio fidedigno, de que poderán acceder ao procedemento previsto para iso en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

V.5.2.m) Comunicarlle ao responsable do tratamento, de forma inmediata e aplicando as medidas de seguridade necesarias, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo das que teña coñecemento, xunto con toda a información pertinente para a documentación e comunicación da incidencia, se é o caso, á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), de conformidade co disposto no artigo 33 do RXPD.

V.5.2.n) Apoiar o responsable do tratamento na realización de avaliacións de impacto relacionadas coa protección de datos e na realización de consultas previas á autoridade de control cando proceda.

V.5.2.o) Aplicar, se é o caso, as disposicións contidas no Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade. En todo caso, implantará as medidas de seguridade necesarias para:

• Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanente dos sistemas e servizos de tratamento.

• Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais rapidamente en caso de incidencia física ou técnica.

• Verificar, avaliar e valorar, de forma periódica, a eficacia das medidas técnicas e organizativas postas en marcha para garantir a seguridade do tratamento.

• Pseudonimizar e cifrar os datos persoais se é necesario.

V.5.2.p) Poñer á disposición do responsable toda a información necesaria para acreditar o cumprimento das súas obrigas, en particular, certificados de cumprimento da normativa expedidos polas entidades acreditadas ou, de non existir, facilitar a realización das auditorías ou inspeccións que faga o responsable ou outro auditor autorizado.

V.5.2.q) Designar un delegado de protección de datos, se é o caso, segundo o previsto no artigo 37 do RXPD e no artigo 34 da LOPDGDD, e comunicarlle a súa identidade e datos de contacto ao responsable, sen prexuízo da preceptiva inscrición na AEPD.

V.5.2.r) Devolverlle ao responsable, unha vez que cumpra os servizos obxecto do presente concerto, os datos persoais e, se é o caso, os soportes onde figuren. A devolución suporá a supresión total dos datos existentes, se é o caso, nos equipos informáticos utilizados polo encargado. Non obstante, este poderá conservar unha copia dos datos estritamente necesarios, debidamente bloqueados, mentres poidan derivar responsabilidades da execución do servizo.

W) Fraude, corrupción e conflito de intereses.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade, en relación con actuacións financiadas total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco deste concerto, poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento a través da web de Transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia, así como do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto
(https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias, https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/
sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx) e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo.

Así mesmo, serán de aplicación ás actuacións deste concerto as medidas establecidas no Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade, que foi asinado o 12 de xaneiro de 2022.

X) Incompatibilidade coa percepción doutros ingresos.

Segundo o artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, este concerto será incompatible coas subvencións para o financiamento do servizo ou prestacións obxecto deste.

Y) Resolución de conflitos.

As cuestións litixiosas xurdidas sobre a interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Igualdade e os seus acordos poñeranlle fin á vía administrativa. Contra elas cabe un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución fose expresa. Se o acto non fose expreso, poderá interpoñer un recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto ou poderá interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da notificación do acto que lle poña fin á vía administrativa se este fose expreso. Se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase, para o concertante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel no que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para tales efectos, o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

Datos sobre o persoal que se subroga

(anexo informativo)

BS214F – Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de adopcións especiais

Relación de persoal que se subroga do Programa de adopcións especiais

Núm. de orde

Categoría profesional

Convenio colectivo

Contrato

% xornada imputada ao Programa

Antigüidade

Vencemento do contrato

Custo bruto anual 2026 (salario + Seg. Social empr.)

1

Psicoloxía - Coordinación

C. C. Fundación Meniños – Táboas salariais do V Convenio de reforma xuvenil e protección de menores

Indefinido xornada completa

100 %

10.4.2023

Indefinido

33.426,17 €

2

Traballo social

C. C. Fundación Meniños – Táboas salariais do V Convenio de reforma xuvenil e protección de menores

Indefinido xornada completa

100 %

8.10.2025

Indefinido

31.910,88 €

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file