O Pleno do Concello do Porriño, na sesión ordinaria do 27 de xullo de 2026,
ACORDOU:
1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para reaxustar a edificabilidade nas parcelas cualificadas para equipamentos.
2º. Someter o expediente a información pública durante o prazo dun mes mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios da sede electrónica, no taboleiro de edictos, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.
3º. Requirir a emisión dos seguintes informes preceptivos por aplicación do anexo II do Decreto 143/2026, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:
a) Informe do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible por estar o ámbito afectado pola autovía A-52 (Benavente-O Porriño), segundo o recollido no artigo 16.6 da Lei 37/2015, de 29 de setembro, de estradas.
b) Informe da Dirección Xeral de Aviación Civil por estar o ámbito afectado por unha servidume aeronáutica, segundo a disposición adicional segunda do Real decreto 2591/1998, do 4 de decembro, sobre a ordenación dos aeroportos de interese xeral e a súa zona de servizo, en execución do disposto no artigo 166 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e no artigo 29 do Decreto 584/1972, do 24 de febreiro, de servidumes aeronáuticas.
4º. Trasladarlle a documentación ao órgano competente en materia de urbanismo, quen solicitará os informes sectoriais autonómicos preceptivos que se emitirán no prazo dun mes.
O Porriño, 10 de setembro de 2026
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde
