A Orde do 5 de xaneiro de 2026, publicada no DOG núm. 17, do 27 de xaneiro, estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e convocou estas axudas para o ano 2026, cun crédito total de 2.285.000,00 euros, distribuído do seguinte xeito:
|
Entidades beneficiarias |
Aplicación orzamentaria |
Código de proxecto |
Importe 2026 |
Importe 2027 |
Total |
|
Concellos |
14.06.751A.761.10 |
2026 00053 |
1.000.000,00 € |
1.000.000,00 € |
2.000.000,00 € |
|
Federacións de asociacións de prazas de abastos |
14.06.751A.481. 10 |
40.000,00 € |
40.000,00 € |
||
|
Asociacións de prazas de abastos |
222.600,00 € |
222.600,00 € |
|||
|
Outras asociacións |
222.600,00 € |
222.600,00 € |
|||
|
Cooperativas de vendedores/as das prazas de abastos |
14.06.751A.470.10 |
22.400,00 € |
22.400,00 € |
||
|
1.285.000,00 € |
1.000.000,00 € |
2.285.000,00 € |
|||
Posteriormente, mediante a Orde do 12 de agosto de 2026 (publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 156, do 19 de agosto), ampliouse e redistribuíuse o crédito orzamentario inicial para o exercicio 2026, co que o crédito total dispoñible da convocatoria quedou fixado no seguinte importe e distribución por aplicacións orzamentarias:
Anualidade 2026:
|
Aplicación orzamentaria Anualidade 2026 |
Crédito inicial (€) |
Modificación/ redistribución (€) |
Ampliación (€) |
Crédito final (€) |
|
14.06.751A.470.10 (cooperativas) |
22.400,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
22.400,00 € |
|
14.06.751A.481.10 (Asoc./Fed.) |
262.600,00 € |
-158.109,40 € |
0,00 € |
104.490,60 € |
|
14.06.751A.761.10 (concellos) |
1.000.000,00 € |
158.109,40 € |
73.064,74 € |
1.231.174,14 € |
|
Total |
1.285.000,00 € |
0,00 € |
73.064,74 € |
1.358.064,74 € |
O artigo 2.2 da Orde do 5 de xaneiro de 2026 establece que as solicitudes se presentarán en prazo e cos requisitos establecidos nas bases reguladoras e na convocatoria, e se resolverán atendendo á súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade. Para os efectos da determinación da prelación temporal de concesión das axudas, hai que ter en conta a data e a hora nas que se presente a solicitude. Non obstante, no caso de que a solicitude requira emenda, teranse en conta a data e a hora nas que a entidade solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida. Así mesmo, no caso de que se presente unha mellora ou achega voluntaria da solicitude, a data que hai que ter en conta será a da mellora.
Logo de revisar as solicitudes segundo a prelación temporal establecida no artigo 2.2 da orde de convocatoria, as últimas solicitudes que se puideron conceder antes do esgotamento de crédito aos concellos galegos para cada anualidade, e tendo en conta a data e a hora nas que se presentou correctamente toda a documentación na sede electrónica da Xunta de Galicia, foron:
– Para a anualidade 2026: a solicitude presentada na sede electrónica o día 2.3.2026 ás 13.19 horas (núm. de expediente IN223A-2025-00000031-00).
– Para a anualidade 2027: a solicitude presentada na sede electrónica o día 11.2.2026 ás 10.12 horas (núm. de expediente IN223A-2026-00000023-00).
Por outra banda, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario aos que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.
En virtude do anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Facer público o esgotamento do crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 14.06.751A.761.10, e código de proxecto 2026 00053, para as axudas aos concellos galegos convocadas pola mencionada Orde do 5 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se convocan estas subvencións para o ano 2026 (código de procedemento IN223A).
Segundo. Ordenar que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.06.751A.761.10, 14.06.751A.481.10 e 14.06.751A.470.10, e código de proxecto 2026 00053, da devandita Orde do 5 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se convocan estas subvencións para o ano 2026 (código de procedemento IN223A).
As persoas interesadas poden acceder e consultar as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da entidade beneficiaria e da cantidade concedida pola subvención outorgada, nas seguintes ligazóns:
Axudas a concellos:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/gl/convocatorias/882931/concesiones
Axudas a federacións e asociacións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/gl/convocatorias/882934/concesiones
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2026
Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo
