DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 13 de outubro de 2026 Páx. 52264

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que realiza a redistribución dos créditos orzamentarios da Orde do 13 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026 (códigos de procedemento TR341K, TR342D, e TR341M) (Diario Oficial de Galicia número 71, do 17 de abril).

Primeiro. Mediante a Orde do 13 de abril de 2026 (DOG núm. 71, do 17 de abril) a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración estableceu as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (en adiante, CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026.

Posteriormente, mediante a Orde do 7 de setembro de 2026 (DOG núm. 174, do 14 de setembro), publicouse a ampliación de crédito da Orde do 13 de abril de 2026.

Segundo. No artigo 2 da Orde do 13 de abril de 2026 recóllese o orzamento total destinado ás axudas a CEE nesta convocatoria 2026 e a súa distribución entre os diferentes programas financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.04.324C.470.3, 14.04.324C.470.4, 14.04.324C.481.3 e 14.04.324C.481.4, código de proxecto 2018 00099, por un total de 27.040.000 €.

Como consecuencia da ampliación de crédito publicada mediante a Orde do 7 de setembro de 2026, o importe da convocatoria incrementouse en 3.750.792,01 €.

Esta orde está financiada con fondos finalistas procedentes do Estado. No artigo 2 da Orde do 13 de abril de 2026 establece que de existir remanente nunha aplicación orzamentaria, proxecto ou programa, poderase redistribuír a contía sobrante noutra aplicación, proxecto ou programa. A redistribución levarase a cabo, despois da tramitación orzamentaria pertinente, sen necesidade de realizar unha nova convocatoria e será necesaria a súa publicación nos mesmos medios que a convocatoria inicial.

Terceiro. O proceso de instrución dos expedientes segundo o establecido no artigo 4 das bases reguladoras require da realización dunha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias, en función do programa e do tipo de entidade que vai ser beneficiaria da subvención (empresas, ou entidades sen ánimo de lucro).

Non existe crédito suficiente nas aplicacións 14.04.324C.470.4 e 14.04.324C.481.4 que financian o programa III destinado a subvencionar o mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos CEE (código de procedemento TR341M), para atender todas as solicitudes presentadas, pero analizouse a situación contable e disponse de remanentes de crédito nas aplicacións 14.04.324C.470.3 e 14.04.324C.481.3, que financian os programas I e II, que ascenden en concreto a 286.686,42 €, para financiar as necesidades do dito programa.

Cuarto. A disposición derradeira primeira da Orde do 13 de abril de 2026 establece que se autoriza a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social para ditar as instrucións e os actos que sexan necesarios para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social,

RESOLVE:

Primeiro. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento das axudas convocadas na Orde do 13 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026, do programa I (unidades de apoio á actividade profesional- TR341K), do programa II (creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade, adaptación de postos e asistencia técnica – TR342D) e do programa III (mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade – TR341M), redistribuíndo para os citados programas o importe establecido para a anualidade 2026 da seguinte maneira, sen variar o orzamento total.

Programa

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Crédito inicial

Ampliación

Crédito inicial + ampliación

Modificación

Totais

Programa I (TR341K)

14.04.324C.470.3

2018 00099

1.350.000,00 €

134.855,47 €

1.484.855,47 €

- 85.616,95 €

1.399.238,52 €

14.04.324C.481.3

2018 00099

234.000,00 €

0 €

234.000,00 €

- 88.000,00 €

146.000,00 €

Programa II (TR342D)

14.04.324C.470.3

2018 00099

900.000,00 €

71.519,46 €

971.519,46 €

0 €

971.519,46 €

14.04.324C.481.3

2018 00099

156.000,00 €

0 €

156.000,00 €

- 113.069,47 €

42.930,53 €

Programa III (TR341M)

14.04.324C.470.4

2018 00099

22.700.000,00 €

3.391.165,89 €

26.091.165,89 €

85.616,95 €

26.176.782,84 €

14.04.324C.481.4

2018 00099

1.700.000,00 €

153.251,19 €

1.853.251,19 €

201.069,47 €

2.054.320,66 €

Totais

 

 

27.040.000,00 €

3.750.792,01 €

30.790.792,01 €

0 €

30.790.792,01 €

A dita redistribución non implica a apertura dun novo prazo de solicitudes e non altera a anualidade.

Segundo. Ordenar a publicación desta redistribución de créditos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social