De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2026, os cales se incorporan como anexo a esta resolución.
Isto faise público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2026
Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo
e da Competencia
ANEXO
|
Convenio |
Importe |
Data da sinatura do convenio |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Dereito) no eido do dereito de consumo e a arbitraxe de consumo |
30.000 € |
14.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior para o desenvolvemento de actividades de formación no programa Consumo responde |
14.400 € |
18.5.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de talleres de formación no programa Consumo responde |
- |
19.5.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Lugo para o desenvolvemento de talleres de formación no programa Consumo responde |
- |
22.5.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a asociación Provivienda para o desenvolvemento de talleres de formación no programa Consumo responde |
- |
22.5.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a ONCE-Galicia para o desenvolvemento de talleres de formación accesibilidade e asesoramento no programa Consumo responde |
- |
25.5.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a FEGAMP para o reforzo da oficina de consumo coa que conta a FEGAMP co obxecto de mellorar os servizos de información ás persoas consumidoras nos concellos galegos de menos de 10.000 habitantes ou que carecen de oficina municipal de información ao consumidor |
11.000 € |
27.7.2026 |
