Nota informativa relativa ás retribucións do persoal funcionarizado no mes de setembro de 2024

27/09/2024

Infórmase que a nómina do mes de setembro do persoal laboral recentemente funcionarizado non inclúe, nalgúns casos, o importe de determinados conceptos retributivos (complemento funcionarización antigüidade, complemento funcionarización persoal ou complemento persoal).

Desde a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal estamos realizando as actuacións e trámites oportunos co fin de que se perciban as cantidades correspondentes nas vindeiras nóminas. 

Organización do traballo