Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

25/12/21 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta concede a 118 Anpas as axudas para a xestión de comedores escolares

Resolve a convocatoria dotada cun orzamento total de 1,2M, o dobre respecto do ano anterior

23/12/21 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Lupe Gómez recolle o X Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro co que colabora a Xunta

Xurxo Alonso e Miriam Ferradáns, que acadaron o segundo e o terceiro posto respectivamente, tamén recibiron os seus galardóns

23/12/21 | 11:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 700 persoas asistiron este outono aos concertos do programa da Xunta 'Música en Salas'

Un total de 115 solistas e bandas galegas, que suman preto de 400 músicos, protagonizaron os 135 concertos deste ciclo nos 19 espazos participantes

22/12/21 | 18:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Santiago e Lugo acollen a nova campaña para a promoción da lingua galega da Xunta

A acción itinerante ‘Saca o galego que levas dentro’ pasará despois a Ourense e Pontevedra, onde permanecerá ata o mércores 29

22/12/21 | 18:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta insta a rematar co caos na aplicación da nova Lei educativa: a metade de curso non hai currículos e cámbianse as oposicións e os criterios de avaliación

Un ano despois da aprobación da chamada ‘lei Celáa’, os currículos para o alumnado seguen sen estar aprobados e non o farán con antelación suficiente para que as editoriais preparen os materiais didácticos e o profesorado se forme

22/12/21 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia pecha a conmemoración do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán cunha mostra da súa obra máis significativa

A exposición ‘Sempre palpitante. Emilia Pardo Bazán’, que pode visitarse na Cidade da Cultura ata xaneiro de 2022, conta con 60 pezas representativas do legado da escritora no eido da novela, o ensaio, o conto ou a crítica literaria

21/12/21 | 20:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca da Xunta en Ourense acolle a mostra en homenaxe a Xela Arias ‘Tigres coma cabalos‘

O secretario xeral de Política Lingüística e o delegado da Xunta en Ourense inauguraron hoxe a exposición itinerante promovida polo Goberno galego, que se exhibiu previamente en Vigo e Santiago de Compostela

21/12/21 | 14:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O ‘Dicionario da nova literatura galega’ recupera un proxecto de finais dos anos 60 co apoio da Xunta

Trátase dun proxecto convertido en libro e iniciado en 1969 polo académico Xesús Alonso Montero para coñecer cantos autores da época escribían en lingua galega

21/12/21 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Finaliza a rodaxe en Galicia da serie ‘Rapa’, primeiro proxecto ao abeiro do Hub Audiovisual da Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, compartiu co equipo a celebración da fin da gravación deste thriller de Movistar+ e Portocabo, que ten prevista a súa estrea na primavera de 2022