Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

13/03/22 | 11:27 | C. do Medio Rural

A Xunta conmemora o Día Internacional dos Bosques cunha videoxornadas previas sobre o sector forestal

O evento terá lugar en dúas quendas, o mércores 16 e o venres 18 de marzo, e contará coa participación de expertos da Xunta, das universidades de Vigo e de Santiago e de empresas especializadas do eido forestal galego

12/03/22 | 11:59 | C. do Medio Rural

A Xunta comparte co Goberno dos Azores a súa experiencia no incremento da profesionalización e da competitividade do sector lácteo galego

Na reunión tratáronse os avances no marco da Estratexia sectorial implementada polo Goberno galego, como a aplicación Conta Láctea para que os gandeiros poidan calcular os seus custos e mellorar a xestión empresarial das súas explotacións

12/03/22 | 11:25 | C. do Medio Rural

A Xunta promociona a nivel nacional o consumo do queixo da denominación de orixe protexida Cebreiro

A Consellería do Medio Rural vén de lanzar unha acción promocional, coa que se repartiron dúas pezas deste selo de calidade a 100 profesionais de referencia dentro do mapa gastronómico nacional

11/03/22 | 20:34 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta a aposta pola calidade e a innovación como a vía de futuro para o sector primario galego

José Luis Cabarcos, que estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo mención á futura Lei de calidade alimentaria como un fito para o rural galego, que se suma a outras medidas da Xunta a prol do agro, entre as que puxo en valor a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

11/03/22 | 15:08 | C. do Medio Rural

A Xunta reitera no Parlamento a súa aposta pola sustentabilidade da actividade agropecuaria na comarca da Limia

Inés Santé puxo en valor os case 36 millóns de euros que se investirán nesta bisbarra ourensá por parte da Xunta e do Estado, uns fondos conseguidos grazas ás xestións levadas a cabo por parte do Goberno galego

11/03/22 | 10:25 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na prevención de incendios en 30 ha do concello das Neves actuando en áreas cortalumes, faixas auxiliares e pistas forestais

O investimento nestes traballos do Distrito Forestal XVII Condado-Paradanta aproxímase aos 16.000 euros

10/03/22 | 10:36 | C. do Medio Rural

A Xunta executou obras de prevención nos montes de Pol e Riotorto por importe de case 50.000 euros

As actuacións levadas a cabo neste distrito forestal X-Terra Chá consistiron na mellora de 10,35 hectáreas de cortalumes e 62,06 hectáreas nas faixas auxiliares das pistas forestais

09/03/22 | 13:36 | C. do Medio Rural

A Xunta espera producir este ano entre 30.000 e 40.000 doses de semen sexado en exclusiva para Galicia e España a través de Xenética Fontao

Con esta técnica, váiselles garantir ata nun 90% esta selección xenética, o que redundará, de forma moi importante, na mellora da competitividade das súas explotacións

09/03/22 | 13:04 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta oficialmente a IXP Pan Galego e pon de relevo que 44 establecementos da Comunidade distribúen desde hoxe estes novos produtos con selo de calidade

Trátase dos puntos de venda das 14 panadarías xa inscritas nesta indicación xeográfica protexida, mentres se seguen a tramitar máis solicitudes de rexistro