Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destinará 37,5M€ este ano ás axudas para a incorporación de mozos á actividade agrogandeira e para a mellora de explotacións no rural
Trátase de subvencións que xestiona a Consellería de Medio Rural para a execución de plans de mellora, para a incorporación de mozos ao agro e para o desenvolvemento de pequenas explotacións
A Xunta destinará 37,5 M€ este ano ás axudas para a incorporación de mozos á actividade agrogandeira e para a mellora de explotacións no rural
Trátase de subvencións que xestiona a Consellería de Medio Rural para a execución de plans de mellora, para a incorporación de mozos ao agro e para o desenvolvemento de pequenas explotacións
A Xunta realiza actuacións preventivas en montes de Vimianzo e Camariñas por un investimento duns 120.000 euros
Ditas actuacións consistiron, fundamentalmente, en melloras de masas e pistas forestais localizadas no distrito forestal V Fisterra
A Xunta declara as aldeas modelo do Seixo na Gudiña e de Mouteira-Parada en Cerdedo-Cotobade no marco da Lei de recuperación da terra agraria
No caso da Gudiña, ten un perímetro 31,78 hectáreas, abranguendo unhas 223 parcelas e uns 76 propietarios; mentres a de Cerdedo-Cotobade conta con 19,6 ha, unhas 427 parcelas e uns 109 titulares catastrais
A Xunta activará en febreiro o proceso de certificación “Comedor Km 0” nos seus centros de formación e experimentación agroforestal
Este recoñecemento busca poñer en valor as boas praxes sobre aprovisionamento e manexo do alimento que se veñen facendo nos comedores destes centros, pero sen esquecer a marxe de mellora que poidan presentar
A Xunta convoca 3 M€ en axudas para proxectos de investimento en actividades non agrícolas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta liña de achegas que, por unha banda, busca apoiar a adquisición de maquinaria e de equipamento en empresas existentes no rural e, por outra, promover novas actividades empresariais en aldeas modelo
A Xunta convoca preto de 1,1 M€ en axudas para que os concellos galegos poidan mellorar os servizos básicos nas aldeas modelo ou nas zonas de polígonos agroforestais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta nova liña de achegas, que se aproba no contexto da aplicación da Lei de recuperación da terra agraria
A Xunta convoca preto de 18 M€ en axudas para que os concellos galegos poidan mellorar camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, case un 26% máis que en 2021
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que convoca o Plan Marco 2022-2023
A Xunta pon en valor o convenio asinado co concello de Riós para identificar, recuperar e promocionar a riqueza forestal das provincias de Lugo e Ourense
O acordo -con vocación de continuidade- enmárcase dentro das accións previstas no Programa estratéxico do castiñeiro e da castaña, para impulsar o cultivo desta árbore e o aproveitamento das distintas variedades de froito
A Xunta destina 500.000 euros a financiar a prevención dos danos causados por enfermidades fúnxicas defoliadoras nunhas 6.000 ha de masas de coníferas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde de axudas para levar a cabo accións silvícolas de prevención destas doenzas