Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Trenor supervisou as obras de mellora que se están executando na Oficina Agraria Comarcal de Padrón cun investimento de case 50.000€
O delegado da Xunta recalcou que as referidas actuacións enmárcanse no Plan integral de reestruturación e optimización das oficinas agrarias comarcais
A Xunta agradece o recoñemento do Instituto Internacional de Criminalística Aplicada
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, foron galardoados esta mañá durante a entrega das Medallas ao Mérito Profesional e Académico
A Xunta destaca o papel das rutas xacobeas como escaparate da enogastronomía galega
A directora de Turismo de Galicia participou no acto de apertura do “I Congreso Internacional A Gastronomía no Camiño”, impulsado pola Orde do Camiño de Santiago
A Xunta aumentará nun 15% os pagos aos colexios de avogados e procuradores pola asistencia xurídica gratuíta
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, reuniuse hoxe co decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, ao que lle trasladou que este incremento se aplicará nos próximos 3 anos e cun aumento en base ao IPC galego na última
A AGASP clausura cun simulacro unha nova edición do cursos de incidentes con múltiples vítimas dirixido aos servizos de emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu hoxe ao exercicio que puxo fin á formación na que participaron 25 efectivos dos servizos de extinción de incendios e salvamento, dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e dos servizos municipais de Protección Civil e Emerxencias
A Xunta impulsa o deporte escolar e de base como “eixo fundamental” na formación da mocidade a través do programa Xogade
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado do alcalde de Portas, Ricardo Martínez, asistíu hoxe ao Campionato Zonal de Campo a Través da bisbarra de Caldas na contorna da Azucreira con case 700 participantes
A Xunta apoia a volta ciclista “O Gran Camiño” como escaparate do Xacobeo e de Galicia como destino seguro
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e Ezequiel Mosquera como representante de EZE Mosquera Events, asinaron un convenio de colaboración para a celebración da carreira que terá lugar do 24 ao 27 de febreiro do 2022
A Xunta prepara a cesión de vías e outras dotacións na nova área urbanizada do polígono das Gándaras
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na xuntanza para definir a recepción de espazos por parte do Concello de Lugo unha vez rematadas as obras nas que o Goberno galego investiu máis de 2,6M€
A Xunta impulsa a reforma do local social da asociación de veciños 'O Batuqueiro' de Cambados e a dotación de equipamento
O delegado territorial, Luis López, supervisou estas melloras, financiadas ao abeiro do Plan de Acción Comunitaria para colectivos veciñais, federacións, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais da Dirección Xeral de Administración Local