Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

12/11/21 | 17:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza 30 seminarios e talleres sobre novas tecnoloxías como a industria 4.0 e as smart cities

A Dirección Xeral de Administración Local é unha das entidades incluídas no proxecto Novatfe que acolle estas actividades e foi beneficiario na segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (POCTEP)

12/11/21 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Galicia Destino Seguro 2021-2023 prevé un impacto na economía galega de preto de 950 M€ en tres anos

Nos actos de conmemoración do 40º aniversario da Confederación de Empresarios de Galicia, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor a colaboración público-privada para saír da crise

12/11/21 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Verea na dotación dun parque infantil e de equipamentos deportivos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou esta mañá as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, por un importe de 34.975 euros

12/11/21 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por 1,1 M€ a construción dunha senda peonil na PO-549 no lugar de Corón, en Vilanova de Arousa

O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación desta actuación, que engloba 3,3 quilómetros de beirarrúas, nunha visita á travesía desta estrada autonómica xunto ao alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán

12/11/21 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financiou a mellora viaria integral da estrada das Pasás, en Marín, ao abeiro do Plan marco cun investimento de 37.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado da alcaldesa, María Ramallo, supervisa esta actuación de acondicionamento da vía e reposición do firme entre os lugares de Xermade e Xuncal

12/11/21 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Verea

Alén Castro analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica

12/11/21 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos máis de 439.000€ no reforzo do equipamento de emerxencias dos concellos para actuar ante nevaradas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, de coitelas quitaneves destinadas ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Negueira de Muñiz, Ourol e Xermade

12/11/21 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ferrol contará neste Xacobeo 21-22 co seu primeiro albergue nun dos puntos de saída do Camiño Inglés

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe no encontro “Turismo, reinventar un sector estratéxico e clave para a recuperación” que en breve se asinará o contrato de arrendamento do local coa Autoridade Portuaria de Ferrol ao finalizar os trámites da cesión, o que permitirá licitar a obra e comezar os traballos

11/11/21 | 20:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta culmina a promoción do Xacobeo 21-22 en Italia cunha presentación en Milán

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Milán na segunda das presentacións do destino Galicia e da celebración do Ano Santo en Italia, tralo acto do martes en Roma

11/11/21 | 19:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisou as obras de mellora que se están executando na oficina agraria comarcal de Santa Comba cun investimento de case 50.000€

O delegado da Xunta recalcou que as referidas actuacións enmárcanse no Plan integral de reestruturación e optimización das oficinas agrarias comarcais