Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

11/11/21 | 15:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agarda que as Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo recapaciten e se unan á proposta respaldada pola FEGAMP para mellorar a prestación dos servizos de emerxencias

As tres deputacións abandonaron onte a reunión da Comisión de Seguimento dos GES antes da votación da proposta do Goberno galego, que foi apoiada pola FEGAMP e pola Deputación de Ourense

11/11/21 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita 4 novos despachos para maxistrados da Audiencia Provincial de Pontevedra

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo no edificio xudicial, onde este ano o Goberno galego tamén realizou melloras de eficiencia enerxética e de climatización

11/11/21 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza unha conferencia sobre o futuro da acción exterior galega

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea impulsou hoxe na Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) un coloquio sobre o futuro da acción exterior galega

11/11/21 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a contribución da Xunta á mellora da calidade de vida local con medidas que redundan no benestar de toda a veciñanza

O Goberno galego destinou este ano 600.000 euros ás 43 subvenciones concedidas na área territorial de Vigo no marco do Plan específico de acción comunitaria

11/11/21 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca as accións de formación e inserción da Xunta como “motor do emprego” para rebaixar o paro nun 25% no que vai de ano no Salnés

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado da presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, e do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, presidíu a clausura e entrega de diplomas do 9º Programa Integrado de Emprego da comarca

11/11/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con máis de 161.000€ a 8 centros comerciais abertos e prazas de abastos da Coruña para impulsar a súa competitividade

A Xunta colabora con catro centros comerciais abertos e coas prazas de abastos de As Conchiñas, Elviña, Eusebio da Garda, e San Agustín

11/11/21 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa actividades formativas e de inserción laboral para case 200 persoas en Caldas de Reis co novo obradoiro de emprego e 11 cursos AFD

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Juan Manuel Rey, presidíu a inauguración da iniciativa dual Os Camiños do Camiño II, que formará a 20 persoas desempregadas e na que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste 347.000€

10/11/21 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de reforzo do firme nas estradas que comunican O Saviñao con Monforte e Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se investiron 2M€ en 12 quilómetros da vía de altas prestacións CG 2.1 máis 10 quilómetros da LU-533

10/11/21 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca a proxección internacional da cultura viquinga e dos viños galegos para fortalecer o crecemento turístico de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra clausura no Edificio Multiusos de Catoira a xornada temática Los Vikingos y el Vino en Galicia, organizada pola Asociación de Amigos do Capítulo Serenísimo do Albariño Rías Baixas coa colaboración do Concello

10/11/21 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de mellora do firme en 50 quilómetros das estradas autonómicas AC-523 e da AC-840 cun investimento de máis de 3,6M€

O delegado da Xunta na Coruña supervisou o resultado das obras de mellora na AC-523 ao seu paso por este concello