Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta felicita a Mondoñedo por ser o primeiro concello en completar a Área Rexurbe
Foi o primeiro municipio en declarar esta figura recollida na Lei de rehabilitación, en deseñar o seu plan de dinamización e agora en poñer en marcha o Centro Rexurbe, “o motor e cerebro” desde o que se impulsarán as actuacións que dinamicen esta zona desde o punto de vista social, cultural, medioambiental e económico
A Xunta e o Concello de Parada de Sil colaborarán na urbanización e mellora dun espazo público, cun investimento total de preto de 180.000 euros
A actuación urbanística, que se enmarca nos obxectivos do plan Hurbe, incluirá a creación dunha área de aparcamento e zonas verdes con mobiliario e servizos urbanos
A Xunta e o Concello de Quiroga investirán case 80.000 euros en mellorar a vía principal do lugar dos Novais
A actuación urbanística, que se enmarca nos obxectivos do plan Hurbe, incluirá a renovación do pavimento actual para substituílo por un acabado de formigón tratado acorde cos tons e texturas da pedra do lugar, mellorando así a súa estética e integración
A Axenda Urbana Galega que se debuxou na Lei de ordenación do territorio culminarase coa aprobación da nova Lei de arquitectura
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, defende en Copenhague a aposta da Xunta por incorporar ás súas políticas unha serie de obxectivos estratéxicos para o desenvolvemento territorial sostible de Galicia
A Xunta adxudica máis de 13.500 metros cadrados de solo empresarial en Carballo, Arteixo e Santiago
En total adxudicáronse catro parcelas: dúas no polígono de Bértoa, unha no de Morás e outra na Sionlla
A Xunta felicita aos 30 concellos distinguidos co "Vilas en flor", un recoñecemento internacional á súa biodiversidade e riqueza paisaxística
Ángeles Vázquez invita aos municipios a sumarse á nova filosofía do Goberno galego, o fermosismo, que no vindeiro ano recibirá un novo pulo grazas ao orzamento do Instituto de Estudos do Territorio que se incrementa nun 53%, ata chegar aos 5,6 M€
Ángeles Vázquez salienta que a prioridade da Xunta é garantir aos galegos servizos imprescindibles con independencia do lugar onde decidan vivir
A conselleira de Medio Ambiente defende “abandonar a vía do fatalismo” e “traballar desde a positividade, analizando a situación do territorio, sabendo que sucede no mesmo e sendo valentes á hora de lexislar”
As obras de mellora da accesibilidade das rúas Mediodía e Víctor González Faya en Ordes comezarán este outono
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar o contrato desta actuación por un importe de máis de 300.000 euros
A Xunta e o Concello do Bolo investirán case 50.000 euros en humanizar a contorna do núcleo de Celavante
A actuación urbanística, que se enmarca nos obxectivos do plan Hurbe, incluirá a renovación e mellora do pavimento así como a colocación de mobiliario urbano na rúa principal e en dous calellos situados na zona de protección da Igrexa de San Xoán
Galicia presenta en Portugal a súa Infraestrutura Verde para poñer en valor o potencial dos ecosistemas e pona á disposición da cooperación territorial
Enrique de Salvador salienta que a Comunidade decidiu impulsar esta iniciativa para aumentar a capacidade de resposta dos espazos naturais