Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca que os Premios Zendal contribúen a que Galicia cumpra co seu compromiso co benestar das persoas
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta tarde en Vigo á terceira edición do certame, no que se recoñeceu un proxecto para o control das bacterias multirresistentes, unha vacina canina, así como o labor da plataforma One Health e do doutor Ángel Carracedo
Un 60% dos participantes de Vigo no programa autonómico empregaNAV acadan emprego
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na presentación de resultados deste proxecto da Xunta para apoiar a reinserción laboral das persoas que perderon o seu posto de traballo no sector naval
A Xunta reúne a mestres como Hockney, Turner, Constable, Rousseau ou Courbet para pechar 2022 coa maior exposición internacional deste Xacobeo
‘Camiños creativos’ é unha das principais citas expositivas deste outono en España e exhibe na Cidade da Cultura máis dun centenar de obras do século XVIII ata a actualidade procedentes dunha trintena de museos e coleccións de Europa
Un total de 11 empresas da área de Santiago do sector agroalimentario recibirán máis de 4M€ en axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios
O delegado da Xunta e a alcaldesa visitaron a empresa Lácteos Ferrado Verde, unha das beneficiarias con máis de 100.000 euros para levar a cabo a renovación tecnolóxica das súas instalacións
A II Xornada da Calidade no Control Oficial aborda a presentación do novo manual de acollida do persoal de inspección en saúde pública
Organizada pola Escola Galega de Saúde Pública e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, a xornada reuniu a expertos en calidade e na inspección de saúde pública
Galicia presenta en Barcelona o I Plan de Igualdade do Servizo Galego de Saúde
O SERGAS participa no I Congreso de Igualdade e Recursos Humanos de Servizos Públicos de Saúde
A Xunta destaca o papel da ciberseguridade no desenvolvemento e uso das tecnoloxías intelixentes
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, clausurou este mediodía o II Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal