Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 873 noticias de la área temática Mar:

03/03/22 | 12:09

Galicia aposta pola simplificación do Fondo Europeo Marítimo-Pesqueiro e pola súa adaptación á realidade do sector

Silvia Cortiñas subliña que Galicia leva traballando desde a aprobación do actual FEMP para axilizar e simplificar a súa tramitación e realizou distintas xestións ante as institucións europeas para que o futuro Fempa sexa máis áxil e acorde á actividade dos distintos elos da cadea mar-industria galega

01/03/22 | 13:09

Galicia apoia con 3,5 millóns de euros ás empresas de cultivo de produtos acuícolas para compensar as perdas de ingresos rexistradas pola covid-19

O Executivo galego concedeu 325 achegas a empresas do sector co obxectivo de que poidan facer investimentos, recuperen actividade e volvan aos niveis previos á pandemia, o beneficiará ao conxunto da economía de Galicia

28/02/22 | 11:41

A Xunta convoca dous novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Raxó

O prazo de presentación de solicitudes aínda está aberto tras a publicación desta convocatoria hai uns días no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería do Mar

22/02/22 | 14:05

A Xunta estenderá o sistema XIDE para axilizar a citación e ofrecer consultas máis resolutivas na atención primaria

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou hoxe o centro Illas Canarias de Lugo, comprobando o bo resultado da pilotaxe do sistema

22/02/22 | 12:50

A Xunta, Reganosa e as confrarías de pescadores da ría de Ferrol traballarán xuntos na mellora da produtividade marisqueira da zona

Rosa Quintana sinalou que este acordo supón un reforzo ás actuacións que vén desenvolvendo o Executivo galego na zona desde o ano 2019 e que contribuirá a impulsar boas prácticas dentro do sector a prol da explotación sustentable dos recursos mariños

19/02/22 | 12:52

A Xunta salienta o traballo das redeiras galegas e aposta por "un esforzo activo" para darlles máis visibilidade e mellorar as súas condicións laborais

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, participaron hoxe na asemblea da Federación galega de redeiras artesás O Peirao

15/02/22 | 10:54

O Centro de formación a Aixola contribúe a afrontar o reto da remuda xeracional ao impartir desde 2009 máis dun cento de cursos para o sector marítimo-pesqueiro galego

Este centro de ensino situado no porto de Marín ofrece formación relacionada coa manipulación de redes, madeira e outros materiais, a velaría e a reparación de embarcacións pneumáticas así como co mantemento de instalacións eléctricas e mecánicas en buques menores

14/02/22 | 13:19

Galicia alerta de que as posibles limitacións europeas á pesca de fondo afectarían a artes menores como os miños, o bou de vara ou os trasmallos

A comunidade está a traballar xa nun informe para determinar a dimensión e actividade destas modalidades de pesca tradicionais na frota galega e noutro sobre o impacto socioeconómico que suporían as propostas para restrinxir estas artes tanto na frota de litoral como na de augas comunitarias e internacionais