Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias e interior:

17/11/21 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece o recoñemento do Instituto Internacional de Criminalística Aplicada

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, foron galardoados esta mañá durante a entrega das Medallas ao Mérito Profesional e Académico

16/11/21 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AGASP clausura cun simulacro unha nova edición do cursos de incidentes con múltiples vítimas dirixido aos servizos de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu hoxe ao exercicio que puxo fin á formación na que participaron 25 efectivos dos servizos de extinción de incendios e salvamento, dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e dos servizos municipais de Protección Civil e Emerxencias

16/11/21 | 11:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a AGASP como centro de referencia en Galicia na formación das forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou esta mañá na Academia na inauguración da segunda das xornadas do “III Congreso Internacional de Criminalística Aplicada. Intelixencia Criminal e Terrorismo”

15/11/21 | 18:25 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Pereira, que afectou o Parque Natural do Xurés

Segundo as últimas medicións con GPS, a superficie afectada foi de 3,05 hectáreas de monte raso

15/11/21 | 16:30 | C. do Medio Rural
12/11/21 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos máis de 439.000€ no reforzo do equipamento de emerxencias dos concellos para actuar ante nevaradas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, de coitelas quitaneves destinadas ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Negueira de Muñiz, Ourol e Xermade

11/11/21 | 15:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agarda que as Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo recapaciten e se unan á proposta respaldada pola FEGAMP para mellorar a prestación dos servizos de emerxencias

As tres deputacións abandonaron onte a reunión da Comisión de Seguimento dos GES antes da votación da proposta do Goberno galego, que foi apoiada pola FEGAMP e pola Deputación de Ourense

09/11/21 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega a 9 concellos da provincia de Ourense material para mellorar a capacidade de resposta fronte as nevaradas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, entregou esta mañá 9 coitelas quitaneves ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil dos municipios de O Bolo, A Mezquita, Parada de Sil, Riós, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, A Veiga, Viana do Bolo e A Mancomunidade Terra de Celanova

06/11/21 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o compromiso para apoiar o funcionamento e equipamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu hoxe ao encontro de voluntarios de Protección Civil da provincia de Pontevedra

05/11/21 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa nun simulacro de accidente aéreo no aeroporto da Coruña

O obxectivo do exercicio foi analizar a coordinación dos distintos colectivos e a capacidade de resposta a unha emerxencia aeronáutica, ao mesmo tempo que se ensaia a activación do Platerga en nivel 2 e o plan de autoprotección do aeródromo