Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e o Concello de Dozón colaborarán nas obras de mellora dos espazos públicos no núcleo do Castro
Ángeles Vázquez anima ao rexedor a aproveitar as axudas para construír ou rehabilitar vivendas de alugueiro social e os fondos de cooperación que convocará proximamente o IGVS para incrementar o parque residencial de Dozón e recuperar inmobles municipais
A campaña da Xunta 'Únete ao reto' anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante en Ordes, Santa Comba e A Laracha
Esta nova iniciativa enmárcase nas accións programadas ata maio nos tres concellos da provincia da Coruña que aspiran a incrementar nun 10% as súas taxas de reciclaxe
A Xunta estudará as achegas do sector para que o Plan reitor das Fragas do Eume fomente un uso sostible turístico e deportivo dos seus recursos
Belén do Campo subliña que o compromiso da Xunta coa promoción do turismo verde forma parte da súa estratexia de protección e divulgación dos espazos naturais
A Xunta avanza nas obras de construción da planta de biorresiduos de Cervo, que dará servizo a 15 concellos desde finais deste ano
A instalación, cun investimento de 6,4 M€, ocupará uns 8.000 m2 e poderá tratar 3.000 toneladas de materia orgánica e producir case 1.500 toneladas de compost
A Xunta e Ecoembes fíxanse o reto de mellorar os fitos dos últimos cinco anos nos que se entregaron 10.000 contedores para fomentar a reciclaxe
— Ángeles Vázquez salienta que a provincia de Ourense recibiu case 1.150 contedores desde 2017, sumando os entregados esta mañá á Deputación provincial
Axentes medioambientais da Xunta precintan o acceso a un niño de falcón peregrino na cidade de Lugo
Trátase dunha especie de ave silvestre en réxime de protección especial e o obxectivo da medida é garantir que nada altere o proceso de cría dos catro ovos localizados
A Xunta convocará antes do verán por 5 M€ o aval para axudar aos mozos a adquirir a súa primeira vivenda en propiedade
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acadou esta semana, catro meses despois da solicitude, o visto e prace do Consello de Ministros para activar esta medida por primeira vez en Galicia